DIA DA NAI-WEB.gif

A ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE REDONDELA LANZA UNHA NOVA CAMPAÑA DE DINAMIZACIÓN COMERCIAL PARA O DÍA DA NAI

O concurso de banda deseñada terá nesta campaña como protogonistas as supermamás. O material para participar na campaña pode recollerse en calquera dos establecementos e entidades colaboradoras coa campaña ou descargase directamente na web do concurso.


MARKETPLACE CONXUNTO DOS COMERCIOS E HOSTALARÍA PREPARAN UNHA CAMPAÑA CON SUPERIDEAS PARA QUE TODAS AS SUPERMAMÁS RECIBAN O MELLORES SUPERAGASALLOS PARA CELEBRAR O DÍA DA NAI.

 

O comercio de Redondela aposta por seguir coordinando a promoción dos produtos locais a través do marketplace da Asociación de Empresas de Redondela para a promoción dos produtos. Toda a información poderá consultarse na web e nas redes sociais da entidade na que se irán compartindo as propostas, promocións e novidades que os establecementos están a preparar para o día da Nai.

 

Buscar ideas para regalar e ser orixinal será mais doado mercando no comercio local ese é obxectivo que se planea con esta iniciativa de coordinada pola Asociación de Empresas de Redondela.

  


 

“SUPERHEROINAS” AS PROTAGONISTAS DO DÍA DA NAI NO CONCURSO DE BANDA DESEÑADA CONVOCADO POLA ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE REDONDELA

 

 

A Asociación de Empresarios de Redondela convoca un concurso de Banda deseñada e convida aos mais pequenos a participar. Diversos centros escolares e entidades se teñen sumado a iniciativa para trasladar aos mais cativos a técnicas desta expresión artística.

 

As plantillas para realizar os proxectos poden recollerse en calquera dos comercios asociados, na web do concurso, no multiusos da Xunqueira, nos centros e entidades colaboradoras e na propia sede da Asociación de Empresarios.

 

https://www.empresasredondela.gal/noticias/concurso-de-banda-desenada

 

O prazo para presentar as obras estará aberto ata o 15 de maio, coincidindo co día da familia. Unha vez finalizado o concurso e valorados os proxectos  terá lugar a exposición e entrega de premios. Os premios distribúen en tres categorías en función da idade das persoa participantes.

Categoría A: entre 3 e 6 anos

Categoría B: entre 7 e 9 anos

Categoría C: entre  10 e 12 anos

Os premios, en cada unha das categorías, consisten nun vale cunha dotación de 100€ en material de libraría e papelería.