foto convenio sofycom.jpg

A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS PON EN MARCHA UN CONXUNTO DE ACCIÓNS PARA DIFUNDIR ENTRE AS EMPRESAS O PROGRAMA KIT DIXITAL

A sinatura de convenios de colaboración con axentes dixitalizadores será un dos eixos deste programa. SOYCOM, empresa con orixe en Chapela, ven de asinar o primerio destes convenios e lanzar a súa proposta de dixitalización ás empresas asociadas.

O programa prevé a sinatura de convenios con empresas adheridas como axente dixitalizador do programa Kit Dixital, a realización de webinars para informar ás empresas e a publicación dun boletín con información dos eventos de difusión que teñan lugar no entorno ou de forma dixital.

Os axentes dixitalizadores son actualmente os únicos habilitados para subscribir acordos de presentación de solucións de dixitalización coas empresas beneficiarias das axudas do programa Kit Dixital.

As empresas que cumplan as condicións establecidas nas bases da convocatoria de axuda do Kit Dixital, poderán dispoñer dun BONO DIXITAL que lle permitirá acceder as solucións de dixitalización previstas no programa.


O programa Kit Dixital comprende dez solucións ás que é posible adhrerise:


Segmentos de beneficiarios

Importe bono dixital

Segmento I. Pequeñas empresas de entre 10 e menos de 50 empreagos

12.000 €

Segmento II. Pequenas empresas ou Microempresas de entre 3 e menos de 10 empleados

6.000 €

Segmento III. Pequenas empresas ou Microempresas de entre 1 e menos de 3 empleados e personas en situación de autoempleo

2.000 €

 


Este novo convenio coa empresa SOFYCOM achega ademais solucións e paquetes de hardware que dan a posibilidade de adquirir en condicións vantaxosas este equipamento non incluído no programa Kit Dixital pero que resultan imprescindibles para optimizar o prodeceso de "redixitalización" dos negocios con equipos de úlltima xeración.


Máis información sobre o convenio.



 


Etiquetado como #kit dixital