BANNER-PORTAL-WEB-PIE-26-27.jpg

PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DA ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE REDONDELA 2026/2027

Os Programas Integrados de Emprego son unha iniciativa subvencionada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, con fondos finalistas do SEPE.


É unha iniciativa que ten como obxectivo inserir laboralmente a persoas desempregadas mediante accións coordinadas durante 12 meses. O programa ten un obxetivo de inserción do 45% das persoas participantes.


Este edición 2026/2027 do programa da Asociación de Empresas de Redondela está específicamente dirixido a MULLERES de calquera dos seguintes colectivos:

  1. Desempregadas.
  2. Con discapadidade.
  3. En risco de exclusión social ou beneficiarias da RISGA.
  4. Vítimas de violencia de xénero.
  5. Migrantes.
  6. Menores de 30 anos.
  7. Maiores de 52 anos.
  8. Beneficiarias da renda de inclusión social de Galicia non inclúidas no tramo de inserción.
  9. Perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou RAI.
  10. Desempregadas como consecuecia dun expediente de regulación de emprego de carácter restrictivo.
  11. Non incluídas nos grupos anteriores.


Durante o programa, terás acceso a:

  • Orientación e asesoramento personalizado
  • Formación en competencias dixitais, idiomas e novas tecnoloxías
  • Obradoiros de motivación, intelixencia emocional e entrevistas
  • Coaching e mentoring para o emprego e o emprendemento
  • Prácticas profesionais non laborais en empresas locais
  • Prospección empresarial e emparellamento con ofertas reais
  • Obradoiros sobre mobilidade laboral e REDE EURES


PROGRAMA FORMATIVO POR ITINERARIOS 


O programa ofrece máis de 336 horas de formación adaptada ás necesidades reais do mercado laboral e ao perfil das participantes. Combina formación presencial, teleformación e mixta, con contidos innovadores e prácticos.

Itinerarios Formativos Estratéxicos

Loxística Industrial

Comercio

Automoción

Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC)

Itinerarios de Alta Inserción

Turismo e Restauración


- Bolsa de 10,00 €/día de asistencia ás accións do programa.
- O programa contempla medidas de conciliación da vida laboral e familiar.



1- Inscríbete como demandante de emprego en Emprego Galicia.
2- Contacta coa Asociación de Empresas de Redondela.
3- Cubre o formulario de inscrición dispoñible nesta web.
4- Participa nas sesións informativas e entrevistas de selección.


Contacto e inscrición:

Accede a máis servicios, date de alta na nosa plataforma de emprego, entra aquí e rexístrate.

Se es unha empresa e queres formar parte da rede de colaboración, contacta connosco para incorporar talento adaptado ás túas necesidades. Ofrecemos asesoramento, selección e seguimento personalizado.


¿Queres ser unha empresa colaboradora e ser parte deste proyecto?

 

Entra aquí e asina a carta de apoio.

(preme sobre o botón enviar que atoparás na propia carta ou envíana a [email protected])





Queres saber máis sobre os Programas Integrados de Emprego de Galicia? pincha aquí.


Entra na plataforma de emprego da asociación emprego.empresasredondela.gal/ e activa a túa busca de emprego.



Documentos relacionados