CAMPAÑA VOLTA AO COLE 2026
A volta ao cole custa menos cando compras no comercio local
A Asociación de Empresas de Redondela pon en marcha a campaña Volta ao Cole 2026 para acompañar ás familias nun dos momentos de maior gasto do ano. Setembro chega con listas de material, roupa nova, actividades, servizos… e sabemos que todo suma. Por iso, esta iniciativa nace cun propósito claro: axudarche a aforrar mercando no comercio de proximidade.
Durante todo o mes, o Centro Comercial Aberto de Redondela convértese no mellor aliado das familias. A campaña aposta por unha idea sinxela e poderosa: mercar preto é aforrar.
Cando compras na túa vila, gañas comodidade, atención personalizada e prezos axustados, ao tempo que apoias aos establecementos que forman parte da vida diaria de Redondela.
A Volta ao Cole 2026 preséntase así como unha acción pensada para facilitar as túas compras, ofrecer vantaxes exclusivas e reforzar o valor do comercio local nun momento clave do ano.
e participa no sorteo de 3 cheques escolares de 100€ ou gaña centos de premios directos.
* Todos os premios serán entregados ao finalización da campaña nun acto únicio.