PROGRAMA XUVENTUDE MENTORING NA EMPRESA 2024
O Programa Xuventude Mentoring na Empresa consiste nun programa de estadías formativas en empresas vinculadas a sectores estratéxicos de Galicia, destinado para a mocidade de entre 18 e 30 anos.
A finalidade deste programa, orientado á personas mozas, de entre 18 e 30 anos, inscritas no Sistema nacional de garantia xuvenil (SNGX), non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, é reforzar a súa empregabilidade e as habilidades e competencias profesionais adaptadas ao contexto laboral actual, contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional a través da realización de prácticas non laborais en empresas de sectores estratéxicos co obxectivo xeral de acadar a súa incorporación ao mercado de traballo.
ou descarga aquí o formulario de inscripción ou consulta o extracto da convocatoria.
Prazo de inscripción aberto ata o 31 de outubro de 2024.
Potenciar os
programas de educación non formal en que as persoas mozas adquiran os
coñecementos e habilidades máis demandados no contexto laboral actual.
Achegar as persoas mozas á
realidade empresarial e mellorar a súa autonomía persoal.
Crear un ecosistema favorable á
creación de oportunidades de emprego xuvenil.
Os destinatarios finais son as persoas mozas que deberán cumprir os seguintes requisitos no momento da súa selección.
ESTADÍAS
FORMATIVAS EN EMPRESAS DE SECTORES ESTRATÉXICOS DE GALICIA: Aeronáutica, Agroalimentación, Automoción,
Enerxías renovables, Madeira/forestal,
Metalmecánico, Naval,
Pedra Natural, Textil/moda,
Tecnoloxías da información e da comunicación, Calidade de vida e benestar.
O período
das estadías formativas en empresas será de 3-4 meses cunha duración mínima de
100 horas mensuais e catro días semanais. (Data límite de realización das
estadías formativas 31 de marzo de 2025).
As bolsas
de formación serán de 661,50€ ao mes, incrementada en 100€/mes en caso de
persoas con discapacidade e unha axuda de de custo por desprazamento de 100
€/mes cando o concello do centro de realización da estadía formativa non sexa o
mesmo que o concello de residencia.
As persas
mozas participantes contarán cunha persoa titora encargada do seguimento.
PLAN FORMATIVO COMPLEMENTARIO EN HABILIDADES E COMPETENCIAS PARA O EMPREGO.
40 horas de formación que combinarán os
formatos presencial e online.
En Redondela localízanse importantes empresas
dos principais sectores estatéxicos de Galicia hacia as que estarán orientados os
programas de estadías formativas en empresas.
Aeronáutica
Agroalimentación
Automoción
Enerxías
renovables
Madeira/forestal
Metalmecánico
Naval
Pedra
Natural
Textil/moda
Tecnoloxías
da información e da comunicación
Calidade
de vida e benestar
Se a túa empresa pertence a calquera de este sectores e estás interesado en participar no programa contáctanos.
Enviar correo xuventude.mentoring@empresasredondela.gal
Programa cofinanciado nunha porcentaxe do 60 % pola Unión Europea no marco do Programa FSE+Galicia 2021-2027, dentro do obxectivo político 4: unha Europa máis social e inclusiva mediante a aplicación do piar europeo de dereitos sociais; prioridade 5. Emprego xuvenil. Obxectivo específico ESO4.1: mellorar o acceso ao emprego e as medidas de activación de todos os demandantes de emprego e, en particular, das persoas mozas, especialmente a través da aplicación da Garantía Xuvenil, dos desempregados de longa duración e os grupos desfavorecidos no mercado laboral, e das persoas inactivas, así como mediante a promoción do emprego por conta propia e a economía social, e medida 5.A.05.: prácticas formativas en países europeos ou en Galicia.
Mencións: