CONVOCATORIA REDONDELA NO CAMIÑO
Queres participar? Convocatoria aberta ata o 21 de setembro de 2026

A campaña que conecta historia,
comercio e todos os camiños que construíron Redondela
REDONDELA NO CAMIÑO é unha campaña extraordinaria de dinamización
comercial que nace para poñer en valor a posición única de Redondela como punto
de confluencia de múltiples camiños: os dous trazados do Camiño Portugués
—a Variante Central e a Variante da Costa—, pero tamén os camiños históricos
que, ao longo de máis de 2.000 anos, configuraron a identidade da vila: rutas
prehistóricas, vías romanas, camiños medievais, percorridos marítimos e
fluviais, e máis tarde, o trazado ferroviario que impulsou o seu crecemento
económico.
Esta rede de camiños converte Redondela nun espazo
de encontro natural, un territorio de tránsito continuo onde miles de
persoas —peregrinos, visitantes e veciñanza— se relacionan cada ano co comercio
local, coa cultura e co patrimonio. A campaña aproveita esta singularidade para
activar o potencial económico, social e turístico da vila, reforzando a súa
identidade e creando novas oportunidades de negocio arredor do Camiño de
Santiago.
A campaña configúrase en varias accións:
FEIA COMERCIAL + RUTA COMERCIAL
FEIRA DE COMERCIAL

Infografíao do emprazamento inicialmente previsto
A Feira Comercial de REDONDELA NO CAMIÑO nace
como a evolución natural da tradicional Feira de Oportunidades cara a unha GRAN
FEIRA MULTISECTORIAL, concibida como un evento urbano de alto impacto que
reúne nun mesmo emprazamento o mellor do noso municipio.
Trátase dun encontro multidisciplinar que transforma o
corazón histórico de Redondela nun espazo vivo onde se mesturan:
- Comercio
local
- Artesanía
e oficios tradicionais
- Gastronomía
e produto de proximidade
- Servizos
profesionais
- Proxectos
creativos e iniciativas emprendedoras
A feira está deseñada para mostrar o talento, a
diversidade e a forza do tecido empresarial de Redondela, ofrecendo ao
público unha experiencia única que combina produto, cultura e identidade local.
Nun só espazo, visitantes, veciñanza e peregrinos
atoparán unha representación completa da vitalidade comercial da vila:
establecementos consolidados, marcas emerxentes, artesáns, profesionais,
creadoras e emprendedores que comparten o seu traballo nun ambiente dinámico,
participativo e aberto.
A Feira Comercial convértese así nun gran
escaparate da economía local, un punto de encontro que impulsa as vendas,
fortalece a visibilidade dos negocios e reforza a conexión entre comercio,
comunidade e Camiño de Santiago.
É moito máis ca unha feira: é unha celebración da identidade redondelá e unha oportunidade para que o público descubra, valore e apoie o talento que dá vida á vila.
RUTA COMERCIAL
Esta prevista a participación no propio establecemento contando cunha identificación visual durante os días de celebracion da campaña. Esta modalidade tamén permite a participación colaborativa con outras activiades convidadas a compartir o espazo comercial habitual.
PASAPORTE
Folleto de promoción e fidelización comercial. Todos os establecementos participantes terán presenza neste folleto concibido como un folleto intelixente para a interacción dixital.
EXPOSICIÓN: A HISTORIA COMERCIAL DE REDONDELA

Infografíao proxecto de exposición
Un percorrido visual pola evolución do comercio que construíu a identidade
da vila
A exposición “Redondela: A historia da vila comercial” é unha das accións
centrais de REDONDELA NO CAMIÑO: unha mostra ao aire libre que recupera a
memoria comercial da vila e pon en valor os espazos, os oficios e os
establecementos que, ao longo de séculos, definiron o carácter emprendedor de
Redondela.
Situarase na Praza de Ponteareas, un espazo de alta visibilidade e tránsito, a exposición convértese nun punto de atracción para veciñanza, visitantes e peregrinos, funcionando como elemento de difusión e conexión co resto das actividades da campaña.
Un proxecto colaborativo: chamamento aos establecementos
Ademaís de paneis expositivos xerais a exposición está deseñada como unha
iniciativa aberta e participativa, na que todos os establecementos de Redondela
poden contribuír achegando materiais que formen parte da memoria comercial da
vila.
Os negocios interesados poden colaborar aportando:
- fotografías antigas dos seus establecementos,
- rótulos, embalaxes ou elementos comerciais históricos,
- documentación, anuncios, facturas ou materiais gráficos,
- obxectos, utensilios ou produtos representativos da súa traxectoria.
Cada achega permitirá enriquecer a mostra e construír un relato colectivo
que recoñeza o papel fundamental do comercio na historia e na identidade de
Redondela.
Convocatoria para Empresas Asociadas
A Asociación de Empresarios de Redondela abre o prazo de inscrición para
todos os establecementos que desexen participar activamente nesta
edición de Comercio no Camiño.
Quen pode participar?Establecementos asociados dos seguintes sectores:
- Comercio minorista
- Artesanía e creación
- Hostalaría e gastronomía
- Servizos profesionais
- Proxectos culturais, artísticos ou turísticos vinculados ao municipio
- as persoas asociadas tamén poderán presentar calquera outro proxecto colaborativo con entidades, empresas ou artesanos que xustifiquen interacción, sinerxias ou intereses comerciais ou empresariais compartidos.
Como participarCompleta o formulario de inscrición e indica que aparece ao final da páxina, indicando os seguintes datos:
- Nome da empresa
- Persoa de contacto
- Teléfono ou email
Contactaremos contigo para coordinar todos os detalles de participación.
Prazo de inscriciónO prazo permanecerá aberto ata o 21 de setembro 2026 ou ata completar o número
máximo de participantes. Recoméndase inscribirse canto antes para garantir
praza.
Nota.- Dadas a particulares circunstacias concretaremos as condicións de participación comunicaremos as condicións de participación unha vez coñecidas todas as vontades de participación podendo desistir nese momento.
PARA INSCRIBIRSE NA ACTIVIDADE (cubre o seguinte formulario):