BANNER-AXUDAS-2025.jpg

SUBVENCIÓN DE APOIO AO EMPRENDEMENTO 2025

Procedemento TR880

Subvencións ao  EMPRENDEMENTO para as persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas empresas, incluíndo cooperativas e sociedades laborais e mutualistas, que se atopen de alta e iniciasen a súa actividade económica dende o 1 de xaneiro de 2023 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2025.

 

 

Obxecto da axuda

Fomentar o emprendemento e o emprego de calidade mediante o apoio a investimentos realizados entre o 1 de xullo de 2024 e a data de presentación da solicitude.

 

Persoas beneficiarias

  • Autónomos/as, mutualistas, pemes, cooperativas e sociedades laborais con domicilio fiscal en Galicia.
  • Que iniciaran actividade desde o 1 de xaneiro de 2023.
  • Exclúense os proxectos que xa recibiron axuda nas convocatorias de 2022, 2023 ou 2024.

 

Investimentos subvencionables

  • Serán subvencionables os investimentos que correspondan de xeito indubidable ao proxecto empresarial constituído ou dado de alta, segundo a natureza xurídica da entidade de que se trate, e que teña iniciado a súa actividade económica dende o 1 de xaneiro de 2023. En concreto:

    1º. Equipamento informático.

    2º. Activos intanxibles: activos que non teñen unha materialización física ou financeira.

    3º. Investimentos en eficiencia enerxética.

    4º. Adquisición de bens de equipamento e mobiliario.

    5º. Reforma e habilitación das instalacións do local de negocio.

    6º. Gastos notariais e/ou rexistrais (gasto corrente).

    7º. Gastos de alugamento de inmobles para a realización da actividade para a que se solicita a subvención (gasto corrente).

    8º. A adquisición de activos pertencentes a un establecemento ou de bens de equipo de segunda man serán subvencionables sempre que cumpran os requisitos establecidos.

    A contía da axuda terá as seguintes porcentaxes de intensidade en función do rango de investimento total realizado:

    a) Con investimentos de 5.000 € ou máis ata un límite de 20.000 €, a contía da axuda será do 55 % do investimento.

    b) Con investimentos de 20.001 € ou máis ata un límite de 30.000 €, a contía da axuda será do 50 % do investimento.

    c) Con investimentos de 30.001 € ou máis ata un límite de 60.000 €, a contía da axuda será do 45 % do investimento.

    No suposto de que o proxecto de investimento evite o peche dun negocio por falta de remuda xeracional e facilite que a persoa interesada en emprender teña a posibilidade de recoller a testemuña dun negocio xa viable economicamente, a porcentaxe de intensidade en función do rango de investimento total realizado establecida neste artigo incrementarase nun 10 %.

 

Nota: Os bens deben ser adquiridos en propiedade e estar pagados entre o 01/07/2024 e a data de solicitude. Non se subvencionan impostos nin compras a persoas relacionadas.

 

Contía da axuda

Segundo o investimento realizado:

  • 5.000 € – 20.000 € 55 %
  • 20.001 € – 30.000 € 50 %
  • 30.001 € – 60.000 € 45 %

 

+10 % adicional se o proxecto garante a continuidade dun negocio existente por falta de remuda xeracional.

 

Prazo de solicitude

Do 21 de maio ás 00:00 h ata o 30 de xuño de 2025 ás 23:59 h.

 

 

NORMATIVA:

·       Orde do 28 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento e se procede á súa convocatoria para a anualidade de 2025 (DOG nº 90 do 13 de maio de 2025).

Ligazón á normativa
 

·     Extracto da Orde do 28 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento e se procede á súa convocatoria para a anualidade de 2025 (DOG nº 90 do 13 de maio de 2025).

 Ligazón á normativa

 

TRAMITAR ON LINE