BANNER-PROTECCIÓN-DE-DATOS-3.jpg

PROTECCIÓN DE DATOS

A protección das persoas físicas en relación co tratamento de datos persoais é un dereito fundamental protexido polo artigo 18.4 da Constitución española que se exerce conforme o establecido no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril, xeral de protección de datos (RXPD) e na Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD).
 
A través desta sección as persoas asociadas e as usuarias dos nosos servizos da Asociación de Empresarios de Redondela poden coñecer e exercer os seus dereitos en relación co tratamento de datos persoais que realiza a entidade, informarse sobre a normativa que regula o tratamento destes datos, poñerse en contacto coa persoa delegada de protección de datos  e coñecer aquelas actividades que realiza a Asociación que supoñen un tratamento de datos persoais.
 

1.-    RESPONSABLE DO TRATAMIENTO DE DATOS

Asociación de Empresarios de Redondela.
R/ José Regojo, 2-1ºB, 36800, Redondela, Pontevedra.
info@empresasredondela.gal

2.-    PERSOA DELEGADA DE PROTECCIÓN DE DATOS

Poderá contactar coa  persoa delegada de protección de datos a través datos indicados no apartado anterior.

 

3.-    TRATAMENTO DE DATOS

Consideramos tratamento de datoa a calquera operación realizada sobre datos persoais como a recollida, o rexistro, a organización, a estruturación, a conservación, a adaptación ou a modificación, a extracción, a consulta, a utilización, a comunicación por transmisión, a difusión ou calquera outra forma de habilitación de acceso, cotexo ou interconexión, limitación, supresión ou destrución.

 

4.-    FINALIDADE

A Asociación trata os seus datos persoais coas seguintes finalidades:

Cumplir os dereitos e obrigacións de todas as empresas asociadas en canto ao establecido estatutariamente.

Formar parte das actividades da Asociación e, en particular, participar en cursos de formación, xornadas, seminarios, campañas, eventos e demais actos que poida levar a cabo a entidade.

Participar en procesos información, orientación, asesoramento, intermediación laboral, formento do emprendemento, practica laboral, selección. 

Informar e divulgar as actividades de proxectos realizados pola entidade ou cos que colabore así como os realizados pola empresas membro e, en particular, cursos, xornadas, actos, campañas, eventos coa finalidade de coordinación, representación, fomento, promoción ou defensa dos intereses empresariais xerais ou común, por calquera medio, incluídos os telemáticos, en base ao interese lexítimo da nosa organización sustentado la Lei 19/1977, de 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical.

Tratar ou comunicar os datos a terceiros atendendo as obrigacións da normativa vixente ou dos trámites coas administración para calquera procedemento que así o requira a normativa que resulte de aplicación.

Difusión de actos, eventos e campaña da Asociación de Empresarios de Redondela a través de Redes Sociais e páxinas web.

 

5.-    LEXITIMACIÓN

O tratamento dos seus datos por parte de CEA resulta lícito ao cumprirse algunha das condicións establecidas polo artigo 6.1 do Regulamento europeo sobre Protección de Datos (RGPD UE/2016/679), e en concreo algunha das seguintes:

O interesado deu o seu consentimento ara o tratamento de datos persoais para un ou varios fin específicos, como os de formar parte da entidade ou participar en cursos de formación, xornadas, campaña, sorteos e demais actos que leva a cabo a Asociación de Empresarios de Redondela en para a coordinación, representación, xestión, fomento e defensa dos intereses empresariais xerais e común en base ao fins fundamentais recollidos nos Estatutos, por calquera medio, incluídos os temáticos.

O tratamento é necesario para a execución de contratos nos que o interesado é parte, como os que os que se veñen subscribindo con provedores e demais entidades e persoas que nos prestan servizos externos.

O tratamento é necesario para o cumprimento dos dereitos e obrigacións das organizacións e empresas membro da Asociación de Empresarios de Redondela encanto a súa participación nesta organización empresarial, sobre a base legal la Lei 19/1977, de 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical.

Igualmente, levarase a cabo o tratamento de datos cando a Asociación de Empresarios de Redondela resulte obrigada pola normativa vixente a facilitalos a organismo públicos competentes.

O tratamento é necesario para o cumprimento da misión realizada en interese público conferido á Asociación de Empresarios de Redondela no exercicio dos seus fin estatutarios.

O tratamento é necesario para a satisfacción de intereses lexítimos da Asociación de Empresarios de Redondela no desenvolvemento das súas actividades para a coordinación, representación, xestión, fomento e defensa dos intereses empresariais xerais e común en base aos seus fins fundamentais recollidos nos Estatutos, sen menoscabo, en ningún caso, dos dereitos e liberdades fundamentais do interesado que requiran a protección de datos persoais.

 

6.-    DESTINATARIOS/CESIONARIOS

A Asociación de Empresarios de Redondela comunica os seus datos persoais a:

Ás organizacións nas que está integrada e empresas membro conforme ás finalidades recollidas nos seus estatutos.

Organismo Públicos competentes cando así se establecen nos procedementos que resulte de aplicación.

Varios terceiros colaboradores e provedores de servizos cando resulte necesarios para o correcto desenvolvemento das actividades o prestación dos servizos.

 

7.-    EXERCICIO DE DEREITOS POR PARTE DO INTERESADO

As persoas interesada poderán exercer fronte a Asociación de Empresarios de Redondela os seguintes dereitos conforme a normativa vixente:

Acceso aos datos persoais rexistrados.

Rectificación.

Supresión.

Limitación do tratamento.

Dereito á portabilidade dos seus datos.

Dereito ao esquecemento.

Revogación do consentimento prestado.

Pode exercer estes dereitos e, en xeral, consultar todas as cuestións relativa ao tratamento dos seus datos persoais, ante a persoa responsable do tratamento, mediante o envío de correo electrónico a info@empresasredondela.gal ou por correo postal dirixíndose a R/ José Regojo, nº2-1ºB, 36800, Redondela, Pontevedra. Pode consulta a política de privacidade e protección de datos accedendo ao porta https://www.empresasredondela.gal/noticias/proteccion-de-datos.

Tamén pode presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos. Máis información en www.appd.es  


1.-      PROCEDENCIA DOS DATOS

A Asociación de Empresarios de Redondela obtén os datos das seguintes fontes:

- A información facilitada por entidades, organización e empresas membro no exercicio dos seus fin estatutarios.

- Información facilitada a través de formularios de solicitudes de participación en xornadas, curso de formación, seminarios, campañas, eventos, actos, etc.

- Fontes de información abertas, diarios e boletíns oficiais, publicacións, webs, redes sociais, terceiros que prestaran o seu consentimento, etc.

 

2.-     TIPOS DE DATOS

Os datos que reciben tratamento pola Asociación de Empresarios de Redondela son de algunha das seguintes categorías:

-          Datos de carácter identificativo da persoa.

-          Datos da organización ou empresa relacionada coa persoa interesada.

-          Datos de carácter persoal.

-          Datos de emprego.

-          Datos de contacto.

-          Datos de saúde.

-          Datos profesionais e académicos.

-          Datos económico-financeiros.

-          Fotografías ou vídeos vinculadas a asistencia a actos, premios ou eventos.

 

3.-   CRITERIOS DE CONSERVACIÓN

Os datos persoais consérvanse mentres non solicite a súa supresión ou cancelación e sempre que resulten adecuados, pertinentes e limitados ao necesarios para os fins para o cal foron tratados.