OS PRACEIROS ELABORAN UN RECETARIO DE NADAL
A presentación ven acompañada dun concurso de Receitas dirixida á cliente.a
Por primeira vez as Prazas de Abastos de Redondela e Chapela fusiónanse nunha iniciativa para por en valor os produtos frescos que nelas se comercializan a través das receitas.
Este Nadal comezan presentando un libro de receitas elaboradas por eles mesmos que queren compartir coa clientela pero ademais poñemos en marcha un CONCURSO DE RECEITAS dirixido á clientela. A clientela que desexe participar dispón dun formulario no que poderá escribir a súas receitas.
Entre todas as receitas presentadas realizase unha selección que pasará a formar parte da segunda entrega das receitas da praza e ademais poderán gañar vales de produtos frescos e agasallos conmemorativos desta primeira edición do concurso de recitas “AS TÚAS RECEITAS TEÑEN PREMIO”.
Ver o recetario.