XORNADA NETWORKING: PRESENTACIÓN DAS AXUDAS DOS FONDOS EUROPEOS FEMPA


REDONDELA ACOLLE UNHA XORNADA CLAVE PARA IMPULSAR PROXECTOS DE ECONOMÍA AZUL VINCULADOS AO SECTOR PESQUEIRO E Á DIVERSIFICACIÓN LOCAL.

 

A Asociación de Empresarios de Redondela acollerá o vindeiro mércores, 28 de xaneiro, ás 13:00 horas, unha xornada informativa sobre a nova convocatoria de axudas do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), organizada polo GALP Ría de Vigo-A Guarda, en colaboración coa Consellería do Mar e o Concello de Redondela.

A xornada representa unha oportunidade estratéxica para que o tecido empresarial e social de Redondela se involucre no desenvolvemento sostible do seu entorno costeiro, aproveitando os recursos do FEMPA para xerar impacto económico, social e ambiental duradeiropolo que a xornada terá carácter aberto a todas as empresas do municipio e ao público en xeral.

Redondela, motor da economía azul galega

  • Redondela forma parte da zona GALP Ría de Vigo-A Guarda, que abrangue dez concellos costeiros e representa máis de 13.000 persoas traballadoras do mar.
  • O municipio destaca pola súa industria pesqueira, conserveira e loxística, así como polo seu tecido empresarial vinculado ao mar, á gastronomía e ao turismo.
  • A estratexia EDLP 2021–2027 do GALP prioriza accións en Redondela que fomenten a diversificación económica, a innovación e a valorización dos produtos do mar.

Oportunidades de financiamento para proxectos locais

A convocatoria 2026 (procedemento PE155A) contempla:

  • 6,9 millóns de euros en axudas para toda Galicia, con cofinanciamento do 70 % por fondos FEMPA e do 30 % pola Xunta de Galicia.
  • Proxectos subvencionables que promovan:
    • Creación de emprego e atracción de mocidade
    • Participación das mulleres no sector
    • Innovación na cadea de valor pesqueira
    • Diversificación dentro e fóra do sector pesqueiro
    • Valorización do patrimonio ambiental e cultural marítimo
  • As axudas están abertas a pemes, persoas físicas, entidades sen ánimo de lucro e administracións locais, sempre que actúen dentro do ámbito territorial do GALP e cumpran os requisitos técnicos, ambientais e económicos.

A xornada terá un formato técnido e de networking, orientado a facilitar a preparación de proxectos.

Data: mércores, 28 de xaneiro de 2026

  • Hora: 13:00 horas (duración aproximada 1 hora).
  • Lugar: Asociación de Empresarios de Redondela, Rúa 8 de marzo, 6-Redondela.
  • Inscrición e información:



IMÁGENES


    Volver