BANNER.jpg

CONCURSO TEEN ACTIVA COMERCIO LOCAL

Se che gusta a tecnoloxía e tes unha mente chea de ideas, este é o teu momento!



A Asociación de Empresas de Redondela reta ao alumnado a crear proxectos con intelixencia artificial para impulsar o comercio local.




Poden participar estudantes que:

  • Teñan 16 anos ou máis no momento da inscrición.
  • Estean matriculados en Bacharelato ou Formación Profesional (básico, medio ou superior) en centros de Redondela.
  • Participen de forma individual ou en equipos de ata 5 persoas do mesmo centro.

No caso de seren menores de idade, conten con autorización do centro educativo e do titor/a legal.

Cada centro pode presentar varias propostas, sempre que cumpran estes requisitos.




Buscamos propostas creativas, orixinais e tecnolóxicas que usen intelixencia artificial ou tecnoloxías afíns como:

  • Chatbots
  • Sistemas de recomendación de produtos
  • Visión artificial
  • Análise de datos
  • Aprendizaxe automática

As ideas deben estar pensadas para mellorar o comercio local de Redondelapoden centrarse en promoción, dixitalización, sustentabilidade, mellora de servizos ou experiencia de cliente.




Prazo límite de inscrición: 30 de outubro de 2025.

Deberás enviar a túa candidatura por correo electrónico a [email protected], incluíndo:

  • O formulario de inscrición asinado.
  • Unha memoria escrita (máx. 2 páxinas).
  • Un vídeo ou audio explicativo (máx. 3 minutos).

A presentación máis creativa tamén conta, así que… ¡deixa voar a túa imaxinación!





Terás ata o 30 de abril de 2026 para desenvolver o proxecto final: pode ser unha demo, unha simulación ou un prototipo funcional.
Todo deberá enviarse tamén a [email protected] dentro do prazo.




Hai un premio único de 500 euros, que se poderá empregar para:

  • Financiar a excursión de fin de curso.
  • Ou en vales de compra nos establecementos locais de Redondela.


Tamén se poderán conceder mencións especiais ás ideas máis innovadoras, á mellor presentación ou ao maior impacto social.




Porque é unha oportunidade para poñer en práctica o que sabes, innovar, divertirte e mellorar o teu entorno local.
As túas ideas poden cambiar o futuro do comercio en Redondela.



Consultar as bases do concurso.

Descargar Formulario de inscripción.



Para participar deberás remitir o formulario xunto a documentación complementaria a [email protected] antes do 30 de outubro de 2025.

 

Documentos relacionados