CAMPAÑA DÍA DO PAI 2024
Coa campaña do día do Pai arranca un novo ciclo de Campañas de promoción comercial en datas ou períodos comerciais que se extenderá ata o mes de maio co día da Nai e da Familia, parasando pola campaña de Pascua.
A banda deseñada será a protagonista deste novo ciclo de campañas comerciais.
Infórmate aquí dos superagasallos para regalar no día do Pai e de como participar no Concurso de Banda deseñada.
Do 15 de marzo ao 15 de maio no marco das campañas de dinamización comercial do día do Pai, do día da Nai, Pascua e o Día da Familia pomos en marcha un singular concurso de BANDA DESEÑADA, co obxectivo de fomentar o coñecemento deste medio de expresión artística, que integra texto e imaxe, fomentado o uso da lingua galega e propiciando a interacción da poboación máis nova cos negocios locais, xerando unha maior vinculación e familiaridade. Ademais, a través deste concurso procuramos o fomento do uso da lingua galega e da creatividade da poboación máis nova.
Consulta aquí as bases do concurso e como participar.
Documentos relacionados
- Plantilla comic 2.pdf
- Plantilla comic 1.pdf
- Plantilla comic 3.pdf
- BASES DO CONCURSO.pdf
- Formulario de inscrición.pdf
- Formulario de inscrición-dixital.pdf