0web-PRESENTACIÓN-CAMPAÑA-PREMIOS-NADAL.png

10.000€ EN PREMIOS DIRECTOS E 3.000€ EN VALES DE COMPRA NO COMERCIO LOCAL.

A Asociación de Empresas de Redondela coordina a posta en marcha dunha campaña de premios durante as compras de Nadal.

Unha campaña híbrida que combina a modalidade dixital e analóxica para chegar a toda á clientela dos negocios da localidade. Preocupados polo cambios de hábitos do consumo que tamén se deixa sentir nos establecementos locais, a Asociación aposta por seguir coidando da clientela tradicional a vez que ir abrindo novas formas de interactuar coa clientela de firma dixital. As compras no comercio local teñen premios cos rascas do comercio local, con premios directos e participación para o sorteo final dos vales de compra.


Adicionalmente para participar no sorteo dos vales de compra a clientela poderá rexistrar os seus tickets de compra e por cada 10€ obterá unha participación que se combinarán nun único bombo xunto coas participacións numeradas dos rasca de Nadal. 


Queres saber máis entra aquí.