BANNER-SOMBRA-WEB-FERIA-OPORTUNIDADES.jpg

FEIRA ANUAL DE OPORTUNIDADES 2022

O sábado 1 e domingo 2 de outubro a Alameda de Redondela volverá a acoller unha nova edición da Feira Anual de Oportunidades.


A FEIRA DE OPORTUNIDADES: UNHA INICIATIVA PARA REIMPULSAR AO PEQUENO COMERCIO QUE RECUPERA O SEU FORMATO MÁIS TRADICIONAL NA ALAMEDA DE REDONDELA PERO CUNHA IMAXE TOTALMENTE RENOVADA.

A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA RECUPERA A VERSIÓN MÁIS OFFLINE DAS  SÚAS ACTUACIÓNS DE DINAMIZACIÓN PARA REIMPULSAR O COMERCIO LOCAL COA TRADICIONAL FEIRA DE OPORTUNIDADES.

Reinventar este formato tradicional despois de  dous anos de pandemia e recuperar o escenario da Alameda de Redondela resulta todo un reto organizativo para acoller a todo o comercio da vila. O recinto feiral permitirá acoller a 30 establecementos expositores que se darán cita o sábado 1 e domingo 2 de outubro.

Moda, calzado e complementos supoñen o 70% da oferta nesta feira na que tamén poderemos atopar alimentación, vehículos, decoración e beleza de benestar.

A recuperación de actividades e zonas de ocio infantil será outro dos atractivos deste evento que combinará compras, diversión e premios en Redondela.

Os premios: A gran sorpresa está reservada á xornada dominical na que se sortearán 1.000€, en tarxeta de compra de 30€ e 50€ da man da Campaña COMPRAR NO TEU COMERCIO TEN PREMIOS que se realiza en colaboración coa Federación Galega de Comercio. Durante a mañá do domingo instalarase unha carpa na que a clientela poderá trocar todos os tickets de compras superiores a 10€ realizadas durante a semana do 26 de setembro ao 1 de outubro por participacións para o sorteo que terá lugar esa mesma mañá sobre as 13:30h.


O Concello de Redondela colabora neste evento cun importante despregamento de medios humanos para dotar ao recinto de servizos como iluminación, limpeza, coordinación do tráfico e as actuación musicais que terán lugar no espazo feiral na sesión vermú do sábado e do domingo ás 12:30h e unha sesión merenda especial ás 18:00h.  Ademais, o Concello de Redondela, para mellorar e facilitar a accesibilidade a Redondela habilitará zonas de aparcamento especial na zona de Vilavella que potenciarán o paseo por toda a vila ata o recito feiral e o canxe de tickets de compra por horas de parking gratuíto. O canxe dos tickets de compra por parking poderá realizarse no stand informativo do recinto feiral. Esta promoción permitirá á clientela aparcar gratis mentres realiza as súas compras na feira e estará activa ata esgotar as existencias da promoción especial que se realizará con motivo da celebración da Feira de Oportunidades.



 





Etiquetado como #feria de oportunidades