BANNER-PROTECCIÓN--sorteos.jpg

PROTECCIÓN DE DATOS SORTEOS

Política de protección de datos en sorteos

 

Ao participar no sorteo, os participantes consenten a cesión dos persoais a Asociación de Empresarios de Redondela como entidade organizadora  e que empregará e almacenará os datos necesarios para a realización do sorteo seguindo a normativa da Lei de protección de datos.

Poderán participar na presente promoción ou sorteo exclusivamente as persoas físicas maiores de 18 anos con residencia legal en España que aceptasen as presentes bases, cada un dos seus termos e condicións e cumpran os requisitos establecidos nas mesmas. Tanto a utilización fraudulenta ou abusiva destas bases como as actuacións contrarias á moral, á lei ou á imaxe do Organizador dará lugar á exclusión do participante.

De conformidade co disposto no Regulamento Xeral de Protección de Datos 679/2016 e a Lei Orgánica 2/2018 de 5 de Decembro de Protección de Datos persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais, facilitámoslles a seguinte información de tratamento dos datos de carácter persoal.


1. Responsable do tratamiento de los datos:
Asociación de Empresarios de Redondela

G36039238

R/ José Regojo, 2-1ºB

36800 Redondela

info@empresasredondela.gal



3. Delegado de protección de datos:
info@empresasredondela.gal


4. Finalidade del tratamento de  datos:
Participación no sorteo, entrega de premios e publicidade.


5. Información aos participantes na promoción:

- En cumprimento co previsto na Lei Orgánica 3/2018, de Protección de Datos de Carácter Persoal ) e Garantía dos Dereitos Dixitais, do 5 de decembro (LOPD), e o art. 28.3 b) do Regulamento Europeo de Protección de Datos 2016/679, do 27 de abril, informámoslle que os datos de carácter persoal que vostede voluntariamente facilite mediante a súa participación nesta promoción, os cales poderán incluír, en caso de resultar gañador, a súa imaxe, incorporaranse a un ficheiro propiedade do Organizador  coa exclusiva finalidade de xestionar a súa participación na promoción e realizar e publicitar a entrega do premio, se correspondese, así como a súa condición de gañador. Ao cumplimentar o formulario de participación our rexistrarse, o participante autoriza expresamente ao Organizador para que poida utilizar os seus datos co fin de xestionar a presente promoción e manterlle informado dos resultados da mesma, a través de calquera dos datos de contacto facilitados polo participante. Conservaremos os seus datos ata a finalización do procesos de xestión da promoción a fin de posibilitar a xestión da mesma, o reparto de premios aos gañadores, as eventuais reclamacións e a publicidade dos resultados, así como a actividade promocional da propia  campaña ou sorteo. Unha vez finalizados devanditos procedementos, que non se estenderán máis de 12 meses, os datos serán eliminados.

- Poñemos no seu coñecemento que todos os campos de rexistro de datos son de obrigada enchemento, de tal modo que a omisión ou erro dalgún deles podería impedir a súa participación na promoción.  

- Os participantes poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición para o que deberán enviar un escrito a ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDODNELA (R/ José Regojo, 2-1ºB) ou ao correo electrónico info@empresasredondela.gal, expresando o dereito que se exercita e identificándose mediante nome, apelidos e número de DNI. Pode consultar máis información sobre o exercicio dos seus dereitos, ante a Axencia Española de Protección de Datos en www.aepd.es.



O Organizador resérvase o dereito a efectuar cambios que redunden no bo fin da promoción cando concorra causa xusta ou motivos de forza maior que impidan levala a termo na forma en que recollen as presentes bases.

O Organizador resérvase o dereito de realizar modificacións ou engadir anexos sucesivos sobre a mecánica e premios da presente promoción sempre que as mesmas estean xustificadas ou non prexudiquen aos participantes, e comuníquense a estes debidamente.

No caso de que esta promoción non puidese realizarse, ben por fraudes detectadas, erros técnicos, forza maior ou calquera outro motivo que non estea baixo o control do Organizador e que afecte ao normal desenvolvemento da mesma, o Organizador resérvase o dereito decancelarla, modificala ou suspendela, sen que os participantes poidan esixir responsabilidade algunha ao Organizador.