PROXECTO REDONDELA ECONOMÍA AZUL
Impulso ao desenvolvemento de proxectos disruptivos na cadea mar-economía azul e industria transformadora e comercializadora de produtos do mar.
Se che interesa participar na xornada solicita a inscripcion a través do seguinte formulario:
Programa da Xornada:
9:00 h · Recepción e benvida
9:10 h · Presentación das empresas do sector
9:45 h · Presentación do proxecto e da estratexia · Elige Plus
10:00 h · Intervención institucional
Pausa café
A partir das 10:30 h · Reunións bilaterais de consultoría*
* Podes indicarnos no formulario se che interesa participar nas reunións bilaterais.
Programa
completo:
Obradoiros de
Tecnoloxías e Ferramentas Dixitais
Eficiencia,
sustentabilidade e competitividade para empresas da cadea do mar–economía azul
en Redondela





Imparte:

Obxectivos xerais do proxecto
1. Xerais
• Dar a
coñecer as principais tecnoloxías en materia de decisións e datos,
sustentabilidade e eficiencia, e trazabilidade e seguridade, adaptadas á
realidade das empresas da cadea do mar–economía azul, coa intención de
que entre algunhas delas poida xurdir a posibilidade de desenvolver proxectos
relacionados con estas tecnoloxías.
• Capacitar
as persoas asistentes no uso de ferramentas dixitais e estratexias de
innovación para mellorar a eficiencia operativa, optimizar a xestión
empresarial e potenciar a captación de clientes, promovendo a dixitalización
como un factor clave de crecemento e competitividade.
Resumo do
enfoque do Obradoiro para este obxectivo xeral:
• Eixe
principal: Dixitalización e innovación empresarial
• Sectores clave: Cadea mar–industria, economía azul
• Casos de uso: Transformación dixital de procesos, automatización, IoT
e BI para medición enerxética e toma de decisións, aplicacións de IA e
produtividade, Blockchain para trazabilidade e sustentabilidade.
2. Específicos
·
Concienciar sobre a importancia da dixitalización, explicando como as
tecnoloxías emerxentes están transformando o tecido empresarial e analizando o
impacto da transformación dixital en diferentes sectores.
·
Identificar o nivel de madurez dixital das persoas participantes, realizando un
diagnóstico dixital para cada empresa e definindo necesidades específicas e
áreas de mellora.
·
Sensibilizar no uso de ferramentas dixitais para a xestión empresarial,
especialmente a automatización de procesos, a toma de decisións con BI e o uso
da intelixencia artificial aplicada aos negocios.
· Achegar
tecnoloxías como IoT e Blockchain que poden apoiar estratexias de
sustentabilidade empresarial.
· Xerar
sinerxías e proxectos colaborativos entre empresas, identificando oportunidades
de cooperación en dixitalización e formulando iniciativas conxuntas para optar
a axudas e subvencións. Informar sobre financiamento e axudas para a
dixitalización.
Innovación e impacto
• É o PRIMEIRO
Obradoiro deste tipo organizado por A.E. Redondela.
• Este
Obradoiro non só pretende capacitar en dixitalización, senón tamén impulsar a
innovación colaborativa, a adopción de tecnoloxía emerxente e a xeración de
proxectos con impacto real na economía local, especialmente no ámbito da
economía azul, onde a asociación detecta inquietude e potencial.
Elementos
innovadores do Obradoiro:
•
Metodoloxía práctica e aplicada, incluíndo talleres experienciais con
aplicacións en tempo real.
• Exposición de casos reais de uso noutras empresas e industrias alimentarias e
non alimentarias para “abrir mentes”.
Impacto nas persoas participantes
• Mellora da
produtividade e redución de custos operativos grazas á dixitalización.
• Empresas máis áxiles e competitivas mediante a automatización de procesos.
• Maior capacidade para tomar mellores decisións baseadas en datos (BI).
• Maior coñecemento de tecnoloxías para trazabilidade, sustentabilidade e
seguridade alimentaria.
Impacto no ecosistema empresarial da comarca de
Redondela
• Impulso á
transformación dixital das pemes locais.
• Xeración de novas oportunidades de emprego e negocio en sectores dixitais.
• Fortalecemento de AE Redondela como referente en dixitalización empresarial
na comarca.
Impacto na sustentabilidade e competitividade
• Empresas
máis sostibles mediante a optimización de procesos dixitais.
• Fomento da dixitalización como motor de competitividade.
A Xornada
A xornada
proposta representa unha oportunidade para seguir avanzando na dixitalización
do tecido empresarial galego.
No contexto
de AE Redondela, a cadea vinculada á economía azul presenta un potencial
especial, polo que o contido do taller se enfoca nela.
Co obxectivo
de resaltar a importancia deste taller, procédese a defendelo en base aos
criterios de valoración das bases da axuda co código de procedemento IG300H do
IGAPE:
Dimensión do proxecto
Este
Obradoiro, centrado en tecnoloxías de aplicación transversal, contará coa
participación de polo menos 6 entidades que cobren dúas perspectivas
fundamentais para asegurar a adopción de tecnoloxía avanzada:
• o coñecemento conceptual e xeración de coñecemento básico por parte dos
poñentes, e
• o ámbito empresarial ou de aplicación.
Estas
entidades, pola súa experiencia e capacidade, poden xerar sinerxías que dean
lugar ao desenvolvemento e implantación de solucións dixitais innovadoras
baseadas nas tecnoloxías consideradas, contribuíndo ao avance dos sectores
implicados.
Calidade técnica do proxecto
Definíronse
temáticas e obxectivos específicos (cualitativos e cuantitativos) aliñados coas
directrices e campos de oportunidade procedentes de Europa e dos analistas
internacionais máis prestixiosos.
Descríbense
con detalle os medios e metodoloxías dinamizadoras que permitirán executar con
éxito o Obradoiro. Estas metodoloxías (grupo de discusión e brainstorming) xa
demostraron ser eficaces para lograr implicación e achegas relevantes por parte
das empresas.
As entidades
e profesionais participantes abarcan distintas perspectivas e disciplinas
tecnolóxicas, tanto desde o ámbito empresarial como consultor, o que favorece a
colaboración e a hibridación de ideas.
Destaca
tamén o plan de difusión dos resultados, que inclúe publicacións en redes
sociais e webs, así como o envío de newsletters aos axentes interesados
(descritos no apartado 6 do documento).
Sector ou ámbito de actividade
Mar–Economía
Azul, sector
estratéxico para Galicia.
Este Obradoiro
aliñase plenamente co Reto 2 da RIS3 Galicia, cuxo obxectivo é aumentar
a intensidade tecnolóxica dos sectores prioritarios da economía galega. Este
proxecto contribuirá a avanzar nesa dirección.
Experiencia do organismo intermedio
Experiencia
na xestión de proxectos colaborativos nos 3 anos inmediatamente anteriores á
solicitude da axuda.
Efecto tractor no sector
A proposta
describe o impacto esperado no sector destinatario, destacando:
• xeración de proxectos colaborativos,
• mellor comprensión dos retos actuais,
• mellor posicionamento competitivo.
As empresas
adoitan ter dificultades para identificar puntos de encontro ou necesidades
comúns, xa que o día a día ocupa todo o tempo dispoñible. Este Obradoiro
facilita ese espazo de contraste e exploración.
As empresas
son conscientes desta necesidade e valoran instrumentos que lles permitan
explorar actividades innovadoras orientadas ao futuro. Por iso, cremos que este
Obradoiro resultará de especial interese e atractivo para as empresas do sector
naval.




