AS PRAZAS DE ABASTOS DE REDONDELA POÑEN EN VALOR OS PRODUTOS KM-0.
Os modelos de xestión retallista dos praceiros e praceiras están a garantir subministración dos produtos de maior calidade nas prazas de abastos.
Os lineais das pequenas Prazas de Abastos da
localidade están a resistir os grandes problemas loxísticos que está a causar a
folga no transporte. O produto de proximidade e os modelos de autoxestión están
a por de manifesto as vantaxes do consumo de proximidade nun contexto como o
actual.
Dende o colectivo esperan que pronto se solucione a situación e poder traballar tamén con normalidade con outros produtos foráneos.
Este
sábado 19 de marzo as Praza de Abastos de Redondela manterán a actividade habitual.