reunión pazos de borben.jpg

A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS COLABORA CO CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN PARA FORTALECER O SECTOR EMPRESARIAL DE LA ZONA.

A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA E O CONCELLO DE PAZOS DE REDONDELA ACORDAN REALIZAR UN DIAGNÓSTICO DAS NECESIDADES EMPRESARIAS DAS EMPRESAS DA ZONA.

O proxecto de comarcalización da Asociación de Empresarios de Redondela, exposto xa na visita que o Concelleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde,  realizara o pasado mes de abril a Redondela, consolídase agora en iniciativas concretas. A primeira accións previstas consiste na realización dun estudo de diagnóstico das necesidades das empresas do municipio no que se espera acadar a participación do 80% do sector empresarial local.

 

O proceso de diagnóstico comprenderá varios estudo e enquisas que se realizarán ás empresas de produción, servizos e comercio para identificar e coñecer os problemas que permitan formular un plan de acción específico e orientado a dar resposta as necesidades do sector empresarial.

 

Nos último días, empresarios de Arcade e Soutomaior, tamén están mostrando interese por sumarse a esta iniciativa empresarial de asociacionismo comarcal impulsada pola Asociación de Empresarios de Redondela en torno ao concepto de  “Fondo de Ría”.