
TALLERES PRÁCTICOS IA E IDIOMAS PARA COMERCIO (CO300A-2025)
A Asociación de Empresas de Redondela, coa colaboración da Xunta de Galicia lanza o programa formativo: Talleres prácticos de Intelixencia Artificial e Idiomas con ferramentas dixitais para o Comercio.
Unha iniciativa pensada para modernizar, internacionalizar e impulsar o pequeno comercio da vila.
Que inclúe o programa?
Tres talleres complementarios, prácticos e totalmente gratuítos para empresas asociadas:
Introdución á Intelixencia Artificial para o Comercio Local
Descubre como aplicar ferramentas de IA para mellorar a xestión, atención ao cliente e promoción do teu negocio.
Promoción e Marketing Dixital Intelixente
Aprende a crear campañas eficaces, xestionar redes sociais e posicionar o teu comercio no entorno dixital.
Inglés para a Atención Comercial
Mellora a túa capacidade para atender clientela internacional e comunicarte con soltura en situacións comerciais.
PROGRAMA FORMATIVO FINANCIADO POR