#historiasdenadal-2018.jpg

UN VIDEO PROMOCIONAL DO PEQUENO COMERCIO AMOSA A VISIÓN DO COMERCIO A TRAVÉS DA MIRADA DUN NENO

A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA PRESENTA UN PROXECTO AUDIOVISUAL NA QUE QUERE CONVIDAR A REFLEXIONAR SOBLE O PAPEL DO COMERCIO LOCAL.

No marco da Campaña de dinamización comercial de Nadal e impregnado de “espírito de Nadal” a Asociación de Empresario de Redondela presenta un sport de promoción do comercio a través do ollos dun cativo co obxectivo de  incitar a reflexión do futuro do comercio nun contexto de enorme presión comercial sobre este formato de negocios.

 

Dende o asociación queremos sensibilizar sobre a importancia do  traballo diario de todos os negocios locais e a importante oferta comercial que ten a vila grazas a suma de todos, pero tamén que o traballo da entidade ten un punto de mira máis ala, o punto de mira é a ilusión deste neno e de outros moitos que como el poidan ter o seu futuro profesional a fronte dun negocio local, nun modelo económico sostible e responsable, esa é a esencia do noso traballo como Asociación que aglutina a empresas, profesionais e comerciais de Redondela.

Enlaces relacionados