A VOLTA AO COLE COMEZA CON PREMIOS NO COMERCIO DE REDONDELA
Os gañadores do Concurso de Banda Deseñada leváronse cheques de compra por valor de 100€ para consumir na campaña de Volta o cole no comercio local.
A Asociación de Empresarios de Redondela clausurou o Concurso de Banda deseñada coa entrega dos premios aos gañadores.
Os premiados con cheques de compra por importe de 100€ foron para:
- Na categoría de 10 a 12 anos foi para: MARC PEDROSO BASTOS.
- Na categoría de 7-9 anos o premio foi para VERA LÓPEZ FERNÁNDEZ e AMAYA COUÑAGO OTERO.
- E o premio na categoría de 3-6 anos foi para MARCOS SAAVEDRA CASAL.