BANNER-WEB-SOMBRA-ALTO-NUEVO-CAMPAÑA-VOLTA-AO-COLE.png

CAMPAÑA VOLTA AO COLE 2026

A volta ao cole custa menos cando compras no comercio local



A Asociación de Empresas de Redondela pon en marcha a campaña Volta ao Cole 2026 para acompañar ás familias nun dos momentos de maior gasto do ano. Setembro chega con listas de material, roupa nova, actividades, servizos… e sabemos que todo suma. Por iso, esta iniciativa nace cun propósito claro: axudarche a aforrar mercando no comercio de proximidade.

Durante todo o mes, o Centro Comercial Aberto de Redondela convértese no mellor aliado das familias. A campaña aposta por unha idea sinxela e poderosa: mercar preto é aforrar.

Cando compras na túa vila, gañas comodidade, atención personalizada e prezos axustados, ao tempo que apoias aos establecementos que forman parte da vida diaria de Redondela.

A Volta ao Cole 2026 preséntase así como unha acción pensada para facilitar as túas compras, ofrecer vantaxes exclusivas e reforzar o valor do comercio local nun momento clave do ano.


REXISTRA TODAS AS TÚAS COMPRAS

 AQUI





e participa no sorteo de 3 cheques escolares de 100€ ou activa centos de premios directos.


 

Adicionalmente a campaña conta cun sistema dixital de activación de premios directos. Cantas máis compras rexistren na plataforma mías premios se lográn activar. Ao finalizar a campaña, todos os premios activados grazas ás compras rexistradas serán asignadosde forma dixital e totalmente aleatoria entre as persoas participantes. Cada ticket rexistrado conta como unha participación.

Os premios entregaranse nun acto único de clausura, onde se comunicarán as persoas gañadoras.


Duración da promoción: 1 ao 30 de setembro.