IMG_20240628_142606.png

AS FAMILIAS XA PODEN VOTAR OS TRABALLOS PRESENTADOS AO CONCURSO DE BANDA DESEÑADA

A Asociación de Empresarios de Redondela prepara no Multiusos da Xunqueira un espazo expositivo adicado aos proxectos presentados ao Concurso de Banda Deseñada.

Tras por en marcha un concurso de Banda deseñada con motivo das campaña de dinamización comercial que van dende o día do Pai, pasando Pascua e o día da Nai ata o día da Familia, agora a Asociación de Empresarios habilita, no Multiusos da Xunqueira coa colaboración do Concello de Redondela, un espazo expositivo para acoller os traballos presentados.

Agora é a quenda das familias!!!

Pais, nais, irmáns, avós, avoas, … son os superheroes protagonistas desta historia, motivo polo que agora convidamos ás familia a visitar a exposición e valorar e recoñecer os traballos realizados.

 

Durante as vindeiras semanas poderá depositarse os votos na urna instalada na propia sala de exposicións.