
III Edición do Programa Xuventude Mentoring na Empresa 2025
Impulsa o teu futuro: aprende, crece e destaca con Xuventude Mentoring na Empresa.
Estás
buscando unha oportunidade para medrar profesionalmente e desenvolver o teu
talento no mundo laboral? O Programa
Xuventude Mentoring na Empresa é a túa porta de entrada a novas
posibilidades!
Aberto o prazo de inscripción ata o 26 de maio de 2025.
Xuventude Mentoring na Empresa é un programa de estadías formativas en empresas, vinculadas a sectores estratéxicos en Galicia, de modo que faciliten ás persoas mozas participantes incrementar as posibilidades de inserción laboral, posibilitando a captación e retención de talento naqueles sectores económicos considerados claves para a nosa economía.
Programa
da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude que busca favorecer
a formación práctica e o contacto co tecido empresarial por parte
da mocidade, o que impulsará as oportunidades de emprego xuvenil.
Os
mozos e mozas beneficiarios do Sistema nacional de garantía xuvenil poderán
realizar estadías formativas en empresas ou entidades públicas
ou privadas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de
Galicia. Durante as estadías recibirán unha bolsa
de formación dun mínimo de 690,67 euros ao mes e terán unha persoa
titora encargada do seu seguimento.
A
maiores destas estadías, tamén contarán cun plan formativo complementario
en habilidades e competencias para o emprego, de 45 horas lectivas, que se poderán impartir en modalidade presencial, teleformación
ou mixta.
A finalidade deste programa é reforzar a empregabilidade e as habilidades e competencias profesionais das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo, cos seguintes obxectivos específicos:
Potenciar os programas de educación non formal en que as persoas mozas adquiran os coñecementos e habilidades máis demandados no contexto laboral actual.
Achegar as persoas mozas á realidade empresarial e mellorar a súa autonomía persoal.
Crear un ecosistema favorable á creación de oportunidades de emprego xuvenil.
Favorecer a captación e retención de talento en sectores económicos clave para a economía galega.
Os destinatarios finais son as persoas mozas que formarán parte de cada un dos programas subvencionados no marco de Xuventude Mentoring na Empresa, e deberán cumprir os seguintes requisitos no momento da súa selección pola entidade beneficiaria da subvención:
ESTADÍAS FORMATIVAS EN EMPRESAS DE SECTORES ESTRATÉXICOS DE GALICIA:
Aeronáutica
Agroalimentación
Automoción
Enerxías renovables
Madeira/forestal
Metalmecánico
Naval
Pedra Natural
Textil/moda
Tecnoloxías da información e da comunicación
Calidade de vida e benestar
O período das estadías formativas en empresas será de 3-4 meses cunha duración mínima de 100 horas mensuais e catro días semanais. (Data límite de realización das estadías formativas 31 de outubro de 2025).
As bolsas de formación
serán de 690,67€ ao mes, incrementada en 100€/mes en caso de persoas con
discapacidade e unha axuda de custo por desprazamento de 100 €/mes cando o
concello do centro de realización da estadía formativa non sexa o mesmo que o
concello de residencia.
As persas mozas participantes contarán cunha persoa titora encargada do seguimento.
PLAN FORMATIVO COMPLEMENTARIO EN HABILIDADES E COMPETENCIAS PARA O EMPREGO.

Tamén podes formalizar a túa solicitude de participación de forma presencial na sede central da Asociación.
Calquera dúbida ou consulta podes contactar en:
Aberto o prazo de inscripción ata o 26 de maio de 2025.
Estas axudas estarán cofinanciadas nunha porcentaxe do 60% pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo Específico ESO4.1, medida: 5.A.05.
Tamén dispós ao pe da páxina dun formulario no que podes contactar con nós.