PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DA ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE REDONDELA 2026/2027
Os Programas Integrados de Emprego son unha iniciativa subvencionada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, con fondos finalistas do SEPE.

É unha iniciativa que ten como obxectivo inserir laboralmente a persoas desempregadas mediante accións coordinadas durante 12 meses. O programa ten un obxetivo de inserción do 45% das persoas participantes.
Este edición 2026/2027 do programa da Asociación de Empresas de Redondela está específicamente dirixido a MULLERES de calquera dos seguintes colectivos:
- Desempregadas.
- Con discapadidade.
- En risco de exclusión social ou beneficiarias da RISGA.
- Vítimas de violencia de xénero.
- Migrantes.
- Menores de 30 anos.
- Maiores de 52 anos.
- Beneficiarias da renda de inclusión social de Galicia non inclúidas no tramo de inserción.
- Perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou RAI.
- Desempregadas como consecuecia dun expediente de regulación de emprego de carácter restrictivo.
- Non incluídas nos grupos anteriores.





Durante o programa, terás acceso a:
- Orientación e asesoramento personalizado
- Formación en competencias dixitais, idiomas e novas tecnoloxías
- Obradoiros de motivación, intelixencia emocional e entrevistas
- Coaching e mentoring para o emprego e o emprendemento
- Prácticas profesionais non laborais en empresas locais
- Prospección empresarial e emparellamento con ofertas reais
- Obradoiros sobre mobilidade laboral e REDE EURES
PROGRAMA FORMATIVO POR ITINERARIOS
O programa ofrece máis de 336 horas de formación adaptada ás necesidades reais do mercado laboral e ao perfil das participantes. Combina formación presencial, teleformación e mixta, con contidos innovadores e prácticos.
Itinerarios Formativos Estratéxicos
Loxística Industrial
Comercio
Automoción
Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC)
Itinerarios de Alta Inserción
Turismo e Restauración
Loxística Industrial
- Bolsa de 10,00 €/día de asistencia ás accións do programa.
- O programa contempla medidas de conciliación da vida laboral e familiar.
1- Inscríbete como demandante de emprego en Emprego Galicia.2- Contacta coa Asociación de Empresas de Redondela.3- Cubre o formulario de inscrición dispoñible nesta web.4- Participa nas sesións informativas e entrevistas de selección.
Contacto e inscrición:





Se es unha empresa e queres formar parte da rede de colaboración, contacta connosco para incorporar talento adaptado ás túas necesidades. Ofrecemos asesoramento, selección e seguimento personalizado.
¿Queres ser unha empresa colaboradora e ser parte deste proyecto?
Entra aquí e asina a carta de apoio.
(preme sobre o botón enviar que atoparás na propia carta ou envíana a [email protected])

Queres saber máis sobre os Programas Integrados de Emprego de Galicia? pincha aquí.
Entra na plataforma de emprego da asociación emprego.empresasredondela.gal/ e activa a túa busca de emprego.

