A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA LANZA A CAMPAÑA DO DÍA DA NAI 2026 DESTACANDO A IMPORTANCIA DE APOSTAR POLO LOCAL A TRAVÉS DO PARALELISMO ENTRE COMERCIO E DEPORTE.
Baixo o lema “Xoga polo que cres. Aposta polo comercio local”, a acción integra un modelo híbrido que combina actividades nos establecementos coa difusión dixital, garantindo un impacto directo tanto na clientela como nos negocios participantes.
Hoxe, 23 de abril, día do libro achegámonos as nosas librarías para presentar a Campaña do día da Nai e lembra a clientela a portunidade de merca o libro que será o agasallo perfecto para o Día da Nai cos descontos propios de esta conmemoración.
Nesta nova edición da Campaña do Día da Nai 2026, que se desenvolverá a partir do 23 de abril e se prolongará durante todo o mes de maio. Nesta ocasión, a iniciativa presenta unha proposta que combina a dinamización comercial coa visibilidade do talento deportivo feminino da localidade, unidos por un mesmo propósito: reforzar o valor do local a través do paralelismo entre o comercio e o deporte de proximidade.
A campaña busca, en clave local, destacar como ambos sectores —cada un desde a súa realidade— comparten esforzo, constancia e dedicación, converténdose en motores fundamentais para a vida económica e social de Redondela.
Ademais, a acción incorpora unha mirada en clave feminina, poñendo o foco na visibilización das deportistas da vila, que representan con orgullo o espírito de superación, compromiso e identidade da comunidade.
A campaña comprende sorteos, promocións no Marketplace e
unha iniciativa única busca transformar o acto de compra nunha experiencia
emocional e participativa, na procura da interacción social a través da
Exposición “ELAS XOGAN”.
Sorteo por compras:
gaña unha camiseta oficial do teu equipo favorito
As persoas que realicen compras entre o 23 de abril e
o 3 de maio poderán participar no sorteo dunha camiseta oficial do seu
equipo favorito.
Para iso deberán rexistrar os tickets na plataforma Participa!
(dispoñible ata o 6 de maio). Canto maior sexa o número de tickets rexistrados,
máis opcións terán de gañar.
Marketplace especial:
ideas para regalar
A Asociación habilita no seu Marketplace oficial unha sección específica con produtos, experiencias e servizos pensados para todos os estilos de nai, facilitando a elección de agasallos e reforzando a visibilidade do comercio local, reforzando a difusión a través das redes sociais.
Exposición “Elas
Xogan”: o deporte feminino toma os escaparates
Co lanzamento da campaña a Asociación convida a todas as
deportistas locais a ser protagonistas da exposición urbana “Elas Xogan”. O 2
de maio, coindicido co día da Nai, os escaparates dos establecementos
participantes presentarán a exposición “Elas Xogan”, unha mostra
dedicada a:
- Xogadoras
de equipos femininos da localidade
- Deporte
base e canteira local
A iniciativa transformará os establecementos da vila nun percorrido
visual que pon en valor ás verdadeiras protagonistas do deporte local, para
destacar o talento que medra desde abaixo.
A campaña tamén abre a porta á participación cidadá:
calquera muller deportista pode enviar a súa fotografía e datos a través do
formulario habilitado na web da Asociación. https://www.empresasredondela.gal/noticias/campana-do-dia-da-nai-2026
Con esta campaña, a Asociación de Empresarios de
Redondela reafirma o seu compromiso coa dinamización económica, a promoción do
comercio local e o apoio ao tecido social e deportivo da vila.
Máis
información e inscricions para deportistas interesadas:
Asociación de Empresarios de Redondela
r/ 8 de Marzo, nº 6, 36800 Redondela
T. 986 40 40 12
[email protected]
www.empresasredondela.gal