FOTO NOTICIA WEB-PRESENTACIÓN CAMPAÑA DE NADAL.jpg

A XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE REDONDELA ANUNCIA QUE A SÚA CAMPAÑA DE NADAL ESTARÁ CENTRADA EN ACCIÓNS PARA GARANTIR A ACCESIBILIDADE AO CENTRO COMERCIAL ABERTO, MEDIANTE A DISTRIBUCIÓN DE BONOS DE APARCADOIRO GRATUÍTOS.

AS DIFICULTADES CRECIENTES DE ACCESO AO CENTRO URBANO E A ESCASEZA DE PRAZAS DE ESTACIONAMENTO CONSTITÚEN HOXE A PRINCIPAL AMEAZA PARA O COMERCIO DE PROXIMIDADE EN REDONDELA.

BONOS DE PARKING

A pesar de contar con dúas zonas de aparcadoiro en superficie e un parking subterráneo de xestión privada, a realidade é que a demanda supera con moito a oferta. A situación é tan grave que baixos comerciais están a ser reconvertidos en garaxes, mentres que o aparcadoiro privado pendura a diario o cartel de “Completo”, especialmente nas xornadas de Feira municipal, onde o colapso é permanente durante toda a mañá.

Ante esta realidade insostible, a Asociación de Empresas de pon en marcha un sistema de bonificación de aparcadoiro durante a duración da Campaña de Nadal:

  • Cada establecemento asociado que participe na campaña disporá dun pack de bonos gratuítos.
  • A través dunha aplicación sinxela, os comercios rexistrarán os tickets de compra vinculados a cada bono de aparcadoiro entregado.
  • O sistema estará operativo do 15 de decembro ao 5 de xaneiro, coincidindo co período de maior actividade comercial.

Con esta iniciativa, o empresariado local reivindica o dereito da veciñanza a acceder con comodidade ao comercio de proximidade, sen que a falta de aparcadoiro se converta nunha barreira insalvable que faga vencedor ao comercio online ou ás superficies comerciais da veciña urbe viguesa.

Estaba prevista para esta mañá unha reunión co recentemente designado Concelleiro de Comercio de Redondela, que finalmente non se puido celebrar por motivos de última hora. A Asociación confía en que o Concello apoie esta iniciativa e sume novas propostas na procura de medidas correctoras.

É imprescindible que se actúe con urxencia na xestión da accesibilidade, especialmente nas franxas de tarde, cando o regreso das persoas traballadoras doutros municipios converte as rúas Pai Crespo e José Regojo nun auténtico caos viario. Estas arterias, vitais para o acceso ao centro, non poden seguir sendo un tapón permanente que afoga ao comercio local.

O empresariado de Redondela alza a voz xa que sen accesibilidade, non hai comercio; sen comercio nin hostalaría, non hai vida no centro da vila. Esta campaña de Nadal é só un primeiro paso, pero a solución definitiva require compromiso político e acción inmediata.

 

Na presentación da Campaña de Nadal anunciamos tamén a posta en marcha dos BONOS COMERCIO LOCAL e un novo xogo DAS BOLAS MÁXICAS que estará presente tanto na rúa, prazas de abastos como nos comercios.