CONTENIDO-PARA-ASOCIADOS-INFRILUX.jpg

CONVENIO INFRILUX

Punto Iberdrola Redondela


A Asociación de Empresas de Redondela vén de asinar un convenio de colaboración con Infrilux, Punto Iberdrola en Redondela, co obxectivo de facilitar ás empresas asociadas o acceso a condicións preferentes en solucións de eficiencia enerxética. Trátase dunha oportunidade para avanzar na redución da pegada de carbono e optimizar o consumo eléctrico mediante instalacións máis sostibles e eficientes.

Ademais, no Punto de Atención de Infrilux en Redondela ofrécese ás empresas asociadas unha revisión gratuíta e sen compromiso da factura da luz, que pode supoñer aforros de ata un 20% segundo o perfil de consumo.






Promoción Infrilux exclusiva para asociados.


Desconto directo do 5%

En cualquera das seguintes instalacións:

  • Instalacións fotovoltaicas
  • Instalacións de aerotermia
  • Instalacións de puntos de recarga para vehículos eléctricos





Programa de recomendación para empresas asociadas


Ademais dos descontos establecidos, o convenio inclúe un programa de recomendación dirixido ás empresas asociadas, co obxectivo de incentivar a difusión das solucións de eficiencia enerxética ofrecidas por Infrilux.


Bonificacións por recomendación:



As empresas asociadas poderán recibir unha bonificación directa por cada recomendación que derive nunha instalación contratada:

  • 100 € por recomendar unha instalación de aerotermia ou fotovoltaica
  • 50 € por recomendar un punto de recarga para vehículo eléctrico


Beneficios para a empresa ou persoa recomendada

A empresa ou persoa que contrate a instalación tamén se beneficia do programa:

  • 5 % de desconto na instalación grazas á recomendación realizada



(Bonificación aplicable unha vez realizada a instalación.)



Sobre Infrilux – Punto Iberdrola en Redondela

En Infrilux contamos con máis de 35 anos de experiencia como instaladores eléctricos, traballando para que empresas e fogares poidan acceder a solucións enerxéticas máis eficientes e preparadas para o futuro, cun impacto directo no aforro e na sustentabilidade.


Podes atoparnos na Rúa Pai Crespo, 64 (Redondela).

Teléfono: 637 09 91 68