BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS 2022
ORDE do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento TR341Q)
O prazo estará
aberto entre o 14 de xaneiro e o 14 de febreiro.
A finalidade é
a de apoiar a persoas autónomas consolidadas que:
- Estean
     de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade
     de colexio profesional,
 - Teñan domicilio
     fiscal en Galicia,
 - Teñan
     unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou
     profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por
     un prazo superior a 42 meses e
 - Teñan un
     rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas
     declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros e
     unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE
     incluído,  declarados no ano anterior ao da convocatoria.
 
Esta axuda
concédese para a mellora da competitividade da actividade empresarial
ou profesional das persoas autónomas beneficiarias, mediante pagamento
anticipado, cunha subvención dun 80% da actividade que se
subvencione cun límite máximo de 3.000 euros polo conxunto de
actividades subvencionables, sendo o resto do gasto por conta da persoa
beneficiaria.
Nesta
convocatoria se contou novamente con dúas liñas de actuación:
Liña 1: Mellora da
competitividade a través dos seguintes servizos 
- Plan
     estratéxico do negocio
 - Plan de
     reorientación do negocio
 - Plan de
     refinanciamento
 - Plan de
     márketing
 - Plan de
     eficiencia enerxética
 - Plan de
     biodiversidade
 - Plan de
     comunicación do negocio
 - Plan de
     transformación dixital
 - Outros
     estudos e plans que teñan como fin aumentar a competitividade
 - O
     cofinanciamento privado dos servizos contratados co IGAPE a través do
     programa Re-Acciona na súa convocatoria do 2021
 
Liña 2: Mellora da
competitividade a través dos seguintes investimentos 
- Compra de
     maquinaria
 - Compra
     e/ou instalación para a mellora da eficiencia enerxética
 - Investimentos
     para a substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou
     escasos
 - Compra de
     utensilios e ferramentas
 - Reforma
     do local do negocio
 - Equipamento
     informático
 - Equipamento
     de oficina e/ou negocio
 - Rótulos
 - Aplicacións
     informáticas, páxinas web, apps e redes sociais
 - Deseño de
     marca
 
Na solicitude
de axudas, as liñas 1 e 2 non son excluíntes nin entre elas nin entre os
distintos servizos e investimentos que as configuran. O importe máximo que se
pode percibir por ambas as liñas é de 3.000 €.
No caso de reforma do local do negocio, exclúese da axuda o domicilio habitual da persoa traballadora autónoma, excepto no caso en que quede acreditado que é imprescindible para o desenvolvemento da actividade do negocio.