SERVIZO DE APOIO Á TRANSFORMACIÓN DIXITAL E PROMOCIÓN DA IMAXE ONLINE DAS EMPRESAS LOCAIS
Este programa de apoio á dixitalización empresarial posto en marcha pola Asociación de Empresarios de Redondela desenvolvese ao abeiro da ORDE do 5 de xaneiro de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través dun programa de cooperación con organismos intermedios sen ánimo de lucro, para o asesoramento a empresas, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedementoTR349Z) e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil nun 91,89%, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.
Servizos Prestados Polo Profesional Contratado a Través da Subvención
A persoa contratada a través desta axuda desempeña un papel fundamental no impulso da dixitalización das empresas de Redondela, ofrecendo os seguintes servizos especializados:
Asesoramento TIC e consultoría en transformación dixital: asesoramento personalizado ás empresas, resolvendo as súas dúbidas tecnolóxicas e orientándoas na implementación de ferramentas dixitais que melloren a súa competitividade e eficiencia nos procesos empresariais.
Formación en competencias dixitais: a través de programas formativos e talleres prácticos, a persoa contratada capacita ao persoal das empresas locais en diversas competencias dixitais, desde o manexo básico de ferramentas ata a adquisición de habilidades avanzadas en áreas como o marketing dixital ou a xestión de proxectos en liña.
Mellora da visibilidade nas redes sociais: se realiza un diagnóstico da situación actual da empresa nas redes sociais e axuda a definir obxectivos claros e alcanzables. Ademais, diseña estratexias de contido personalizadas, implementa campañas publicitarias e xestiona as redes sociais para mellorar a visibilidade e o alcance da empresa
Desenvolvemento de estratexias de marketing dixital: creación de estratexias de marketing dixital eficaces, que inclúen a xestión de redes sociais, a creación de contidos dixitais e a optimización para motores de busca (SEO), co fin de mellorar a presenza online da empresa e chegar ao seu público obxectivo de maneira efectiva.
Implementación de Sistemas de Xestión Empresarial (ERP): un dos servizos máis relevantes é o apoio na selección, personalización e implementación de sistemas de xestión empresarial (ERP) que permitan mellorar a xestión de procesos clave como vendas, inventarios, recursos humanos ou finanzas.

Beneficios para a Túa Empresa
A través deste programa, as empresas de Redondela teñen a oportunidade de acceder a servizos especializados de asesoramento e formación en transformación dixital sen custo adicional, grazas ao apoio económico proporcionado pola subvención. Estes servizos permitirán mellorar a eficiencia interna da empresa, optimizar a súa presenza online e potenciar as súas estratexias de marketing dixital para chegar de forma máis eficaz ao seu público obxectivo.
Compromiso coa dixitalización das empresas locais
Desde a Asociación de Empresarios de Redondela, mantemos o noso firme compromiso de apoiar á dixitalización e mellora continua das empresas locais. A contratación dun profesional especializado grazas a esta subvención é unha mostra do noso esforzo por proporcionar ás empresas de Redondela as ferramentas necesarias para afrontar os retos dun mercado cada vez máis dixitalizado e competitivo.

Contacta Con Nós
Se a túa empresa está interesada en coñecer máis detalles sobre os servizos que ofrecemos ou desexa recibir asesoramento sobre como aproveitar as axudas dispoñibles, non dubides en poñerte en contacto coa nosa asociación. Estaremos encantados de axudar a que a túa empresa dea un paso adiante na súa transformación dixital.
