CARTEL-snr19.jpg

A NOITE MÁIS ESPECIAL DO ANO VOLVE A REDONDELA O VENRES 2 DE AGOSTO DA MAN DO FESTIVAL INTERNACIONAL DE ARTISTAS DE RÚA E A NOITE BRANCA DE COMPRAS.

A TEMÁTICA DA SHOPPING NIGHT DESTE AÑO SERÁ NOITE BRANCA DE COMPRAS.

O 2 de agosto en Redondela celebrase a Noite Branca de compras. Esta campaña organizada pola Asociación de Empresarios de Redondela conta co respaldo maioritario do comercio local, medio centenar de comercios e toda a hostalaría da localidade estará aberta con descontos e actividades que a convirte na noite de compras máis especial do ano.


Cada ano Redondela viste unha imaxe especial protagonizada pola temática elixida, esta noite será a NOITE BRANCA DE COMPRAS DO COMERCIO DE REDONDELA.


A decoración das rúas fará destacar de forma especial a todo o comercio asociado e a decoración interior dos locais vestirá de branco esta noite. Molinillos decorativos, alfombra branca e quilómetros de banderíns darán luz a esta noite en Redondela.


Os descontos nas coleccións de temporada chegan ata o 70% pero a estrela da noite será a PRESENTACIÓN E AVANCE DAS NOVAS COLECCIÓNS. Os pequenos comercios multimarca da localidade reciben en exclusiva o os avances das novas coleccións das principais marcas comerciais de moda con descontos do 10% e 20% en exclusiva para esta noite de presentación. Celebraranse DESFILES ITINERANTES que sorprenderán aos transeúntes polas rúas da Vila.
 A gastronomía tamén terá un oco especial esta noite na que poderemos atoparnos con postos de street food nas rúas e prazas.


 Os establecementos participan da celebración con múltiples actividades pero serán as espectaculares actuacións do FESTIVAL INTERNACIONAL DE ARTISTAS DE RÚA o que encha de espectáculo as rúas.  Seis compañías con espectáculos abraiantes e a actuación estelar de LUIS ZAHERA.


Descobre aquí todas as ofertas e descontos que os comercios teñen preparadas para ti.  
http://www.empresasredondela.gal/noticias/ofertas-e-descontos-da-noite-branca-de-compras  
Coñece aquí as actuacións do FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES:
http://redondela.gal/media/featured/attachment-1-22.pdf


19:30 e 23:00 > PASARRÚA.


A Danza dos Paxaros é un espectáculo de animación de rúa formado por seis actores e actrices e un actor principal, Luchi Iglesias, o ornitólogo que dirixe a esta particular bandada no seu danzar. Acompañados da

música, das súas vistosas vestimentas e sobre todo de moito humor e moito ritmo, os paxaros percorrerán as rúas, a praza ou o espazo que se lles dispoña facendo bailar a todos e todas as presentes.

 

 20:00 e 23:00 > PASARRÚA.



Os irmáns Quintá percorren o camiño de volta de San Andrés de Teixido á súa casa despois de cumprir a ofrenda que lle prometeran ao seu defunto avó de levalo a San Andrés en forma de caracol, xa que non fora de vivo. A sabendas de que o camiño ía ser lento viaxan nunha caravana-caracol que tamén serve de teatriño de títeres co que contan as historias e cancións que viron e escoitaron en San Andrés.

 

21:00 > ALAMEDA DE CASTELAO.



Unha muller forte, intelixente, atractiva e divertida topa cun home... estúpido. El ha facer o que sexa para estar con ela, e ela fará todo o posible por escapar. Ela é dona de si mesma, el é infantil. Veremos como a súa loita frenética se vai intensificando a medida que atopan un trapecio de balanceo, cordas aéreas e un hula-hoop de lume.

 

22:00 > PRAZA DA CONSTITUCIÓN.



O concerto está a piques de comezar. Os excéntricos irmáns rematan de preparalo todo cun calculado desorde. Pero aínda queda unha dúbida: Se Beethoven nacese

hoxe… ¿sería rockero ou malabarista? Efectivamente, eles tampouco o saben. Atopámonos unha vez máis ante unha estraña mestura entre a música, o circo e o humor… sobre todo humor.

 

22:30 > PRAZA PAZO DE PETÁN.



Un personaxe obsesivo, cuadriculado e meticuloso. Un ser único na súa especie rodeado dun sen fin de caixas que escapan ao seu control e coas que xoga para dar forma ao seu mundo. Do caos xurde un universo delirante onde inventa a risa, creando unha loucura cómica e transformándose nun novo ser cunha nova figura.

 

23:15 > PRAZA DA CASA DA TORRE (Monólogo).

LUIS ZAHERA