A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA ANUNCIA QUE DE FORMA EXCEPCIONAL ESTE ANO A RUTA GASTRONÓMICA DO PINCHO TRALADARASE AO MES DE OUTUBRO

ASÍ SE ACORDOU NA REUNIÓN CELEBRADA COS ASOCIADOS DO SECTOR HOSTALEIRO

A Ruta Gastronómica do Pincho, actividade que se ven celebrando dende os últimos 7 anos no mes de abril, trasladará excepcionalmente a súa data de celebración ao mes de outubro.

 

A decisión, que foi adoptada na xuntanza de empresarios do sector hostaleiro, viu motivada pola realización de novas propostas de actividades para o sector hostaleiro e por facela coincidir novamente o Festival de Curtometraxes de Redondela que tamén este ano cambiará de datas.

 

Os hostaleiros apuntaron como vantaxes desta nova data a oportunidade de poder traballar con outros produtos de temporada de outono así como poder prolongar a tempada estival.

 

Anúnciase que as novas propostas de actividades para a promoción do sector hostaleiro na primavera terán un carácter único e que suporán unha importante innovación para o sector hostaleiro da localidade.