BANNER-XUVENTUDE-MENTORING-2025LOGOS.png

III Edición do Programa Xuventude Mentoring na Empresa 2025

Impulsa o teu futuro: aprende, crece e destaca con Xuventude Mentoring na Empresa.


Estás buscando unha oportunidade para medrar profesionalmente e desenvolver o teu talento no mundo laboral? O Programa Xuventude Mentoring na Empresa é a túa porta de entrada a novas posibilidades!

 

Aberto o prazo de inscripción ata o 26 de maio de 2025.


Xuventude Mentoring na Empresa é un programa de estadías formativas en empresas, vinculadas a sectores estratéxicos en Galicia, de modo que faciliten ás persoas mozas participantes incrementar as posibilidades de inserción laboral , posibilitando a captación e retención de talento naqueles sectores económicos considerados claves para a nosa economía.


Programa da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude que busca favorecer a formación práctica e o contacto co tecido empresarial por parte da mocidade, o que impulsará as oportunidades de emprego xuvenil.


Os mozos e mozas beneficiarios do Sistema nacional de garantía xuvenil poderán realizar estadías formativas en empresas ou entidades públicas ou privadas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia. Durante as estadías recibirán unha bolsa de formación dun mínimo de 690,67 euros ao mes e terán unha persoa titora encargada do seu seguimento.


A maiores destas estadías, tamén contarán cun plan formativo complementario en habilidades e competencias para o emprego, de 45 horas lectivas, que se poderán impartir en modalidade presencial, teleformación ou mixta.




A finalidade deste programa é reforzar a empregabilidade e as habilidades e competencias profesionais das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo, cos seguintes obxectivos específicos:


Potenciar os programas de educación non formal en que as persoas mozas adquiran os coñecementos e habilidades máis demandados no contexto laboral actual.

Achegar as persoas mozas á realidade empresarial e mellorar a súa autonomía persoal.

Crear un ecosistema favorable á creación de oportunidades de emprego xuvenil.

Favorecer a captación e retención de talento en sectores económicos clave para a economía galega.





Os destinatarios finais son as persoas mozas que formarán parte de cada un dos programas subvencionados no marco de Xuventude Mentoring na Empresa, e deberán cumprir os seguintes requisitos no momento da súa selección pola entidade beneficiaria da subvención:







ESTADÍAS FORMATIVAS EN EMPRESAS DE SECTORES ESTRATÉXICOS DE GALICIA: 


Aeronáutica

Agroalimentación

Automoción

Enerxías renovables

Madeira/forestal

Metalmecánico

Naval

Pedra Natural

Textil/moda

Tecnoloxías da información e da comunicación

Calidade de vida e benestar



O período das estadías formativas en empresas será de 3-4 meses cunha duración mínima de 100 horas mensuais e catro días semanais. (Data límite de realización das estadías formativas 31 de outubro de 2025).

As bolsas de formación serán de 690,67€ ao mes, incrementada en 100€/mes en caso de persoas con discapacidade e unha axuda de de custo por desprazamento de 100 €/mes cando o concello do centro de realización da estadía formativa non sexa o mesmo que o concello de residencia.

As persas mozas participantes contarán cunha persoa titora encargada do seguimento.



PLAN FORMATIVO COMPLEMENTARIO EN HABILIDADES E COMPETENCIAS PARA O EMPREGO.



O programa formativo está composto por 45 horas de formación que combinarán os formatos presencial e online.



















Tamén podes formalizar a túa solicitude de participación de forma presencial na sede central da Asociación.




ver ubicación


Calquera dúbida ou consulta podes contactar en:

 


Aberto o prazo de inscripción ata o 26 de maio de 2025.


Estas axudas estarán cofinanciadas nunha porcentaxe do 60% pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo Específico ESO4.1, medida: 5.A.05.




INSCRÍBETE

Documentos relacionados
Participa

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.





Enviar