
MESA LOCAL DA SAÚDE DE REDONDELA
Presentámosche este espazo dixital como un canal da Asociación de Empresas de Redondela para participar activamente na Mesa Local da Saúde.
Un espazo dixital creado para que os socios vinculados co sector da saúde e o benestar poidan interactuar, compartir información e contribuír ao desenvolvemento do sector sanitario a nivel local.
Este espazo web será o lugar de referencia que permitirá acceder a contidos de interese, información, enquisas, eventos e oportunidades de colaboración. Ademais, será un lugar onde expresar ideas, propoñer melloras e participar no debate sobre temas clave que se aborden na Mesa Local da saúde de Redondela.
O obxectivo é facilitar un intercambio áxil e enriquecedor, fomentando a cooperación e asegurando que todas as voces sexan escoitadas no proceso de toma de decisións. Con este espazo, buscamos promover a transparencia e fortalecer a comunidade do sector.
Cubre a seguinte enquisa e axúdanos a realizar o diagnóstico da situación da saúde na nosa localidade.
Podes seguir esta guía para cubrir a enquisa: