BANNER-DIA-DO-PAI-sombra1.png

CAMPAÑA DO DÍA DO PAI 2022

Entra e descubre a mellor selección de ideas para regalar no Día do Pai.





 O COMERCIO E A HOSTALARÍA DE REDONDELA BUSCAN NOVOS CANAIS PARA POR EN VALOR A OFERTA DOS ESTABLECEMENTOS DE REDONDELA E CHAPELA A TRAVÉS DA PROMOCIÓN ONLINE.


Na foto, de esquerda a dereita: Gerardo (JOYERÍA TEJO), Ramón (BARRIO SPORT), Roi (CS82 URBAN STYLE) e Carlos (VILLAMARÍN DISEÑO)

A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA PON EN MARCHA A CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DE VENDAS DO DÍA DO PAI COA PUBLICACIÓN DO CATÁLOGO ON LINE DE IDEAS PARA REGALAR  .

Co obxectivo de por en valor a oferta local, a Asociación de Empresarios de Redondela pon en marcha unha campaña de promoción de vendas.

Máis dun centenar de establecementos contan coa cartelería que da acceso a través dun código QR a un novo catálogo de produtos e servizos especialmente pensados para o Día do Pai.

A asociación quere amosar a variedade e especialización do comercio de Redondela a través da edición deste catálogo especial para o día do Pai que se comeza a publicar hoxe e que irá incorporando novidades diarias ata o día 19 festividade de San Xosé na que tradicionalmente se celebra o día do Pai.

Na foto están representados algún dos sectores que protagonizan a campaña do Día do Pai: moda masculina, moda e produtos deportivos, reloxerías e xoiarías.