MÁIS DE 40 MULLERES PARTICIPARON ESTA MAÑÁ NO II ENCONTRO DE MULLERES EMPRESARIAS E EMPRENDEDORAS DE REDONDELA.
O 43% DAS EMPRESAS ASOCIADAS DE REDONDELA ESTÁN ACTUALMENTE XERENCIADAS POR MULLERES.
Na véspera da Celebración do día da muller a Asociación de Empresarios de
Redondela congrega as súas asociadas nun encontro que pretende por en valor o
desempeño profesional do colectivo e a súa importante contribución ao emprego e
a económica local.
No acto, Susana López Abella,
Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, realizou unha importante
reflexión sobre o papel das políticas de igualdade en todos os ámbitos e sobre
as medidas de fomento das iniciativas empresariais promovidas por mulleres e
baseadas en fórmulas de promoción do autoemprego así como a importante contribución
a xeración e mantemento que está a ter nos últimos anos. O programa Emega, que
contará en 2019 cun importante aumento da partida orzamentaria, está dirixido a
emprendedoras e empresarias que crean emprego feminino. Este é un dos programa
que conta cunha longa traxectoria o que un claro indicio do éxito do propio
programa por tratarse dunha medida
integral de promoción da igualdade no eido laboral.
O protagonismo indiscutible tivérono as experiencias das protagonistas,
mulleres empresarias locais que achegaron ás demais as súas experiencias
empresariais persoais. Verónica Costa, actualmente conta cunha plantilla de 8
empregadas, e que contou como pouco a pouco foi forxando distintos proxectos
baseados na complementariedade e como o fixo posible durante estes últimos 22
años.
O evento que contou co patrocinio do Banco Mediolanum e participación da
Responsable da Zona Norte de Banco
Mediolanum, Ivonne Pousa Alonso.