PROGRAMA D E AXUDAS PARA A INSTALACIÓN, REFORMA DAS TERRAZAS E ADQUSICIÓN DE ELEMENTOS DE ENVASADO E EMPAQUETADO PARA O SERVIZO DE CONSUMO NO DOMICILIO
RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2020 pola que se dá publicidade doAcordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudaspara a instalación, reforma e adaptación das terrazas dos establecementosde hostalaría e restauración e a adquisición de elementos de envasado eempaquetado para o servizo de consumo no domicilio, cofinanciadas polo FondoEuropeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo FederGalicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencianon competitiva para o ano 2021 (código de procedemento IG524E)
Contía da axuda
A contía da axuda será do 80 % dos conceptos subvencionables, cun investimento subvencionable mínimo por solicitude de 1.500 €.
- Para as actuacións previstas no artigo 6.2.a) o investimento máximo subvencionable será de 14.000 €.
- Para as actuacións previstas no artigo 6.2.b) o investimento máximo subvencionable será de 7.000 €.
- Para as actuacións previstas no artigo 6.2.c) o investimento máximo subvencionable será de 4.000 €.
A natureza desta subvención xustifica realizar pagamentos anticipados que supoñerán
entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario
para poder levar a cabo as actuacións inherentes a ela de ata un 50 % da subvención
concedida.