BANNER-XUVENTUDE-MENTORING-+LOGOS.png

PROGRAMA XUVENTUDE MENTORING NA EMPRESA 2024

O Programa Xuventude Mentoring na Empresa consiste nun programa de estadías formativas en empresas vinculadas a sectores estratéxicos de Galicia, destinado para a mocidade de entre 18 e 30 anos.





A finalidade deste programa, orientado á personas mozas, de entre 18 e 30 anos, inscritas no Sistema nacional de garantia xuvenil (SNGX), non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, é reforzar a súa empregabilidade e as habilidades e competencias profesionais adaptadas ao contexto laboral actual, contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional a través da realización de prácticas non laborais en empresas de sectores estratéxicos co obxectivo xeral de acadar a súa incorporación ao mercado de traballo.



ou descarga aquí o formulario de inscripción ou consulta o extracto da convocatoria.

Prazo de inscripción aberto ata o 31 de outubro de 2024.





 

Potenciar os programas de educación non formal en que as persoas mozas adquiran os coñecementos e habilidades máis demandados no contexto laboral actual.

Achegar as persoas mozas á realidade empresarial e mellorar a súa autonomía persoal.

Crear un ecosistema favorable á creación de oportunidades de emprego xuvenil.

Favorecer a captación e retención de talento en sectores económicos clave para a economía galega.

 




Os destinatarios finais son as persoas mozas que deberán cumprir os seguintes requisitos no momento da súa selección.





ESTADÍAS FORMATIVAS EN EMPRESAS DE SECTORES ESTRATÉXICOS DE GALICIA: Aeronáutica, Agroalimentación, Automoción, Enerxías renovables, Madeira/forestal, Metalmecánico, Naval, Pedra Natural, Textil/moda, Tecnoloxías da información e da comunicación, Calidade de vida e benestar.



 

O período das estadías formativas en empresas será de 3-4 meses cunha duración mínima de 100 horas mensuais e catro días semanais. (Data límite de realización das estadías formativas 31 de marzo de 2025).

As bolsas de formación serán de 661,50€ ao mes, incrementada en 100€/mes en caso de persoas con discapacidade e unha axuda de de custo por desprazamento de 100 €/mes cando o concello do centro de realización da estadía formativa non sexa o mesmo que o concello de residencia.

As persas mozas participantes contarán cunha persoa titora encargada do seguimento.

 Ver empresas.


PLAN FORMATIVO COMPLEMENTARIO EN HABILIDADES E COMPETENCIAS PARA O EMPREGO.




45 horas de formación que combinarán os formatos presencial e online.



Ver programa.




En Redondela localízanse importantes empresas dos principais sectores estatéxicos de Galicia hacia as que estarán orientados os programas de estadías formativas en empresas.


Aeronáutica

Agroalimentación

Automoción

Enerxías renovables

Madeira/forestal

Metalmecánico

Naval

Pedra Natural

Textil/moda

Tecnoloxías da información e da comunicación

Calidade de vida e benestar

 Ver empresas.


Se a túa empresa pertence a calquera de este sectores e estás interesado en participar no programa contáctanos.




Enviar correo [email protected]





Si cumples os requisitos para participar no programa inscríbete.


O prazo para inscribirse permanecerá aberto ata o 31 de outubro de 2024.


Descarga aquí a convocatoria e o formulario de inscrición.

 



ASÍ FOI A MIÑA EXPERIENCIA EN XUVENTUDE MENTORING


Chámome Andrea e son unha moza de 24 anos que, tras finalizar os meus estudos en Traballo Social, me enfrontei ao desafío da inserción laboral sabendo que atopar oportunidades neste sector e sen unha experiencia previa non sería sinxelo. Foi entón cando descubrín o programa Xuventude Mentoring, unha iniciativa da Xunta de Galicia deseñada para acompañar a mozos na súa transición ao emprego nun período de 3-4 meses a través da Asociación de Empresari@s de Redondela. Hoxe quero compartir a miña experiencia neste programa e como foi clave para o meu desenvolvemento profesional no ámbito da saúde mental dentro da Asociación Saúde Mental Lenda, en Redondela.

Dende o inicio contei co apoio dunha profesional con experiencia no ámbito psico-social, así como o resto do equipo de profesionais que a compoñen, en especial, dada a miña formación, a traballadora social da entidade. Ademais, coa formación complementaria do programa impartida polo tutor Joaquín Gonzáliz Franco,  puiden xerar novas habilidades e coñecementos como a ferramenta da IA (Intelixencia Artifical) así como reflexionar sobre futuros obxectivos e metas no meu proceso de procura de emprego unha vez termine o programa.

Unha das maiores oportunidades que me brindou este programa foi coñecer un ámbito de traballo onde desenvolver a miña profesión. En todo momento sentinme cómoda e arroupada por parte dun equipo definido por un compromiso coa mellora da calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental, xerándome unha afinidade, ganas e ilusión por descubrir todo aquilo que aprendería e me achegarían durante este período.

Como traballadora social en formación, puiden visualizar directamente a importancia da intervención social, o fortalecemento de redes de apoio, o acompañamento seguido dun trato próximo, comunicación, coordinación e  inserción laboral. Ademais de afrontar novos retos, enriquecéndome profesional e persoalmente, fortalecendo o meu compromiso e interese coa saúde mental.

Na miña opinión, a Asociación Lenda Saúde Mental e o seu equipo realizan un traballo fundamental proporcionando apoio integral, promovendo a súa autonomía e benestar, colaborando con outras entidades e recursos comunitarios da contorna tamén dando resposta o máis sólida e efectiva posible ás necesidades de persoas con trastorno mental dende o trato humano, de familia…

Desfruteino día a día, e acudindo a cada unha das terapias, obtiven unha visión máis obxectiva e real da entidade. O exercicio que desempeñan, como o levan á práctica e o trato directo coas persoas usuarias. Esta presenza nas diferentes terapias, fixo que ampliase os meus coñecementos acerca da intervención directa que se exerce no ámbito do Tercer Sector na vida das persoas.

Foi todo un reto acompañar ás profesionais encargadas do desenvolvemento do Programa Conecta coa Vida na súa loita pola prevención da conduta suicida e sensibilización en saúde mental dirixido a equipos directivos, alumnado e familias.

Agradecida pola oportunidade de formar parte del, animo a quen busca unha oportunidade no ámbito laboral a participar nun programa de formación integral como o Xuventude Mentoring.



Ver edicións anteriores.




Programa cofinanciado nunha porcentaxe do 60 % pola Unión Europea no marco do Programa FSE+Galicia 2021-2027, dentro do obxectivo político 4: unha Europa máis social e inclusiva mediante a aplicación do piar europeo de dereitos sociais; prioridade 5. Emprego xuvenil. Obxectivo específico ESO4.1: mellorar o acceso ao emprego e as medidas de activación de todos os demandantes de emprego e, en particular, das persoas mozas, especialmente a través da aplicación da Garantía Xuvenil, dos desempregados de longa duración e os grupos desfavorecidos no mercado laboral, e das persoas inactivas, así como mediante a promoción do emprego por conta propia e a economía social, e medida 5.A.05.: prácticas formativas en países europeos ou en Galicia.


Xuventude.net


Mencións:

Documentos relacionados