CAMPAÑA DO DÍA DA NAI 2026
Domingo, 3 de maio de 2026
A Asociación de Empresarios de Redondela presenta a nova edición da Campaña Día da Nai 2026, que se desenvolverá entre o 23 de abril e o 3 de maio.
Esta iniciativa nace co obxectivo de transformar o acto de compra nunha experiencia participativa e emocional, poñendo en valor o papel do comercio de proximidade nunha das datas máis significativas para o consumo familiar.
Baixo o lema “XOGA POLO QUE CRES. APOSTA POLO COMERCIO LOCAL”, a campaña conecta o concepto de agasallo co esforzo, os valores e a ilusión compartida, inspirándose no universo deportivo como símbolo de compromiso e comunidade.
A campaña estrutúrase nun modelo híbrido que combina accións no punto de venda coa difusión dixital, garantindo visibilidade, participación e impacto tanto para os establecementos como para a clientela.
Mercar no teu comercio local tamén ten recompensa.
Ao realizar as túas compras entre o 23 de abril e o 3 de maio, poderás participar no sorteo dunha camiseta oficial do teu equipo favorito.
- Rexistra os teus tickets na plataforma Participa! (dispoñible ata o 6 de maio).
- Cantos máis tickets subas, máis oportunidades terás de gañar.
- Ademais, algúns establecementos ofrecerán agasallos propios, ampliando as posibilidades de premio.
Se buscas inspiración antes de mercar, a Asociación habilita unha sección especial no Marketplace oficial https://marketplace.empresasredondela.gal/categorias/ideas-para-regalar-dia-da-nai-2026 para axudarche ofrecerche as mellores ideas para regalar.
Neste espazo atoparás:
- Produtos seleccionados
- Experiencias e servizos
- Ideas de agasallo pensadas para todos os estilos de nai
Todo cun enfoque visual e accesible para facilitar a túa elección e apoiar o comercio local.
O deporte tamén é protagonista nesta campaña, cun enfoque centrado na base e no talento local.
Entre o 30 de abril e o 30 de maio, os escaparates dos establecementos participantes acollerán a exposición “Elas Xogan”, unha mostra que pon en valor:
- Xogadoras de equipos femininos de Redondela
- Deporte base e canteira local
- O esforzo diario, a constancia e a paixón polo deporte
A través desta iniciativa, búscase dar visibilidade ás verdadeiras protagonistas do deporte local, afastándose das grandes figuras mediáticas para poñer o foco en quen constrúe o deporte desde abaixo.
Un percorrido pola vila que transforma os escaparates en espazos de comunidade, identidade e apoio ao deporte feminino.
Queres ser a protagonista?. Participa enviandos a túa foto e os datos a través deste formulario.








