BANNER-WEB-CON-FONDO-Y-TIRA-DE-LOGOS-CALIDAD-100.jpg

CAMPAÑA DE PASCUA 2026

O comercio de Redondela celebra a Pascua cunha campaña que une xogos, diversión, premios e promoción das mellores ideas para regalar.



A Asociación de Empresarios de Redondela presenta a nova edición da Campaña de Pascua 2026, que se desenvolverá entre o 25 de marzo e o 5 de abril. Esta iniciativa ten como obxectivo central converter o acto da compra nunha experiencia interactiva, reforzando o posicionamento dos establecementos de proximidade fronte ás grandes superficies nunhas datas de gran relevancia para o consumo familiar.

A campaña deseñouse baixo un modelo híbrido que combina a animación física no punto de venda coa promoción estratéxica no ámbito dixital, garantindo así unha visibilidade integral para todos os negocios participantes.


Para a Clientela: Que che espera nas nosas tendas?

       O Xogo dos Ovos de Pascua Comprar no teu barrio ten premio. Ao realizar as túas compras nos establecementos participantes, poderás participar no divertido

      Xogo da Cesta:Premios directos: Atopa os vales premiados dentro dos nosos ovos de Pascua.

     Vendas cruzadas: Conseguirás descontos e vantaxes para utilizar noutros comercios e locais de hostalaría da vila.

      Experiencia familiar: Unha forma lúdica de facer os teus recados de Pascua coa ilusión de levar un agasallo extra.

       Escaparate Dixital e Marketplace Se prefires botar unha ollada antes de saír de casa, habilitamos unha sección especial no noso Marketplace. Alí poderás ver os "Produtos Estrela de Pascua", con fotos, prezos e descricións para que non se che escape nada


Atopa a campaña nestos establecementos: 

MI CASA
SML
CANELITA SHOES & CO
EL RINCON DE PATRI
YIRANDOLA
ANAQUEL  GOURMET
BARRIO SPORT
BYPPY JUGUETERIAS
KOQUETA
MÁS QUENIÑOS
MANDAMAMA
PANADERÍA OS VIADUCTOS
MUEBLES ALVAREZ
LAS COSAS DE ROUSS
COMO AGUA DE MAYO
YIRANDOLA TEEN
MAMAGALLINA
DONNA BELLA
A ARTESA
DOBLE L
ISHOP

LENCERIA LISI

SEGUROS SOTO



Para os establecementos asociados: Como unirte á campaña?

Esta campaña está deseñada para que a participación do comerciante sexa sinxela pero de alto impacto. A Asociación encárgase da loxística e da comunicación global para que o socio poida centrarse na atención ao seu cliente.


Soportes Físicos e Decoración Para homoxeneizar a imaxe da campaña en toda a vila e reducir o impacto ambiental, a Asociación fornecerá o material necesario, apostando pola reutilización de elementos de calidade de edicións anteriores:

  • Cestas e Ovos: Elementos de ambientación para o punto de venda.

  • Documentación impresa: Vales de premios e tarxetas personalizadas para a xestión das recompensas.


Estratexia de Promoción Dixital Cada comercio participante ten a oportunidade de destacar ata 5 produtos na promoción especial. Esta selección contará cunha difusión reforzada a  través de:

  • Inclusión no Marketplace oficial de Redondela.

  • Publicacións segmentadas nas redes sociais institucionais da Asociación.

  • Fichas de produto con ligazón directa para a compra ou reserva.


Prazos e Operativa

Para garantir a correcta organización da campaña e a entrega de materiais, establécense os seguintes prazos de obrigado cumprimento:

  • Inscrición de establecementos: O prazo para confirmar a participación e enviar o material promocional dos produtos (fotos e descricións) remata o venres 20 de marzo de 2026.

  • Lanzamento oficial: A campaña estará operativa en todos os puntos de venda e plataformas dixitais do 25 de marzo ao 5 de abril.

  • Procedemento de inscrición: Os socios interesados deben formalizar a súa participación contestando directamente á comunicación oficial remitida pola Asociación ou contactando coa secretaría técnica.



Esta campaña aposta pola economía circular. Ao reutilizar as cestas e materiais de edicións pasadas, reducimos a pegada ecolóxica mentres reforzamos a identidade visual do noso comercio.


Se tes un establecemento es Chapela e queres participar cubre este formulario ou chámanos ao 986 40 40 12