BANNER-WEB-BASES.png

CONCURSO DE BANDA DESEÑADA

Héroes e heroínas na familia!





Do 15 de marzo ao 15 de maio no marco das campañas de dinamización comercial do día do Pai, do día da Nai, Pascua e o Día da Familia pomos en marcha un singular concurso de BANDA DESEÑADA, co obxectivo de fomentar o coñecemento deste medio de expresión artística, que integra texto e imaxe, fomentado o uso da lingua galega e propiciando a interacción da poboación máis nova cos negocios locais, xerando unha maior vinculación e familiaridade. Ademais, a través deste concurso procuramos o fomento do uso da lingua galega e da creatividade da poboación máis nova.

 



Descarga as plantillas sobre as que realizar o teu proxecto de banda deseñada. Hai 3 modelos diferentes. 

Plantila 1Plantilla 2 Plantilla 3

Tamén podes crear a túa propia plantilla respetando a dimensión DIN A4.






Crea o teu proxecto de banda deseña. Cada proxecto poderá ter ata un máximo de 5 follas. 

Se o número de follas e mair que unha debes numeralas indicando en número de páxina e o número total.

Nas bases tes toda a información.






Presenta o teu proxecto de banda deseñada cubrindo o formulario de inscripción de presentao en calquera dos lugares indicados.






 


BASES DO CONCURSO 

 

Temática

Cada proxecto deberá ter como protagonista (heroe ou heroína) algún membro da familia ou do entorno familiar.  Os heroes ou heroínas da historia poderán ser, por exemplo: o pai, a nai, a madriña, o padriño, o/a avó/-a, tío/-a, o/a irmá/-n, a mascota, etc.

O tema da historia será de libre elección.


Quen pode participar?

 

Poderán participar neste concurso todas as persoas interesadas, entre 3 e 12 años, nas seguintes categorías:

Categoría A: entre 3 e 6 anos

Categoría B: entre 7 e 9 anos

Categoría C: entre  10 e 12 anos

A candidatura será presentada por unha soa persoa representante pero a participación poderá ser individual ou colectiva, se ben a concesión dos premios para cada unha das categorías non variará en función dese factor.

 

Formato

Os proxectos realizaranse nas plantillas que estarán dispoñibles nos establecementos, centros escolares  ou entidades colaboradoras co concurso. Tamén se poden descargar no espazo web https://www.empresasredondela.gal/noticias/concurso-de-banda-desenada ou nun formato propio pero respectando o tamaño DIN-A4.

O número de páxinas por proxecto será entre unha, como mínimo, e cinco, como máximo. No caso de presentar máis de unha páxina estas deberán estar numeradas indicando o total de páxinas en cada páxina ( Exemplo: 1 de 10, 2 de 10, etc.).

Será decisión dos autores ou das autoras a técnica a empregar, a presenza ou non da cor nas obras. Os deseños poderán estar realizados a man ou en formato dixital.

 

O estilo, tratamento e xénero son libres.

 

Os traballos deberán ser orixinais e inéditos.

 

Uso da lingua galega

Todos os textos que se inclúan na obra deberán estar redactados en galego aínda que tamén se poderán presentar traballos sen texto.

 


Como participar?

As persoas interesadas en concorrer presentarán o traballo realizado xunto coa folla de inscrición, que atoparán dispoñible nos lugares de presentación e na web https://www.empresasredondela.gal/noticias/concurso-de-banda-desenada  , a través de:

·        Establecementos, entidades e centros colaboradores (ver)

·        Na sede da Asociación de empresarios de Redondela (R/ José Regojo, 2-1ºB- 36800 Redondela)

·        Ou través do enderezo electrónico

 info@empresasredondela.gal

 

Prazo de presentación de proxectos

O prazo de presentación irá desde o día 15 de marzo ao 15 de maio de 2024, ambos incluídos.

 


Premios

Premio Categoría A: Diploma e lote de produtos de material escolar ou vale de compra de 100€ para consumir nunha libraría local asociada.

Premio Categoría B: Diploma e lote de produtos de material escolar ou vale de compra de 100€ para consumir nunha libraría local asociada.

Premio Categoría C: Diploma e lote de produtos de material escolar ou vale de compra de 100€ para consumir nunha libraría local asociada.


A organización reservase o dereito a modificar os premios deste concurso.

 

Ademais dos premios, o Xurado poderá reservarse o dereito de facer Mencións Especiais respecto daquelas obras que estime como merecedoras delas.

 

O Xurado poderá declarar os premios desertos. 


Xurado

O xurado será designado pola Asociación de Empresarios de Redondela entre os representantes das organizacións e entidades colaboradoras.

 

 

Aceptación das bases

Ao participar, o autor/a cede os dereitos a difundir ou publicar a banda deseñada total ou parcialmente no medio que a organización considere oportuno.


A participación neste concurso supón a plena aceptación das presentes bases e a conformidade coas decisións do xurado.