A Asociación de Empresarios de Redondela presenta unha campaña de Nadal marcada polo selo da ecoinnovación comercial.
Por primera vez a Praza de Abastos súmase en pleno á campaña de premios.
O coidado do medio ambiente ven sendo unha constante nas campañas de
dinamización comercial desenvolvidas pola Asociación de Empresarios de
Redondela pero neste caso acentúase xa que todos os materiais empregados contan
cunha distinción ambiental. Así as bolsas están realizadas en material
reciclado e impresas nunha tinta totalmente inocua de base acuosa que garante o
coidado do medio ambiente. Nos últimos dous exercicios a Asociación de
Empresarios ten contribuído notablemente a eliminación do plástico do circuíto
comercial distribuíndo entre os seus asociados máis de 20.000 bolsas de papel,
acción que se ten desenvolvido graza ao cofinanciamento da Xunta de Galicia a
través da Dirección Xeral de Comercio e que tamén esta Nadal conta coa
colaboración co Concello de Redondela o que nos permite duplicar o número de
bolsas que se entregarán no comercio da vila, aportación que é sen dúbida unha
gran axuda dado o importante custe que supón a entrega gratuíta de bolsas a
clientela.
A campaña de premios trae ao comercio de Redondela os clásicos BOLETOS DE
NADAL que se distribuíran polas compras que se realicen dende hoxe 5 de
decembro ata o 5 de xaneiro. Este formato de campaña permite que cada comercio teña unha urna de premios única e exclusiva xa
que en cada comercio poderá haber premios diferentes ademais do clásicos vales
de compra que nesta edición son de 300€, 200€, 100€ e 50€ que se sortearán ao
finalizar a campaña. O día do sorteo será o 15 de xaneiro.
Outra novidade desta campaña é a decoración
exterior dos comercios coa que se realza a presenza do comercio da Vila. Un
elemento decorativo común consistente nunha árbore iluminada e vinilos en forma
de destello fan que ao caer a tarde os comercios realcen a súa presenza e dean
un especial ambiente de Nadal a esta tradicional
vila comercial situada ao fondo da ría de Vigo na que as tendas, todas
diferentes e únicas, vense realzadas pola imaxe homoxénea da decoración de
Nadal.