fto 2.jpg

A RULETA DA SORTE DA PRAZA DE ABASTOS DE REDONDELA TRAE OS AGASALLOS MÁIS FRESCOS DO NADAL

Centos de premios directos e vales de compra para mercar na Praza de Abastos de Redondela.


A Ruleta da Sorte da Praza de Abastos celebrado o 22 de decembro de 2021 tivo unha gran acollida por parte da clientela, na que esta mañá se repartiron centos de premios.


Ademais de artigos promocionais como paraugas, botellas ou mandís a ruleta contou cos agasallos máis frescos do Nadal como: bacallau, pescada, rape, zamburiñas e moitos outros produtos frescos que podemos atopar no mercado, ademáis de 20 vales de compra para seguir mercando durante estas datas na praza de abastos.

 

Ante o éxito da iniciativa espérase poder repetir esta actividade e que ninguén se quede sen premio. Nos vindeiros días anunciarase a nova data na que se repetirá esta iniciativa promovida pola Asociación de Empresarios de Redondela en colaboración co Concello de Redondela.

 

Os establecementos da praza seguen da repartir boletos nos que se poden gañar tiradas na ruleta da sorte e entrar no sorteo de vales de compra.

 

As primeiras valoracións dos praceiros foron moi positivas e expresaron o seu desexo de repetir esta iniciativa en máis ocasións.

 




A Asociación de Empresarios de Redondela, en colaboración co Concello de Redondela organizan unha actividade para a dinamización deste tradicional espazo comercial.

A Praza de Abastos convértese estas datas de Nadal nunha visita obrigada para a clientela que guste de saborear os produtos máis frescos. Peixes, mariscos, bacallau, carnes e un sen fin de froitas de verduras son ingredientes imprescindibles para calquera elaboración culinaria e as prazas son o principal referente de calidade e frescura e este Nadal a praza quere agradecer  a súa clientela mais fiel con centos de premios directos que se darán cita mañá na RULETA DA SORTE DA PRAZA DE ABASTOS. A cita é mañá 22 de decembro de 2021 en horario de 11:00-13:00h.

Desde o pasado 10 de decembro polas compras realizadas na Praza de Abastos á clientela recibiu boletos e moitos deles con tiradas para participar nesta ruleta da sorte na que ademais de centos de premios directos poderemos gañar vales de compra para mercar nos establecementos do mercado.