Liña_empresas_Xunta_para_web.png

MEDIDAS ECONÓMICAS: A Xunta de Galicia está a poñer en marcha novas iniciativas para apoiar ao tecido empresarial galego.

Entre outras medidas crea unha liña telefónica para atención a empresas e unha aplicación para a xestión de toda a información.




Fuente: Xesgalicia

Activada unha liña de financiación para producir material de protección ante o coronavirus

 

Xesgalicia acaba de poñer en marcha unha liña de financiación de 10 millóns de euros para cubrir as necesidades de reestructuración productiva das empresas galegas que decidan acometer a fabricación de material de protección necesario para facer frente ao coronavirus. En concreto, esta liña financiará inversións e circulante, e as empresas deberán dar resposta coa producción de equipos como, por exemplo, textís sanitarios, equipos de protección individual (EPIs) e materiais para respiradores.

Trala declaración do estado de alarma e de emerxencia sanitaria, a rápida progresión da pandemia a nivel mundial está supoñendo a ausencia de equipos de protección individual, os coñecidos como  EPIs, e de outros materiais como máscaras, batas ou guantes nos comprados internacionales. Esta situación estase convertindo nun reto engadido á hora de combater o coronavirus e poder desenrrolar actividades esenciais, productivas uo comerciais en condicións de seguridade.

Ante esta situación excepcional, nun exercicio de responsabilidade e ante o desabastecemento destes produtos a nivel mundial, esta liña ten como obxetivo financiar as necesidades de adaptación e transformación que empresas galegas adicadas a outras actividades, pero con capacidade de  producción de estos  EPIs, podan ter para reorientar a súa  producción.

A esta liña hai que engadir a que a Xunta xa ten activada desde a Axencia Galega de Innovación (Gain). Trátase dunha chamada a todos os axentes do ecosistema galego de innovación que teñan algunha proposta ou proxecto que poda contribuir á loita contra o coronavirus. Búscanse solucións innovadoras que se podan desenrrolar de maneira inmediata.