CONVENIO INFRILUX
Punto Iberdrola Redondela

A Asociación de Empresas de Redondela vén de asinar un convenio de colaboración con Infrilux, Punto Iberdrola en Redondela, co obxectivo de facilitar ás empresas asociadas o acceso a condicións preferentes en solucións de eficiencia enerxética. Trátase dunha oportunidade para avanzar na redución da pegada de carbono e optimizar o consumo eléctrico mediante instalacións máis sostibles e eficientes.
Ademais, no Punto de Atención de Infrilux en Redondela ofrécese ás empresas asociadas unha revisión gratuíta e sen compromiso da factura da luz, que pode supoñer aforros de ata un 20% segundo o perfil de consumo.
Descuento directo del 5%
En cualquiera de las siguientes instalaciones:
- Instalaciones
fotovoltaicas
- Instalaciones
de aerotermia
- Instalaciones de puntos de recarga para vehículos eléctrico
Programa de recomendación para empresas asociadas
Ademais dos
descontos establecidos, o convenio inclúe un programa de recomendación dirixido
ás empresas asociadas, co obxectivo de incentivar a difusión das solucións de
eficiencia enerxética ofrecidas por Infrilux.
Bonificacións por recomendación:
As empresas
asociadas poderán recibir unha bonificación directa por cada recomendación que derive
nunha instalación contratada:
- 100 € por recomendar unha
instalación de aerotermia ou fotovoltaica
- 50 € por recomendar un punto
de recarga para vehículo eléctrico
Beneficios
para a empresa ou persoa recomendada
A empresa ou
persoa que contrate a instalación tamén se beneficia do programa:
- 5 % de desconto na instalación
grazas á recomendación realizada
(Bonificación aplicable unha vez realizada a instalación.)
Sobre Infrilux – Punto Iberdrola en Redondela
En Infrilux contamos con máis de 35 anos de experiencia como instaladores eléctricos, traballando para que empresas e fogares poidan acceder a solucións enerxéticas máis eficientes e preparadas para o futuro, cun impacto directo no aforro e na sustentabilidade.
Podes atoparnos na Rúa Pai Crespo, 64 (Redondela).