A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA PON EN MARCHA O CONCURSO “DESEÑA UNHA CHAPA PARA PAPÁ”
As chapas estarán expostas polos comercios da vila e os seus creadores poderán solicitala de forma gratuíta.
A Asociación de Empresarios de
Redondela pon en marcha un singular debuxo destinado a por en marcha a
creatividade dos máis pequenos. Aínda que o concurso non establece límite de
idade a promoción e distribución dos folletos para participar está a realizarse
entre os nenos e nenas.
Unha vez recibidas todas os
deseños a Asociación encargarase de transformalas en chapas de 55mm que exporá
nos distintos escaparates dos comercios de toda Redondela. Os coles de Chapela
exporanse preferentemente nos escaparates desta localidade e os do resto de
colexios nos comercios da vila de Redondela.
O concurso “Deseña a túa propia
Chapa para Papá” pretende estreitar a relación das familias co tecido comercial
da vila facendo participes a ambas partes, e enmárcase dentro das accións de
dinamización do pequeño comercio local xestionado pola Asociación e financiado
pola Xunta de Galicia.
O concurso non outorgará ningún
premio especial a mellor chapa, senon que o traballo de cada neno ou nena será
a súa propia recompensa, e o agradecemento do pai ou persona a que queira
agasallar coa chapa o premio ao seu esforzo.
Dende o 12 ao 19 de marzo as
Chapas serán expostas nos establecemento e cada neno ou nena unha vez
localizada a súa chapa poderá solicitar que se lle entregue de foma totalmente
gratuíta.
Os formularios de participación
tamén poden descargarse en:
https://www.facebook.com/asociaciondeempresariosderedondela/