14352299_1346664932028168_8635010455988905505_o.jpg

AXUDAS IGAPE: GALICIA EXPORTA DIXITAL

Subvención para facilitar a internacionalización dixital das empresas galegas non exportadoras ou con escasa internacionalización e apoiar empresas internacionalizadas para que a incrementen a través da vía dixital.

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2020 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a internacionalización dixital das empresas galegas (Galicia Exporta Dixital 2020), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG401D).


Orde de axudas IGAPE-IG272

Código de procedemento IG401D



GALICIA EXPORTA DIXITAL (2020.2) - NOVAS CONDICIONS

FINALIDADE

Apoiar á empresa galega no desenvolvemento e implementación dun programa de internacionalización dixital.

 

BENEFICIARIOS E CONTÍA DA AXUDA

 

-        Autónomos e pemes que acometan un Plan de Internacionalización dixital. 80% de intensidade.

o   Unha única solicitude por empresa cun gasto subvencionable entre 25.000 € e 125.000€.

o   No caso do comercio retallista un gasto subvencionable entre 15.000 € e 100.000 €.

 

TIPO

Subvención a fondo perdido.

INVESTIMENTO A APOIAR

 

 Consultaría para a elaboración de:

 Diagnóstico de potencial exportador dixital.

 Plans de internacionalización dixital multicanal.

 Plans de mercados electrónicos concretos.

 Gastos de asesoría xurídica e legal para a internacionalización dixital.

 Software de:

 Solucións tecnolóxicas para crear, xestionar e conectar catálogos dixitais internacionais multi-idioma.

 Adquisición, programación e integración de conectores entre plataformas con sistemas de información (ERPs).

 Solucións para o seguimento e optimización de canles de vendas e márketing online.

 Solucións de inbound márketing internacional para lograr captar, reter, converter e fidelizar a usuarios de interese.

 Outros gastos de:

 Creación e adaptación de tendas online e catálogos online para o marketing e vendas en mercados electrónicos.

 Campañas de posicionamento SEM en directorios internacionais.

 Servizos de call center internacionais.

 

RÉXIME

Concorrencia non competitiva.

 

PRAZO DE SOLICITUDE

O prazo de presentación comezará o día seguinte á publicación da convocatoria no DOG e finalizará o 30 de novembro de 2020, agás esgotamento do crédito.

 

PRAZO DE EXECUCIÓN DOS PROXECTOS

Desde a data de solicitude ata o 30 de novembro de 2021.


http://www.igape.es/gl/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP402 


Documentos relacionados