1-A.jpg

A CRISE SANITARIA COVID-19. INFORMACIÓN DE INTERESE PARA EMPRESAS.

Aquí podes acceder a toda a información relevante para as empresas en relación a crise do CORONAVIRUS.


Martes, 20 de abril de 2021

RESOLUCION do 15 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se determinan os territorios para os efectos da aplicación da obriga de comunicación prevista na Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios.




Venres, 16 de abril de 2021


DECRETO 60/2021, do 16 de abril, polo que se modifica o Decreto 45/2021, do 17 de marzo, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo REal decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS.CoV-2.

ORDE do 16 de abril de 2021 pola que se modifica o anexo II da Orde do 17 de marzo de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

 



Mércores, 14 de abril de 2021


DECRETO 59/2021, do 14 de abril, polo que se modifica o Decreto 45/2021, do 17 de marzo, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.


Limitación da mobilidade nocturna:

Durante o período comprendido entre as 23.00 e as 6.00 horas as persoas únicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para realizaren as seguintes actividades:

a) Adquisición de medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade.

b) Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.

c) Asistencia a centros de atención veterinaria por motivos de urxencia.

d) Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais.

e) Retorno ao lugar de residencia habitual, tras realizar algunhas das actividades previstas neste punto.

f) Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.

g) Por causa de forza maior ou situación de necesidade.

h) Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.

i) Abastecemento en gasolineiras ou estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización das actividades previstas nos parágrafos anteriores.


A eficacia das medidas previstas neste decreto comezará ás 00.00 horas do día 16 de abril de 2021.


ORDE do 14 de abril de 2021 pola que se modifica a Orde do 25 de febreiro de abril de 2021 pola que se establecen as actuacións necesarias para a posta en marcha do Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.

- Deberán distribuírse no local de xeito homoxéneo as mesas e cadeiras posibles dentro da porcentaxe máxima de uso interior establecida dispoñible, evitando a súa concentración en espazos concretos, especialmente naqueles establecementos que dispoñen de varias salas ou comedores. Nos casos en que se dispón de varias salas ou comedores, a superficie dos que permanezan sen uso non computarán para os efectos do cálculo da capacidade interior do establecemento.

- Requisitos aplicables nos establecementos que teñan título municipal habilitante de restaurante que utilicen a opción de ampliar o seu horario de peche máis alá do horario estipulado para os restantes establecementos de hostalaría:

        1. A xestión da ocupación das mesas para o servizo de ceas deberá levarse a cabo mediante a reserva ou citación previa.

        2. Levarase un rexistro dos clientes do servizo de ceas que inclúa nome e apelidos, DNI e número de teléfono; a persoa responsable do establecemento terá a obriga de custodialo durante polo menos un mes despois do evento, coa información do contacto dispoñible para as autoridades sanitarias e cumprindo coas normas de protección de datos de carácter persoal.

        3. Garantirase a correcta ventilación do local que se obxectivará a través da utilización de dispositivos medidores de CO2 , que deberán dispor dunha pantalla que mostre os niveis de CO2 en tempo real nunha zona visible para os usuarios. Estes dispositivos deberán levar a marcación CE. Non se situarán preto das xanelas, portas ou outros puntos de ventilación. No caso de sistemas mecánicos de ventilación, débese asegurar en todo caso o nivel de CO2 interior e persoal cualificado documentará o mantemento adecuado e as actuacións realizadas.

As medidas previstas nesta orde terán efectos a partir das 00.00 do 16 de abril de 2021. A obriga de utilización de dispositivos medidores de CO2 terá efectos a partir das 00.00 do día 23 de abril de 2021.

ORDE do 14 de abril de 2021 pola que se modifica  a Orde do 17 de marzo de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

     




Viernes, 9 de abril de 2021

DECRETO 58/2021, do 9 de abril, polo que se modifica o Decreto 45/2021, do 17 de marzo, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.





Mércores, 7 de abril de 2021


DECRETO 54/2021, do 7 de abril, polo que se modifica o Decreto 45/2021, do 17 de marzo, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galizia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións cuasadas polo SARS-CoV-2.

- No territorio dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia limitarase a permanencia de grupos de persoas a un máximo de catro en espazos pechados, e de seis en espazos abertos ou ao aire libre, sexan de uso público ou privado, agás que se trate de convivintes. No caso de agrupacións en que se inclúan tanto persoas conviventes como persoas non conviventes, o número máximo destas será de catro ou seis persoas en función de si se reúnen en espazos pechados ou abertos».

A eficacia desta medida producirá efectos a partires das 00.00 horas do día 10 de abril de 2021.

- Concellos en que son aplicables limitacións específicas de entrada e saída de persoas, de permanencia de grupos de persoas en espazos públicos ou privados e de permanencia en lugares de culto: Grove (O). Pobra do Caramiñal (A).

A eficacia desta medida comezará ás 00.00 horas do día 8 de abril de 2021.


ORDE do 7 de abril de 2021 pola que se modifica a Orde do 17 de marzo de 2021 pola que se entablecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.







Martes, 6 de abril de 2021


RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2021, da Dirección Xeral de Saúde Pública, na que se determinan os territorios para os efectos da aplicación da obriga de comunicación prevista na Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios.





Mércores, 31 de marzo de 2021

ORDE do 31 de marzo de 2021 pola que se modifica a Orde do 17 de marzo de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia. 






Martes, 30 de marzo de 2021


Ley 2/2021, de 29 de marzo, de medidas urgentes de prevención, contención y coordinación para hacer frente a la crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19.


https://www.boe.es/boe/dias/2021/03/30/pdfs/BOE-A-2021-4908.pdf






Mércores, 25 de marzo de 2021

ORDE do 24 de marzo de 2021 pola que se modifica o anexo II da Orde do 17 demarzo de 2021, pola que se establecen medidas de prevención específicas comoconsecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19na Comunidade Autónoma de Galicia.





Mércores, 23 de marzo de 2021


RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2021, da Dirección Xeral de Saúde Pública,pola que se determinan os territorios para os efectos da aplicación da obriga decomunicación prevista na Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecenmedidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polaCOVID-19, en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia depersoas procedentes doutros territorios.







Mércores, 17 de marzo de 2021


DECRETO 45/2021, do 17 de marzo, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.

CAMBIOS NAS RESTICCIÓNS 18 DE MARZO DE 2021


Limitación da permanencia de grupos de persoas en espazos públicos ou privados no Concello de Redondela:

- Limitarase a permanencia de grupos de persoas a un máximo de catro en espazos pechados de uso público e de seis en espazos abertos ou ao aire libre de uso público. En espazos de uso privado, a permanencia de grupos de persoas quedará limitada aos constituídos exclusivamente por persoas conviventes.


ORDE do 17 de marzo de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.



ORDE do 17 de marzo de 2021 pola que se modifica a Orde do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen as actuacións necesarias para a posta en marcha do Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.






Venres, 12 de marzo de 2021


DECRETO 42/2021, de 12 de marzo, por el que se modifica el Decreto 31/2021, de 25 de febrero, por el que se adoptan medidas en el territorio de la Comunidad Autónoma de Galicia para hacer frente a la crisis sanitaria, en la condición de autoridad competente delegada en el marco de lo dispuesto por el Real decreto 926/2020, de 25 de octubre, por el que se declara el estado de alarma para contener la propagación de infecciones causadas por el SARS-CoV-2.


ORDEN de 12 de marzo de 2021 por la que se modifica el anexo II de la Orden de 25 de febrero de 2021 por la que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia de la evolución de la situación epidemiológica derivada del COVID-19 en la Comunidad Autónoma de Galicia.





Venres, 12 de marzo de 2021


Resolución de 11 de marzo de 2021, de la Secretaría de Estado de Sanidad, por la que se publica el Acuerdo del Consejo Interterritorial del Sistema Nacional de Salud sobre la declaración de actuaciones coordinadas frente a la COVID-19 con motivo de la festividad de San José y de la Semana Santa de 2021.

https://www.boe.es/boe/dias/2021/03/12/pdfs/BOE-A-2021-3841.pdf






Martes, 9 de marzo de 2021

LISTADO DE TERRITORIOS QUE DEBERÁN COMUNICAR OS DATOS DE CONTACTO E DA SÚA ESTADÍA NA COMUNIDADES AUTÓNOMA DE GALICIA


RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2021, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se determinan os territorios para os efectos da aplicación da obriga de comunicación prevista na Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios.



Venres, 5 de marzo de 2021

NOVAS RESTRICCIÓNS 8 DE MARZO DE 2021


DECRETO 39/2021, de 5 de marzo, por el que se modifica el Decreto 31/2021, de 25 de febrero, por el que se adoptan medidas en el territorio de la Comunidad Autónoma de Galicia para hacer frente a la crisis sanitaria, en condición de autoridad competente delegada en el marco de lo dispuesto por el Real decreto 926/2020, de 25 de octubre, por el que se declara el estado de alarma para contener la propagación de infecciones causadas por el SARS-CoV-2.




ORDEN de 5 de marzo de 2021 por la que se modifica el anexo II de la Orden de 25 de febrero de 2021 por la que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia de la evolución de la situación epidemiológica derivada de la COVID-19 en la Comunidad Autónoma de Galicia.




Xoves, 4 de marzo de 2021.

NOVAS RESTRICCIÓNS 5 DE MARZO DE 2021


DECRETO 31/2021, do 25 de febreiro, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.


 

ORDE do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.


  

ORDE do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen as actuacións necesarias para a posta en marcha do Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.





Xoves, 25 de febreiro de 2021.

DECRETO 31/2021, de 25 de febrero, por el que se adoptan medidas en elterritorio de la Comunidad Autónoma de Galicia para hacer frente a la crisissanitaria, en la condición de autoridad competente delegada en el marco de lodispuesto por el Real decreto 926/2020, de 25 de octubre, por el que se declarael estado de alarma para contener la propagación de infecciones causadas por elSARS-CoV-2.

 

ORDEN de 25 de febrero de 2021 por la que se establecen medidas deprevención específicas como consecuencia de la evolución de la situaciónepidemiológica derivada de la COVID-19 en la Comunidad Autónoma de Galicia.

 

ORDEN de 25 de febrero de 2021 por la que se establecen las actuacionesnecesarias para la puesta en marcha del Plan de hostelería segura de laComunidad Autónoma de Galicia. 


RESUMO PLAN HOSTALARÍA SEGURA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA


1. Os establecementos deberán expoñer, nun lugar visible tanto para clientes como para autoridades sanitarias, os aforos máximo interior e exterior, a porcentaxe máxima de uso establecido en cada momento e o aforo máximo interior e exterior resultado da aplicación da porcentaxe.


2. Para facilitar o coñecemento de cumplimento das reglas de aforo as persoas usuarias e traballadoras, as mesas e sillas montadas deberán corresponder cos aforos permitidos en condicións normais, e se procede a inutilizar, mediante bandas ou adhesivos, as mesas e sillas que sexa necesario para que só poidanse utilizar as correspondentes ás porcentaxes de uso.


3. A persoa titular do establecemento obterá un código QR na seguinte ligazón.


4. A implantación do Plan de hostalaría segura establece un plan de control e inspección. Os  Concellos efectuarán visitas de inspección co obxeto de control e comprobación do cumprimento das seguintes medidas:

- Que expuseron no exterior do local o aforo máximo permitido de acordo aos modelos de cartelería posto a disposición polas autoridades sanitarias.

- Que se cumpre a porcentaxe máxima de aforo establecida en cada momento durante a situaciñon da pandemia.

- Que a apertura e o peche do establecemento están dentroo do horario establecido.

- Que os clientes e os empregados do local cumpren as medidas de seguridade interpersoal en canto as distancias e ao uso de máscara.


 





Luns, 15 de febreiro de 2021

ORDE do 15 de febreiro de 2021 pola que se dispón a prórroga e a modificación das medidas de prevención específicas previstas na Orde do 26 de xaneiro de 2021, como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

RESUMO DE MEDIDAS:

  • Comercio: recupera o seu horario este mércores 17 de febreiro cun aforo do 50%. Os centros comerciais permanecerán pechados os fins de semana.
  • Restaurantes: os únicos establecementos hostaleiros que poderán recuperar a súa actividade son aqueles ubicados nas áreas de servizopara atender aos transportistas de forma individual.
  • Actividade cultural: Reábrense bibliotecas, arquivos, museos, salas de exposicións, cinemas e auditorios cun 30% de capacidade máxima.
  • Residencias: Desescalada desde o vindeiro mércores en residencias que completasen ciclo de vacinas fai dez ou máis días. Tres visitas á semana con dous familiares de referencia.
  • Mantense o peche perimetral por Concello.





Martes, 9 de febreiro de 2021

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Saúde Pública,en que se determinan os territorios para os efectos da aplicación da obriga decomunicación prevista na Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecenmedidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada poloCOVID-19, en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia depersoas procedentes doutros territorios.




Martes, 26 de xaneiro de 2021.

ORDE do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevenciónespecíficas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxicaderivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia

Recoméndaselles ás persoas maiores de 75 anos, ás persoas vulnerables ao COVID-19 e a aquelas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que se poida ver agravada polo uso da máscara ou que presenten algunha alteración que faga inviable a súa utilización, que eviten na súa actividade diaria as saídas nas horas de previsible afluencia ou concentración de persoas na vía pública e en espazos ou establecementos abertos ao público, co fin de reducir os riscos derivados da coincidencia con outras persoas.

Mantense, en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, o peche das actividades de festas, verbenas e outros eventos populares, así como das atraccións de feiras.




Medidas de prevención específicas aplicables na Comunidade Autónoma de Galicia

As medidas previstas nesta orde terán efectos desde as 00.00 horas do día 27 de xaneiro de 2021, e estenderán a súa eficacia ata o 17 de febreiro de 2021.



Establecementos e locais comerciais retallista e de actividades de servizos profesionais abertos ao público que non formen parte de centros ou parques comerciais.

Os establecementos e locais comerciais retallistas e de actividades de servizos profesionais abertos ao público que non formen parte de centros ou parques comerciais non poderán superar o cincuenta por cento da súa capacidade total. No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares, a presenza de clientes en cada un deles deberá gardar esta mesma proporción.

Os establecementos e locais comerciais retallistas abertos ao público que non formen parte de centros ou parques comerciais pecharán ás 18.00 horas, salvo que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente, un horario inferior.

Exceptúanse do disposto no punto anterior as seguintes actividades comerciais, que poderán pechar ás 21.30 horas, salvo que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente, un horario inferior ou superior.

a) Comercio polo miúdo en establecementos non especializados, con predominio en produtos alimenticios, bebidas e tabaco.

b) Comercio polo miúdo de froitas e hortalizas en establecementos especializados.

c) Comercio polo miúdo de carne e produtos cárnicos en establecementos especializados.

d) Comercio polo miúdo de peixes e mariscos en establecementos especializados.

e) Comercio polo miúdo de pan e produtos de panadería, confeitaría e pastelaría en establecementos especializados.

f) Comercio polo miúdo de bebidas en establecementos especializados.

g) Outro comercio polo miúdo de produtos alimenticios en establecementos especializados.

h) Comercio polo miúdo de combustible para a automoción en establecementos especializados

.i) Comercio polo miúdo de artigos médicos e ortopédicos en establecementos especializados.

j) Comercio polo miúdo de produtos farmacéuticos en establecementos especializados.

k) Comercio polo miúdo de alimentos para animais de compañía en establecementos especializados.

Deberá prestarse un servizo de atención preferente a maiores de 65 anos



Establecementos que teñan a condición de centros e parques comerciais ou que formen parte deles e grandes superficies.

1. Os establecementos e locais comerciais retallistas e de actividades de servizos profesionais abertos ao público situados en centros e parques comerciais, así como as grandes superficies, non poderán superar o trinta por cento da súa capacidade total. No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares, a presenza de clientes en cada un deles deberá gardar esta mesma proporción.

Para estes efectos, entenderase por centros e parques comerciais, os establecementos comerciais de carácter colectivo definidos no número 2 do artigo 23 da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia. Entenderase como grandes superficies as que superen os 2500 metros cadrados.

2. A capacidade das zonas comúns dos centros e parques comerciais queda limitada ao 30 %. Non se permitirá a permanencia de clientes nas zonas comúns excepto para o tránsito entre os establecementos. Queda prohibida a utilización de zonas recreativas, como poden ser zonas infantís, ludotecas ou áreas de descanso, que deben permanecer pechadas.

3. Os establecementos e locais comerciais retallistas abertos ao público situados en centros e parques comerciais, así como as grandes superficies, deberán pechar ao público ás 18.00 horas, salvo que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente, un horario inferior.

Así mesmo, deberán pechar os sábados, domingos e festivos. 4. As regras establecidas no punto anterior non será de aplicación aos establecementos recollidos no número 3.6.3.

5. Deberanse establecer as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal no interior dos locais e establecementos e nas zonas comúns ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física. O uso de máscara será obrigatorio, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal indicada, nos termos previstos no número 1.4 deste anexo. Ademais, deberán evitarse as aglomeracións de persoas que comprometan o cumprimento destas medidas.

6. Os centros e parques comerciais, así como os establecementos que teñan a consideración de grandes superficies, deberán de dispoñer de sistemas ou dispositivos que permitan coñecer, en todo momento, o número de persoas usuarias existente no seu interior, así como o control da capacidade máxima permitida nas citadas instalacións. O cumprimento da citada obriga será responsabilidade das persoas, físicas ou xurídicas, titulares das citadas instalacións ou das quen teñan atribuída a súa xestión.

7. Deberán prestar un servizo de atención preferente a maiores de 75 anos, o cal deberá concretarse en medidas como control de accesos ou caixas de pagamento específicos, e/ ou en horarios determinados que aseguren a dita preferencia na atención. A existencia do servizo de atención preferente deberá sinalarse de forma visible nos ditos establecementos e locais.


Actividades en academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación.

1. A actividade que se realice en academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación non incluídos no ámbito de aplicación do artigo 9 do Real decreto lei 21/2020, de 9 de xuño, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, inscritos no correspondente rexistro, poderá impartirse dun modo presencial sempre que non se supere unha capacidade do cincuenta por cento respecto do máximo permitido.

Nestes centros priorizarase a realización da actividade lectiva non presencial, por medios telemáticos (en liña) sempre que sexa posible.

2. Deberán establecerse as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal nas súas instalacións ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física. O uso de máscara será obrigatorio, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal indicada, nos termos previstos no número 1.3. do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, na súa redacción vixente.

3. No caso de utilización de vehículos será obrigatorio o uso de máscara tanto polo persoal docente como polo alumnado ou o resto de ocupantes do vehículo.



Hoteis e aloxamentos turísticos.

1. Estes establecementos poderán manter a súa actividade para clientes que se teñan desprazado por motivos xustificados segundo a normativa vixente.

2. A ocupación das zonas comúns dos hoteis e aloxamentos turísticos non poderá superar o cincuenta por cento da súa capacidade. Para iso cada establecemento deberá determinar a capacidade dos distintos espazos comúns, así como aqueles lugares en que se poderán realizar eventos e as condicións máis seguras para a súa realización conforme a capacidade máxima prevista e de acordo coas medidas de hixiene, protección e distancia mínima establecidas.

3. Poderán facilitar unicamente servizos de hostalaría e restauración para os clientes aloxados nos ditos establecementos.

4. No caso de instalacións deportivas de hoteis e aloxamentos turísticos, tales como piscinas o ximnasios, estas permanecerán pechadas. 



Realización de actos e reunións laborais, institucionais, académicos ou profesionais.

A realización de actos e reunións laborais, institucionais, académicas, profesionais, sindicais, de representación de traballadores e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, poderanse realizar sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento, ben que serecomenda que se realicen de forma telemática sempre que sexa posible.

Non se poderá superar o trinta por cento da capacidade autorizada do local. En calquera caso, deberase respectar un máximo de 30 persoas para lugares pechados e de 75 persoas se se trata de actividades ao aire libre.

Non obstante, poderase ampliar o límite indicado logo de autorización da Dirección Xeral de Saúde Pública, atendendo ás concretas medidas organizativas e de seguridade propostas e aos riscos de contaxio. Neste caso, a solicitude dos titulares, promotores ou organizadores das actividades, públicos ou privados, deberá ir acompañada dun plan de prevención de contaxios de acordo cos criterios sinalados no documento de recomendacións para eventos e actividades multitudinarias no contexto da nova normalidade por COVID-19 en España, elaborado polo Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias da Dirección Xeral de Saúde Pública, Calidade e Innovación, do Ministerio de Sanidade, ou aqueloutros que o desenvolvan, modifiquen ou substitúan.



 Lonxas.

Nas lonxas deberán establecerse as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física. O uso de máscara será obrigatorio, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal indicada, nos termos previstos no número 1.3 do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, na súa redacción vixente.



Transportes.

1. As condicións de capacidade dos vehículos e embarcacións que realicen servizos colectivos de transporte de viaxeiros de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, isto é, o transporte en autobús –de carácter interurbano e urbano, sexa de uso xeral, de uso especial ou discrecional– e o transporte marítimo en augas interiores, quedan establecidas do seguinte modo:

a) Nos vehículos e embarcacións que dispoñan de asentos, poderase ocupar a totalidade dos asentos. Deberase manter a máxima separación entre as persoas usuarias cando o nivel de ocupación o permita.

b) Nos vehículos e embarcacións que teñan autorizadas prazas de pé, procurarase que as persoas manteñan entre si a máxima distancia posible, e establécese como límite de ocupación máxima a dunha sexta parte das prazas de pé.

2. Como medidas adicionais aplicables aos modos de transporte establécense as seguintes:

a) Durante toda a duración do traxecto, cando esta sexa inferior a dúas horas, as persoas usuarias non poderán consumir alimentos no interior dos vehículos ou embarcacións e deberán, igualmente e na medida do posible, evitar consumir bebidas, conversar ou manter calquera outro contacto directo con outras persoas ocupantes do dito vehículo ou embarcación.

b) Na prestación de servizos colectivos regulares de transporte de viaxeiros de carácter interurbano, de uso xeral, cando non estean autorizadas prazas de pé, e na prestación de calquera servizo de transporte marítimo en augas interiores da competencia da Comunidade Autónoma de Galicia será obrigatoria a expedición de billete coa identificación do servizo concreto de transporte de que se trate e do vehículo ou embarcación que o preste.

Igualmente, todos os anteriores vehículos e embarcacións deberán ter numerados os seus asentos de forma clara e visible para as persoas usuarias.

Naqueles servizos respecto dos cales non haxa unha asignación previa de asento, recoméndaselles ás persoas viaxeiras que anoten no seu billete o número de asento que ocupen e que o conserven durante os 14 días posteriores ao da viaxe.

c) As empresas concesionarias procuraran a máxima ventilación do vehículo, sen recirculación do aire, mantendo as fiestras abertas sempre que non se produzan correntes de aire. Para tal efecto, os vehículos que realicen varias viaxes en diferentes quendas horarias deberán proceder á ventilación deste antes de cada quenda e, sempre que fose posible, á súa limpeza e desinfección. En todo caso, realizarase como mínimo unha limpeza diaria, empregando produtos e procedementos previstos no plan de limpeza e desinfección.

d) Tanto as empresas concesionarias coma as persoas usuarias observarán en todo momento as medidas de protección, e o uso da máscara, e as demais medidas de prevención, evitando condutas como levantarse, interactuar, berrar, compartir obxectos, tocar superficies comúns, ou outras condutas que poidan xerar risco de contaxio ou transmisión.

3. Está permitido o desprazamento nun vehículo particular de persoas non conviventes que traballen xuntas e só para o traxecto de ida e volta ao centro de traballo, así como para que os menores poidan acudir a centros de ensino. Nestes casos, só se permitirán dúas persoas por fila de asentos, e deberán usar todas máscara.

4. No caso de taxis, non poderá utilizarse o asento dianteiro, e non poderán desprazarse nun mesmo vehículo persoas que non sexan conviventes. O uso de máscara é obrigatorio.



Medidas especiais para determinadas actividades. Peche temporal:

I. Espectáculos públicos: I.1. Espectáculos cinematográficos. I.2. Espectáculos teatrais e musicais. I.3. Espectáculos taurinos. I.4. Espectáculos circenses. I.5. Espectáculos deportivos. I.6. Espectáculos feirais e de exhibición. I.7. Espectáculos pirotécnicos.

II. Actividades recreativas: II.1. Actividades culturais e sociais. II.2. Actividades deportivas. II.3. Actividades de lecer e entretemento. II.4. Atraccións recreativas. II.7. Actividades de restauración. II.8. Actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.

III. Establecementos abertos ao público: III.1. Establecementos de espectáculos públicos. III.1.1. Cines. III.1.2. Teatros. III.1.3. Auditorios. III.1.4. Circos. III.1.5. Prazas de touros. III.1.6. Establecementos de espectáculos deportivos. III.1.7. Recintos feirais. III.2. Establecementos de actividades recreativas. III.2.1. Establecementos de xogo. III.2.1.1. Casinos. III.2.1.2. Salas de bingo. III.2.1.3. Salóns de xogo. III.2.1.4. Tendas de apostas. III.2.2. Establecementos para actividades deportivas. III.2.2.1 Estadios deportivos.III.2.2.2. Pavillóns deportivos. III.2.2.3. Recintos deportivos. III.2.2.4. Pistas de patinaxe. III.2.2.5. Ximnasios. III.2.2.6. Piscinas de competición. III.2.2.7. Piscinas recreativas de uso colectivo.III.2.3. Establecementos para atraccións e xogos recreativos. III.2.3.1. Parques de atraccións e temáticos. III.2.3.2. Parques acuáticos. III.2.3.3. Salóns recreativos. III.2.3.4. Parques multilecer. III.2.4. Establecementos para actividades culturais e sociais. III.2.4.1. Museos. III.2.4.2. Bibliotecas. III.2.4.3. Salas de conferencias. III.2.4.4. Salas polivalentes.III.2.4.5. Salas de concertos. III.2.5. Establecementos de restauración. III.2.5.1. Restaurantes. III.2.5.1.1. Salóns de banquetes. III.2.5.2. Cafetarías. III.2.5.3. Bares.III.2.6. Establecementos para actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas. III.2.7. Establecementos de lecer e entretemento.III.2.7.1. Salas de festas. III.2.7.2. Discotecas. III.2.7.3. Pubs. III.2.7.4. Cafés-espectáculo. III.2.7.5. Furanchos. III.2.8. Centros de lecer infantil.

Os establecementos de hostalaría e restauración (bares, cafetarías, restaurantes) permanecerán pechados ao público e poderán prestar exclusivamente servizos de entrega a domicilio ou para a súa recollida no local e consumo a domicilio.

O servizo de entrega a domicilio poderá realizarse ata as 24.00 horas. A permanencia nestes establecementos deberá ser a estritamente necesaria. En todo caso, evitaranse aglomeracións e controlarase que consumidores e empregados manteñan a distancia de seguridade establecida co fin de evitar posibles contaxios. 

Os establecementos de restauración de centros sanitarios ou de traballo que limiten a súa actividade aos traballadores deles ou, no caso dos centros sanitarios, tamén a acompañantes de doentes poderán manter o servizo de cafetaría, bar e restaurante. Non poderán superar o cincuenta por cento da súa capacidade. O consumo dentro do local poderá realizarse unicamente sentado na mesa, ou agrupacións de mesas, e deberase asegurar o mantemento da debida distancia de seguridade interpersoal entre clientes. A ocupación máxima será de catro persoas por mesa ou agrupación de mesas, e deberán ser todas elas conviventes ou persoas traballadoras que formen un grupo de convivencia estable dentro do centro de traballo.

No caso de establecementos de hostalaría situados en centros educativos, aplicaranse as regras previstas no parágrafo preferente para os docentes e traballadores do centro. O alumnado só poderá facer recollida de alimentos ou bebida. Estas regras non será aplicables aos comedores escolares, que se rexerán pola súa normativa específica. 


Suspendese a actividade lectiva presencial durante o período a que se estenda a eficacia da medida, conforme o punto cuarto da orde, nos seguintes centros educativos de réxime especial:

1º) Escolas oficiais de idiomas.

2º) Escolas de arte e superior de deseño.

3º) Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais.

4º) Escola Superior de Arte Dramática

5º) Conservatorios de música.

6º) Conservatorios de danza.

7º) Escolas de música.

8º) Escolas de danza.

9º) Centros autorizados de deportes, centros autorizados de fútbol; centros autorizados de fútbol sala.

10º) Centros autorizados de artes plásticas e deseño.

11º) Centros autorizados de música e centros autorizados de danza, salvo que estean integrados en centros docentes que permanezan abertos e que limiten a súa actividade ao alumnado dos ditos centros docentes.

12º) Escolas de música privadas e escolas de danza privadas.


  • Adóptase a medida de peche temporal ao público dos albergues turísticos durante o período a que se estende a eficacia da medida conforme o punto cuarto da orde.
  • A actividade docente nas ensinanzas universitarias correspondente ao segundo cuadrimestre comezará, nas tres universidades públicas galegas, o luns 8 de febreiro. A docencia restablecerase exclusivamente en modalidade non presencial durante o período a que se estenda a eficacia da medida conforme o punto cuarto da orde. As probas de avaliación das materias do primeiro cuadrimestre poderán manterse nas datas e modalidades previstas en cada universidade.
  • Suspéndese a actividade ao público dos centros de interpretación e visitantes, das aulas da natureza, casetas e puntos de información da Rede galega de espazos protexidos.
  • Suspéndese a actividade ao público dos centros sociais, sociocomunitarios, clubs de xubilados e centros de natureza análoga. Permanecerán abertos, en todo caso, os centros de día de maiores e persoas con discapacidade e os ocupacionais, así como as casas do maior.



DECRETO 8/2021, do 26 de xaneiro, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.

1. Quedan restrinxidas a entrada e a saída de persoas do ámbito territorial de cada un dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia considerados individualmente.

2. Quedan exceptuados das anteriores limitacións aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se produzan por algún dos seguintes motivos:

a) Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.

b) Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais, sindicais e de representación de traballadores ou legais.

c) Asistencia a centros universitarios, docentes e educativos, incluídas as escolas de educación infantil.

d) Retorno ao lugar de residencia habitual ou familiar.

e) Asistencia e coidado, incluído o acompañamento, a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.

f) Desprazamento a entidades financeiras e de seguros ou estacións de servizo en territorios limítrofes.

g) Actuacións requiridas ou urxentes ante os órganos públicos, xudiciais ou notariais.

h) Renovacións de permisos e documentación oficial, así como outros trámites administrativos inaprazables.

i) Realización de exames ou probas oficiais inaprazables.

j) Coidado de hortas e animais.

k) Asistencia a academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación.

l) Desprazamento a establecementos comerciais polo miúdo de alimentación, bebidas, produtos e bens de primeira necesidade en territorios limítrofes cando non exista alternativa no propio concello.

m) Por causa de forza maior ou situación de necesidade.

n) Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.

 En todo caso, recoméndase limitar a mobilidade o máximo posible. 




RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2021, da Dirección Xeral de Saúde Pública,pola que se determinan os territorios para os efectos da aplicación da obriga decomunicación prevista na Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecenmedidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada poloCOVID-19, en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia depersoas procedentes doutros territorios.



Martes, 19 de xaneiro de 2021.

As medidas previstas nestas ordes terán efectos desde as 00.00 horas do día 21 de xaneiro de 2021.

Presidencia da Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade


Establecementos de hostalaría e restauración:

O horario de peche ao público será ás 18.00 horas. Non obstante, poderán prestar servizos de entrega a domicilio ou para a súa recollida no local e consumo a domicilio. O servizo de entrega a domicilio poderá realizarse ata as 24.00 horas. A permanencia nestes establecementos deberá ser a estritamente necesaria. En todo caso, evitaranse aglomeracións e controlarase que consumidores e empregados manteñan a distancia de seguridade establecida co fin de evitar posibles contaxios.



Venres, 15 de xaneiro de 2021.

ORDE do 13 de xaneiro de 2021 pola que se modifica a Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.



DECRETO 3/2021, do 13 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 202/2020, do 3 de decembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.



FUENTE: LA VOZ DE GALICIA.


Medidas Xerais

 ·        Toque de queda adiántase ás 22:00 horas ata 06:00 horas.


·        A hostalería e restauración pechará ás 18:00 horas, excepto o servicio a domicilio que si está permitido e pode estar operativo ata as 00:00 horas e no caso da comida para recoller no establecemento e levar a casa, ata as 21:30 horas.

·        Peche dos comercios ás 21:30 horas.


·        As reunións tanto públicas como privadas quedan limitadas a catro persoas non convivintes ata as 18:00 horas, aínda que a recomendación principal é a de restrinxir ao máximo a interacción social, limitándose á unidade de convivencia.

·        Só unha persoas por pacente poderá facer visitas ao hospital.


·        Nas residencias sociosanitarias quedan suprimidas as saídas dos centros aos residentes, e restrínxense as visitas a tan só unha semanal por usuario.


·        Os universitarios que regresen ás cidades onde estudan poderán inscribirse de novo no rexistro de viaxeiros para solicitar unha PCR.

·        Grupo dun máximo de catro persoas non convivintes nas actividades deportivas non federadas, sen superar o aforo do 50%.

·        Os cines e auditorios permiten un límite máximo de 250 persoas en espazos pechados e 500 ao aire libre, sempre sentados e coa distancia de seguridade correspondente.

·        Non haberá almendras perimetrais con concellos limítrofes, o peche é individual. Os motivos xustificados polos que se poderá saír dun concello pechado son:

-        Adquisición de medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade.

-        Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.

-        Asistencia a centros de atención veterinaria por motivos de urxencia.

-        Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais.

-        Retorno ao lugar de residencia habitual tras realizar algunhas das actividades previstas neste apartado.

-        Asistencia e coidado de maiores, menores, dependentes persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.

-        Por causa de forza maior o situación de necesidade.

-        Cualquer outra actividade de análoga natureza, debidamente xustificada.

-        Reposición en gasolineras o estacións de servizo cando resulte imprescindible.

 


Nivel Máximo



O nivel máximo afectará a partir do próximo venres aos seguintes 60 concellos, que terán peche perimetral por separado:


A Coruña:
Arteixo, Cambre, Culleredo, Oleiros, Carballo, Santiago de Compostela, Ames, Ribeira, Boiro, Rianxo, Noia, Ferrol, Narón, Fene, Cee, Camariñas, Cerceda, Laxe, Vimianzo, Cabanas, Pontedeume, Ortigueira, Outes, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal, Melide, Oroso, Trazo y Val do Dubra.


Lugo:
Vilalba, Viveiro e Xove. 


Ourense:
Barbadás, Carballiño, Verín, Allariz, Monterrei y Xinzo de Limia.


Pontevedra:
A Estrada, Poio, Bueu, Moaña, Baiona, Ponteareas, Redondela, A Guarda, Tomiño, Tui, Vilagarcía, Vilanova, A Illa de Arousa, Valga, Pontecesures, Caldas de Reis, Oia, Cuntis, O Rosal y Salvaterra do Miño.


Medidas extraordinarias NIVEL MÁXIMO:

·        A movilidade limitarase a cada un destes concellos, o que supón que quedan illados individualmente e, polo tanto, se eliminan as almendras o agrupacións de municipios.


·        A hostalería e restauración non terá servizo de interior e no exterior poderán atender ata as 18:00 horas. Tamén poderán ofrecer servizo a domicilio.


·        O aforo a centros comerciais e do 30%, prohibindo permanecer nas zonas comúns que só servirán para o tránsito de persoas, e a hostalería estará pechada porque considérase de interior.


·        Peche dos establecementos de xogo.



Martes, 29 de decembro de 2020

DECRETO 226/2020, do 29 de decembro, polo que se modifica o Decreto202/2020, do 3 de decembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que seadoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facerfronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada nomarco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que sedeclara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadaspolo SARS-CoV-2.


ORDE do 29 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 3 de decembrode 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas comoconsecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.








Mércores 23 de decembro de 2020.

Real Decreto-ley 35/2020, de 22 de diciembre, de medidas urgentes de apoyoal sector turístico, la hostelería y el comercio y en materia tributaria. 





PUBLICADO O 27/11/2020

ORDE do 26 de novembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa I microempresas, de mantemento do emprego e a actividade económica das microempresas de Galicia máis afectadas pola COVID-19 (TR400B), e do Programa II hostalaría, de apoio ao sector da hostalaría (TR400C), e se procede á súa convocatoria para 2020.



PROGRAMA DE RESCATE DAS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS.

ORDE do 17 de novembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de rescate das persoas traballadoras autónomas afectadas pola crise da COVID-19 financiado con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR400A).







NOVAS MEDIDAS NOVEMBRO 2020


Novas medidas establecidas pola ORDE do 4 de novembro de 2020 e polo DECRETO 179/2020, do 4 de novembro, do presidente da Xunta de Galicia.


RESUMO DAS MEDIDAS ESTABLECIDAS NAS SEGUINTES DISPOSICIÓNS:

ORDE do 4 de novembrode 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas comoconsecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 naComunidade Autónoma de Galicia.

DECRETO 179/2020, do 4 de novembro, do presidente da Xunta de Galicia, poloque se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia parafacer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegadano marco do estado de alarma declarado polo Real decreto 926/2020, do 25 deoutubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación deinfeccións causadas polo SARS-CoV-2.







DECLARACIÓN ESTADO DE ALARMA.


25/10/2020


Real Decreto 926/2020, de 25 de octubre, por el que se declara el estado de alarma para contener la propagación de infecciones causadas por el SARS-CoV-2.




NOVAS MEDIDAS EN VIGOR DESDE O 22 DE OUTUBRO DE 2020.

DOG 21/10/2020

ORDEN de 21 octubre de 2020 por la que se establecen medidas de prevenciónespecíficas como consecuencia de la evolución de la situación epidemiológicaderivada del COVID-19 en la Comunidad Autónoma de Galicia.




Toda Galicia: NIVEL 2 DE AFOROS E MÁXIMO 5 PERSOAS EN GRUPOS


Reunións máximo 5 persoas, salvo convivintes.

50% de ocupación en interior en bares, cafeterías y restaurantes (prohibido servicio en barra), 75% de ocupación en terrazas en exterior.

• Bodas (exterior-interior): 100-50.

• Velatorios (exterior-interior): 25-10.

• Eventos deportivos (exterior-interior): 150-60.





LIMITACIÓNS DE CAPACIDADE E MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECÍFICAS POR SECTORES:



Ø  Establecementos e locais comerciais retallistas e de actividades de servizos profesionais abertos ao público que non formen parte de centros ou parques comerciais.

Os establecementos e locais comerciais retallistas e de actividades de servizos profesionais abertos ao público que non formen parte de centros ou parques comerciais non poderán superar o cincuenta por cento da súa capacidade total. No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares, a presenza de clientes en cada un deles deberá gardar esta mesma proporción. Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal nos locais e establecementos ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física. O uso da máscara será obrigatorio, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal indicada.

 

Deberán prestar un servizo de atención preferente a maiores de 75 anos, o cal deberá concretarse en medidas como control de accesos ou caixas de pagamento específicos, e/ou en horarios determinados que aseguren a dita preferencia na atención. A existencia do servizo de atención preferente deberá sinalarse de forma visible nos ditos establecementos e locais.



Ø  Actividades en academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación e actividade formativa xestionada ou financiada pola Administración autonómica en centros e entidades de formación.

A actividade que se realice nestes centros poderá impartirse dun modo presencial sempre que non se supere unha capacidade do cincuenta por cento respecto do máximo permitido.



Ø  Establecementos de hostalaría e restauración.

1. Os establecementos de hostalaría e restauración non poderán superar o cincuenta por cento da súa capacidade para consumo no interior do local.

2. O consumo dentro do local poderá realizarse unicamente sentado na mesa, ou agrupacións de mesas, e deberase asegurar o mantemento da debida distancia de seguridade interpersoal entre clientes. Non está permitido o consumo na barra.

3. As terrazas ao aire libre dos establecementos de hostalaría e restauración limitarán a súa capacidade ao setenta e cinco por cento das mesas permitidas no ano inmediatamente anterior con base na correspondente licenza municipal ou do que sexa autorizado para este ano, no caso de que a licenza sexa concedida por primeira vez. Consideraranse terrazas ao aire libre todo espazo non cuberto ou todo espazo que, estando cuberto, estea rodeado lateralmente por un máximo de dúas paredes, muros ou paramentos. No caso de que o establecemento de hostalaría e restauración obtivese o permiso do Concello para incrementar a superficie destinada a terraza ao aire libre, poderase incrementar o número de mesas previsto no primeiro parágrafo deste número 3, respectando, en todo caso, unha proporción do setenta e cinco por cento entre mesas e superficie dispoñible e sempre que se manteña o espazo necesario para a circulación peonil no tramo da vía pública en que se sitúe a terraza.

4. En todo caso, deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre as mesas ou, de ser o caso, agrupacións de mesas. A ocupación máxima será de cinco persoas por mesa ou agrupación de mesas. Todas estas persoas deberán ser conviventes naqueles concellos onde se aplique, en virtude de orde específica da persoa titular da consellería competente en materia de sanidade, a medida máis restritiva de grupos constituídos só por conviventes. A mesa ou agrupación de mesas que se utilice para este fin deberá ser acorde co número de persoas e permitir que se respecte a distancia mínima de seguridade interpersoal entre elas.

5. Os establecementos de hostalaría e restauración deberán pechar non máis tarde da unha da madrugada, sen que se poida permitir o acceso de ningún cliente desde as 00.00 horas.

6. As medidas contidas nos números 3, 4 e 5 serán tamén de aplicación ás terrazas dos establecementos de lecer nocturno. 



Ø  Condicións para ocupación de zonas comúns de hoteis e aloxamentos turísticos.

1. A ocupación das zonas comúns dos hoteis e aloxamentos turísticos non poderá superar o cincuenta por cento da súa capacidade. Para iso, cada establecemento deberá determinar a capacidade dos distintos espazos comúns, así como aqueles lugares en que se poderán realizar eventos e as condicións máis seguras para a súa realización conforme a capacidade máxima prevista e de acordo coas medidas de hixiene, protección e distancia mínima establecidas.

2. As actividades de animación ou clases grupais deberán deseñarse e planificarse cunha capacidade máxima de cinco persoas, sexan ou non conviventes, e incluídos os monitores, e deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade excepto no caso de persoas conviventes.


Ø  Albergues turísticos.

Na modalidade de aloxamento turístico de albergue permitirase unha capacidade máxima do cincuenta por cento da máxima permitida. 


Ø  Centros de lecer infantil.

Os centros de lecer infantil poderán levar a cabo súa actividade cumprindo o Protocolo en materia de lecer infantil para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, aprobado pola Orde da Consellería de Sanidade, do 30 de xuño de 2020, e cunha capacidade máxima do cincuenta por cento do seu total.

  

Ø  Celebración de congresos, encontros, reunións de negocio, conferencias, eventos e actos similares.

Poderanse celebrar congresos, encontros, reunións de negocio, conferencias e eventos e actos similares promovidos por calquera entidade, de natureza pública ou privada, sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade permitida do lugar de celebración e cun límite máximo de sesenta persoas para lugares pechados e de cento cincuenta persoas se se trata de actividades ao aire libre. Non obstante, poderase ampliar o límite indicado ata un máximo de cen persoas para lugares pechados e trescentas persoas se se trata de actividades ao aire libre, logo da autorización da Dirección Xeral de Saúde Pública, atendendo ás concretas medidas organizativas e de seguridade propostas e aos riscos de contaxio. Neste caso, a solicitude dos titulares, promotores ou organizadores das actividades, públicos ou privados, deberá ir acompañada dun plan de prevención de contaxios de acordo cos criterios sinalados no documento de recomendacións para eventos e actividades multitudinarias no contexto da nova normalidade por COVID-19 en España, elaborado polo Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias da Dirección Xeral de Saúde Pública, Calidade e Innovación, do Ministerio de Sanidade, ou aqueloutros que o desenvolvan, modifiquen ou substitúan. O recollido neste número será tamén de aplicación para reunións profesionais, xuntas de comunidades de propietarios e eventos similares.


Ø  Establecementos e locais de xogo e apostas.

1. Os establecementos de xogos colectivos de diñeiro e de azar, salóns de xogo, salas de bingo, salóns recreativos, rifas e tómbolas, locais específicos de apostas e outros locais e instalacións asimilables aos de actividade recreativa de xogos e apostas, conforme esta bleza a normativa sectorial en materia de xogo, poderán realizar a súa actividade sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade permitida.

2. En todo caso, deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre as mesas ou, de ser o caso, agrupacións de mesas. A ocupación máxima será de cinco persoas por mesa ou agrupación de mesas, e todas elas deberán ser conviventes naqueles concellos en que, en virtude de orde específica da persoa titular da consellería competente en materia de sanidade, se aplique a medida máis restritiva de limitación de grupos aos constituídos só por persoas conviventes. En calquera caso, deberase respectar un máximo de cen persoas en espazos ao aire libre ou de cincuenta persoas en espazos pechados.

3. Os establecementos e locais deberán pechar non máis tarde das 00.30 horas, sen que se poida permitir o acceso de ningún cliente nin expedir consumición ningunha desde esa hora, e cun período máximo de desaloxo de trinta minutos.


Ø  Limitación de capacidade para outros locais ou establecementos comerciais.

1. Con carácter xeral, calquera outro local ou establecemento comercial para o cal non se recollan expresamente unhas condicións de capacidade nesta orde, nin en protocolos ou normativa específica que lle sexa aplicable, non poderá superar o cincuenta por cento da capacidade autorizada ou establecida. En calquera caso, deberase respectar un máximo de sesenta persoas para lugares pechados e de cento cincuenta persoas se se trata de actividades ao aire libre. Non obstante, poderase ampliar o límite indicado ata un máximo de cen persoas para lugares pechados e trescentas persoas se se trata de actividades ao aire libre, logo da autorización da Dirección Xeral de Saúde Pública, atendendo ás concretas medidas organizativas e de seguridade propostas e aos riscos de contaxio. Neste caso, a solicitude dos titulares, promotores ou organizadores das actividades, públicos ou privados, deberá ir acompañada dun plan de prevención de contaxios de acordo cos criterios sinalados no documento de recomendacións para eventos e actividades multitudinarias no contexto da nova normalidade por COVID-19 en España, elaborado polo Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias da Dirección Xeral de Saúde Pública, Calidade e Innovación, do Ministerio de Sanidade, ou aqueloutros que o desenvolvan, modifiquen ou substitúan.

O disposto neste número 1 non será de aplicación nos establecementos comerciais de alimentación, bebidas, produtos e bens de primeira necesidade, establecementos farmacéuticos, servizos médicos ou sanitarios, ópticas, produtos ortopédicos, produtos hixiénicos, salóns de peiteado, prensa e papelaría, combustible para a automoción, estancos, equipamentos tecnolóxicos e de telecomunicacións, alimentos para animais de compañía, comercio pola internet, telefónico ou correspondencia, tinturarías e lavandarías, sen prexuízo da necesidade de cumprir as obrigas xerais previstas na presente orde e as medidas xerais de hixiene e protección.

2. As actividades en grupos deberán realizarse cun máximo de cinco persoas participantes, sexan ou non conviventes e incluídos os monitores, guías ou encargados correspondentes, e deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade excepto no caso de persoas conviventes.

3. En calquera caso, poderase suspender a actividade de calquera establecemento que, ao xuízo da autoridade competente, poida supor un risco de contaxio polas condicións en que se estea desenvolvendo.



Medidas por localidades:


Santiago e lugar de Milladoiro na parroquia de Biduido (Ames) : NIVEL 3 DE AFOROS E GRUPOS DE SO CONVIVINTES

• Prohibidas reunións de non convivintes

• Prohibido o interior de bares e cafeterías, 50% de ocupación en terrazas.

• Vodas (exterior-interior): 50-25

• Velatorios (exterior-interior): 25-10

• Eventos deportivos (exterior-interior): 75-30

• Cines e teatros (exterior-interior): 75-30


Carballiño: NIVEL 3 CON PECHE ACTIVIDADE NON ESENCIAL

• Carballiño, O Irixo e Boborás: Xa están en nivel 3 con reunións so de convivintes e restricións de mobilidade perimetral no conxunto dos 3 concellos.

• Se acorda manter as medidas neses tres concellos e pechar todas as actividades que non sexan esenciais (alimentación, médico, estudios), é dicir pechar todo o que sexa ocio e cultura.


Ourense e Barbadás: NIVEL 3, PECHE PERIMETRAL E SO CONVIVINTES

• Mantense a situación actual

• Limitación reunións so convivintes

• Peche perimetral


Verín, Oimbra e Vilardevós: NIVEL 3, PECHE PERIMETRAL E SO CONVIVINTES

• Incorporar Oimbra e Vilardevós

• Peche perimetral no conxunto dos 3 concellos

• Reunións só convivintes

• Peche de interior de bares e cafeterías


O Barco

• Segue como estaba






DOG 18/09/2020

MEDIDAS PARA VIAXEIROS

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Saúde Pública, na cal se determinan os territorios para os efectos da aplicación da obriga de comunicación prevista na Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios.

As persoas procedentes doutros territorios, deberán comunicar os datos de contacto e da súa estadía na Comunidade Autónoma de Galicia previstos no anexo da dita orde, nun prazo máximo de 24 horas desde a súa chegada, as persoas que cheguen á Comunidade Autónoma de Galicia despois de ter estado, dentro do período dos catorce días naturais anteriores á dita chegada, nos seguintes territorios:

a) En calquera dos países do continente africano.

b) Nos seguintes territorios do continente americano: Arxentina, Aruba, Bahamas, Brasil, Colombia, Costa Rica, Ecuador, O Salvador, Guatemala, Honduras, Panamá, Paraguai, Perú, Illas Tartarugas, Venezuela, Haití, Xamaica e Nicaragua.

c) Nos seguintes territorios de Asia: Bahrein, Bangladesh, India, Irán, Iraq, Israel, Kazakstán, Kirguistán, Kuwait, Maldivas, Omán, Palestina, Filipinas, Afganistán, Bután, Brunei, Camboxa, Indonesia, Laos, Mongolia, Myanmar, Nepal, Paquistán, Siria, Tailandia, Iemen e Vietnam.

d) Nos seguintes territorios de Europa: Acerbaixán, Andorra, Kosovo e Montenegro.

e) Nos seguintes territorios de Oceanía: Guam.

e) Nas comunidades autónomas de Aragón, Cantabria, Castilla-La Mancha, Castilla y León, Madrid, Melilla, Murcia, Navarra, País Vasco e La Rioja








DOG 18/09/2020

Práctica da actividade deportiva federada de competencia autonómica.


ORDE do 17 de setembro de 2020 sobre modificación de determinadas medidasprevistas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobremedidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionadapolo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara aunha nova normalidade.


PROTOCOLO FISICOVID-DXTGALEGO: https://deporte.xunta.gal/gl/convocatorias/protocolo-fisicovid-dxtgalego-polo-que-se-establecen-medidas-para-facer-fronte-crise-sanitaria-ocasionada-pola-covid-19-no-ambito-do-deporte-federado-de-galicia





Discotecas e resto de establecementos de lecer nocturno.


DOG 11/09/2020

ORDE do 10 de setembro de 2020 sobre modificación de determinadas medidas previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.






DOG 26/08/2020


ORDE do 25 de agosto de 2020 sobre modificación de determinadas medidasprevistas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobremedidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionadapolo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara aunha nova normalidade.


Esta orde engade novas medidas de prevención no caso de espectáculos públicos e actividades recreativas que se celebren en establecementos ou espazos abertos ao público, rexidas pola Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia.


Entrada en vigor desde o xoves 27 de agosto de 2020.

+ Información






Ampliación do prazo ata o 17 de agosto de 2020 en relación as convocatorias de REACTIVA COMERCIO E REACTIVA SERVIZOS E TURISMO.


RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2020 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 15 de xuño de 2020, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de empresas galegas para garantir a seguridade laboral e xerar confianza no consumidor, susceptibles de financiamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG524D).

 

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2020 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 15 de xuño de 2020, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos dos comercios retallistas galegos para contribuír á reactivación do comercio galego garantindo a seguridade laboral e a xeración de confianza no consumidor, susceptibles de financiamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG524C).





MEDIDAS PARA VIAXEIROS


MEDIDAS DE PREVENCIÓN EN RELACIÓN COA CHEGADA DE PERSOAS PROCEDENTES DOUTROS TERRITORIOS


Ver máis información


ORDE do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios.

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Saúde Pública, na que se determinan os territorios para os efectos da aplicación da obriga de comunicación prevista na Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoal procedentes doutros territorios.






RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 23 de xullo de 2020, polo que se introducen determinadas modificacións nas medidas de prevención previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.


En vigor a partir do 28 de xullo de 2020.

Nos espazos privados, abertos ou pechados, de uso privado, recoméndase o uso de máscara, no caso de reunións ou de posible confluencia de persoas non conviventes, así como o mantemento da distancia de seguridade interpersoal e a aplicación de medidas de hixiene. Así mesmo, recomendase limitar o número de asistentes aos mínimos posibles e que, en todo caso, non superen as 25 persoas.







RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2020, da Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 17 de xullo de 2020, polo que se introducen determinadas modificacións nas medidas de prevención previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.



MAIS INFORMACIÓN







ORDE do 26 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Cheque autónomo seguimos adiante, financiado con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR342B).


Esta axuda está destinada a autónomos que non solicitaron a prestación por cese de actividade.

Prazo de solicitude: dende o 7 de xullo ao 6 de agosto de 2020.


VER MÁIS





ORDE do 19 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ás persoas traballadoras e ás empresas afectadas por expedientes de regulación temporal de emprego de suspensión de contratos ou redución da xornada para favorecer o mantemento do emprego ante flutuacións da economía, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR820F).





Real Decreto-ley 24/2020, de 26 de junio, de medidas sociales de reactivación del empleo y protección del trabajo autónomo y de competitividad del sector industrial.


ERTEs fuerza mayor Covid-19, ERTEs ETOP Covid-19 e Medidas de apoyo a los trabajadores autónomos.








MEDIDAS DE PREVENCIÓN ADICIONAIS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA


RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 25 de xuño de 2020, polo que se introducen determinadas modificacións nas medidas de prevención previstas no Acordo do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.









O prazo de presentación comezará o 26/06/2020

Ampliación do prazo ata o 17 de agosto de 2020.


 

O prazo de presentación finaliza o 31/07/2020

Ampliación do prazo ata o 17 de agosto de 2020.

 

O prazo de presentación finaliza o 30/09/2020

 

O prazo de presentación finaliza o 30/11/2020

 







SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS AO MANTEMENTO DOS SECTORES ECONÓMICOS POLO COVID-19 DO CONCELLO DE REDONDELA.





O DOG publica este sábado 13 de xuño a Resolución pola que se regula a nova normalidade na Comunidade Autónoma de Galicia dende o luns 15 de xuño de 2020. RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.




As medidas dispostas no BOE polo Goberno para a Transicón hacia a Nova Normalidade veñen resuladas polo Real Decreto-ley 21/2020, de 9 de junio, de medidas urgentes de prevención, contención y coordinación para hacer frente a la crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19.










NORMATIVA DA NOVA NORMALIDADE NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA. 

LUNS, 15 DE XUÑO DE 2020.


Resumimos as medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, tras a superación da fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade e ata o levantamento da declaración de situación de emerxencia sanitaria de interese galego efectuada polo Acordo do Consello da Xunta do 13 de marzo de 2020 reguladas pola RESOLUCIÓNdo 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade,pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 dexuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crisesanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para atransición cara a unha nova normalidade.

 

Restablecemento de determinadas actividades suspendidas:

 Sempre que a evolución da situación epidemiolóxica así o aconselle, a Administración autonómica poderá permitir o restablecemento, a partir do 1 de xullo, das actividades que se indican a continuación, nas condicións que previamente ela estableza:

a) Os establecementos que se destinen a ofrecer xogos e atraccións recreativas deseñados especificamente para público de idade igual ou inferior a 12 anos, espazos de xogo e entretemento, así como a celebración de festas infantís.

b) Os locais de discotecas e demais establecementos de lecer nocturno, sen prexuízo da apertura das terrazas ao aire libre regulada no punto 3.34 do anexo.

c) As festas, verbenas e outros eventos populares, así como as atraccións de feiras.

 

Medidas de hixiene exixibles aos establecementos e locais con apertura ao público.

1. Os establecementos e locais que abran ao público realizarán, polo menos unha vez ao día, unha limpeza e desinfección das instalacións, con especial atención ás zonas de uso común e ás superficies de contacto máis frecuentes, conforme o establecido na letra a) do número 2.1.

2. Revisarase frecuentemente o funcionamento e a limpeza de sanitarios, billas e pomos de porta dos aseos nos establecementos e locais con apertura ao público.

3. Durante todo o proceso de atención ao usuario ou consumidor deberá manterse a distancia de seguridade interpersoal co vendedor ou provedor de servizos, que poderá ser dun metro cando se conte con elementos de protección ou barreira.

No caso de servizos que non permitan o mantemento da distancia de seguridade interpersoal, deberase utilizar o equipamento de protección adecuado ao nivel de risco que asegure a protección tanto do traballador como do cliente.

 

Medidas adicionais aplicables a centros comerciais e parques comerciais abertos ao público.

Ademais do disposto, os centros e parques comerciais abertos ao público deberán cumprir as condicións seguintes:

a) O uso de aseos familiares e salas de lactación restrinxirase a unha única familia, non poderán compaxinar o seu uso dúas unidades familiares e deberase reforzar a limpeza e desinfección dos referidos espazos garantindo sempre o seu estado de salubridade e hixiene.

b) O uso dos aseos e salas de lactación comúns dos centros e parques comerciais deberá ser controlado polo persoal destes, e deberá reforzarse a limpeza e desinfección dos referidos espazos garantindo sempre o seu estado de salubridade e hixiene.

c) Deberase proceder diariamente á limpeza e desinfección das zonas comúns e zonas recreativas dos centros e parques comerciais, como de maneira regular durante o horario de apertura, prestando especial atención ás áreas de contacto das zonas comúns, tales como chans, mostradores, xogos das zonas infantís e bancos ou cadeiras.


Medidas adicionais aplicables a dispositivos de venda e cobro automático, máquinas expendedoras e de cobro, lavanderías autoservizo e actividades similares.

No caso de dispositivos de venda e cobramento automático, máquinas expendedoras e de cobramento, lavandarías autoservizo e outras actividades similares, o seu titular deberá asegurar o cumprimento das medidas de hixiene e desinfección adecuadas tanto das máquinas como dos establecementos e locais, así como informar os usuarios do seu correcto uso mediante a instalación de cartelaría informativa. Nas tarefas de limpeza prestarase especial atención ás zonas de uso común e ás superficies de contacto máis frecuentes e deberanse realizar tarefas de ventilación periódica nas instalacións e, como mínimo, de forma diaria e durante o tempo necesario para permitir a renovación do aire. Fomentarase o pagamento con tarxeta ou outros medios que non supoñan contacto físico entre dispositivos. Deberase dispor de papeleiras onde poder depositar panos e calquera outro material desbotable. As ditas papeleiras deberanse limpar de forma frecuente e, polo menos, unha vez ao día.

 

Medidas relativas á hixiene dos clientes e usuarios en establecementos e locais.

1. O tempo de permanencia nos establecementos e locais será o estritamente necesario para que os clientes ou usuarios poidan realizar as súas compras ou recibir a prestación do servizo.

2. Deberá sinalarse de forma clara a distancia de seguridade interpersoal entre clientes ou usuarios, con marcas no chan, ou mediante o uso de balizas, cartelaría ou sinalización. Poderanse establecer no local itinerarios para dirixir a circulación de clientes ou usuarios para evitar aglomeracións en determinadas zonas e previr o contacto entre clientes.

3. Deberanse pór á disposición do público dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade viricida, debidamente autorizados e rexistrados, en lugaresaccesibles e visibles, e, en todo caso, na entrada do local ou establecemento, e deberán estar sempre en condicións de uso.

4. Non se poderán pór á disposición do público produtos de uso e proba que impliquen manipulación directa por sucesivos clientes ou usuarios, sen supervisión de xeito permanente dun traballador que poida proceder á súa desinfección tras a manipulación do produto por cada cliente ou usuario.

5. Nos establecementos do sector comercial téxtil, de arranxos de roupa e similares, os probadores deberaos utilizar unha única persoa e deberá procederse a unha limpeza e desinfección frecuente destes espazos. No caso de que un cliente probe unha peza que posteriormente non adquira, o titular do establecemento implementará medidas para que a peza sexa hixienizada antes de que sexa facilitada a outros clientes. Esta medida será tamén aplicable ás devolucións de pezas que realicen os clientes.

6. No caso de utilización de obxectos que se intercambien entre os clientes ou usuarios, procurarase o uso de forma recorrente de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con carácter previo e posterior ao seu uso. No entanto, estableceranse os mecanismos e procesos oportunos para garantir a hixienización destes obxectos.

7. Deberase proceder á limpeza e desinfección frecuente de calquera tipo de dispositivo, así como de cadeiras, mesas ou calquera outro mobiliario ou superficie de contacto que empreguen distintos usuarios.

 

Medidas de hixiene e prevención na prestación do servizo nos establecementos de hostalaría e restauración.

Ademais das indicadas, na prestación do servizo nos establecementos de hostalería e restauración deberán respectarse as seguintes medidas de hixiene e prevención:

a) Limpeza e desinfección do equipamento, en particular mesas, cadeiras, barra, así como calquera outra superficie de contacto, de forma frecuente. Así mesmo, deberase proceder á limpeza e desinfección do local polo menos unha vez ao día. Nas tarefas de limpeza prestarase especial atención ás zonas de uso común e ás superficies de contacto máis frecuentes, conforme o establecido na letra a) do número 2.1.

b) Priorizarase a utilización de mantelarías dun só uso. No caso de que isto non fose posible, deberá evitarse o uso da mesma mantelaría ou gardamanteis con distintos clientes, optando por materiais e solucións que faciliten o seu cambio entre servizos e o seu lavado mecánico en ciclos de lavado entre 60 e 90 graos centígrados.

c) Procurarase evitar o emprego de cartas de uso común, promovendo o uso de dispositivos electrónicos propios, encerados, carteis ou outros medios similares.

d) Os elementos auxiliares do servizo, como a vaixela, cristalaría, xogos de cubertos ou mantelaría, entre outros, almacenaranse en recintos pechados e, se isto non fose posible, lonxe de zonas de paso de clientes e traballadores.

e) Priorizarase o uso de produtos monodose desbotables, ou o seu servizo noutros formatos baixo petición do cliente, para dispensación de panos de mesa, escarvadentes, vinagreiras, aceiteiras e outros utensilios similares.

f) Nos establecementos que conten con zonas de autoservizo, deberá evitarse a manipulación directa dos produtos por parte dos clientes, polo que deberá prestar o servizo un traballador do establecemento, salvo no caso de que se trate de produtos envasados previamente.

g) Se o uso dos aseos ou similares está permitido por clientes, visitantes ou usuarios, a súa ocupación máxima será dunha persoa para espazos de ata catro metros cadrados, salvo naqueles supostos de persoas que poidan precisar asistencia; nese caso tamén se permitirá a utilización por parte do seu acompañante. Para aseos de máis de catro metros cadrados que conten con máis dunha cabina ou urinario, a ocupación máxima será do cincuenta por cento do número de cabinas e urinarios que teña a estancia, e deberá manterse durante o seu uso a distancia de seguridade. Deberá reforzarse a limpeza e desinfección dos referidos aseos garantindo sempre o seu estado de salubridade e hixiene.

h) O persoal traballador que realice o servizo en mesa e en barra deberá procurar a distancia de seguridade co cliente e aplicar os procedementos de hixiene e prevención necesarios para evitar o risco de contaxio. En calquera caso, será obrigatorio o uso de máscara para o persoal destes establecementos na súa atención ao público.

 

LIMITACIÓNS DE CAPACIDADE E MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECÍFICAS POR SECTORES

Medidas en materia de control de capacidade.

1. Os establecementos, instalacións e locais deberán expor ao público a capacidade máxima, que deberá incluír os propios traballadores e asegurar que a dita capacidade e a distancia de seguridade interpersoal se respecta no seu interior, polo que se deberán establecer procedementos que permitan o reconto e control da capacidade, de forma que esta non sexa superada en ningún momento.

2. A organización da circulación de persoas e a distribución de espazos deberá procurar a posibilidade de manter a distancia de seguridade interpersoal. Na medida do posible estableceranse itinerarios para dirixir a circulación de clientes e usuarios e evitar aglomeracións en determinadas zonas, tanto no interior como no exterior, e previr o contacto entre eles. Cando se dispoña de dúas ou máis portas, procurarase establecer un uso diferenciado para a entrada e a saída, co obxecto de reducir o risco de formación de aglomeracións.

3. Cando se dispoña de aparcamentos propios para traballadores e usuarios, establecerase un control de accesos para mellor seguimento das normas de capacidade. Na medida do posible as portas que se atopen no percorrido entre o aparcamento e o acceso á tenda ou aos vestiarios dos traballadores disporán de sistemas automáticos de apertura ou permanecerán abertas para evitar a manipulación dos mecanismos de apertura.

4. De ser o caso, o persoal de seguridade velará para que se respecte a distancia interpersoal de seguridade e evitará a formación de grupos numerosos e aglomeracións, prestando especial atención ás zonas de escaleiras mecánicas, ascensores, zonas comúns de paso e zonas recreativas.

5. En caso necesario, poderanse utilizar valos ou sistemas de sinalización equivalentes para un mellor control dos accesos e xestión das persoas par os efectos de evitar calquera aglomeración.

6. En calquera caso, a sinalización de percorridos obrigatorios e independentes ou outras medidas que se establezan realizaranse tendo en conta o cumprimento das condicións de evacuación exixibles na normativa aplicable.


Medidas para a entrada, saída e circulación de público espectador ou asistente en establecementos.

1. Recomendarase a venda en liña da entrada e, en caso de compra en billeteira, fomentarase o pagamento con tarxeta ou outros medios que non supoñan contacto físico entre dispositivos.

2. Procurarase sempre que os espectadores ou asistentes estean sentados e manteñan a distancia interpersoal de seguridade fixada, salvo que o tipo de actividade non o permita.

3. Recoméndase, en función das características da actividade e do local pechado ou do espazo ao aire libre en que se desenvolva, que todas as entradas e os asentos estean debidamente numerados, e deberán inhabilitarse as butacas que non cumpran cos criterios de distanciamento físico, así como as non vendidas. Evitarase, no posible, o paso de persoas entre filas que supoña non respectar a distancia de seguridade.

4. A apertura de portas realizarase con antelación suficiente para permitir un acceso graduado, polo que se deberán fixar franxas horarias adecuadas para o acceso. A saída do público deberá realizarse de forma graduada por zonas, garantindo a distancia entre persoas.

5. Nos espectáculos en que existan pausas intermedias, estas deberán ter a duración suficiente para que a saída e a entrada durante o descanso tamén sexa graduada e cos mesmos condicionamentos que a entrada e saída de público.

6. Utilizarase a máscara cando non se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal e durante todo o tempo de circulación entre espazos comúns e nos momentos de entrada e saída.

7. Facilitarase a agrupación de conviventes, mantendo a debida distancia de seguridade co resto dos espectadores.

8. Realizaranse, antes e logo da actividade de que se trate, avisos que anuncien e recorden as medidas de hixiene e distanciamento e o escalonamento na saída do público.

9. Procurarase manter a distancia de seguridade interpersoal entre os traballadores e o público ou, na súa falta, utilizaranse medidas alternativas de protección física con uso de máscara.


Establecementos e locais comerciais retallistas e de actividades de servizos profesionais abertos ao público que non formen parte de centros o parques comerciais

1. Os establecementos e locais comerciais retallistas e de actividades de servizos profesionais abertos ao público que non formen parte de centros o parques comerciais non poderán superar o setenta e cinco por cento da súa capacidade total. No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares, a presenza de clientes en cada unha delas deberá gardar esta mesma proporción. Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal nos locais e establecementos ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física con uso de máscara.

2. Procurarase a atención con servizo preferente para maiores de 65 anos.


Establecementos que teñan a condición de centros e parques comerciais ou que formen parte deles.

1. Nos centros ou parques comerciais no poderá superarse o 50 por cento da capacidade nas súas zonas comúns e recreativas determinada no Plan de autoprotección de cada centro ou parque comercial.

2. Os establecementos e locais comerciais retallistas e de actividades de servizos profesionais abertos ao público situados en centros e parques comerciais non poderán superar o setenta e cinco por cento da súa capacidade total. No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares, a presenza de clientes en cada unha delas deberá gardar esta mesma proporción.

3. Deberanse establecer as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal no interior dos locais e establecementos e nas zonas comúns e recreativas, como poden ser zonas infantís ou áreas de descanso ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física con uso de máscara, así como evitar as aglomeracións de persoas que comprometan o cumprimento destas medidas.

4. Procurarase a atención con servizo preferente para maiores de 65 anos.


Mercados que desenvolven a súa actividade na vía pública.

1. No caso dos mercados que desenvolven a súa actividade na vía pública ao aire libre ou de venda non sedentaria, coñecidos como mercadillos, non poderán superar o setenta e cinco por cento dos postos habituais ou autorizados, limitando a afluencia de clientes de maneira que se asegure o mantemento da distancia de seguridade interpersoal. Os concellos poderán aumentar a superficie habilitada ou habilitar novos días para o exercicio desta actividade para compensar esta limitación. Á hora de determinar os comerciantes que poden exercer a súa actividade, o concello poderá priorizar aqueles que comercializan produtos alimentarios e de primeira necesidade, asegurando que non se manipulen os produtos comercializados neles por parte dos consumidores. Os concellos establecerán requisitos de distanciamento entre postos e condicións de delimitación do mercado co obxectivo de procurar manter a distancia de seguridade interpersoal entre traballadores, clientes e viandantes ou, na súa falta, será precisa a utilización de medidas alternativas de protección física con uso de máscara.

2. Durante todo o proceso de atención ao consumidor deberá manterse a distancia de seguridade interpersoal establecida entre o vendedor e o consumidor, que poderá ser dun metro cando se conte con elementos de protección ou barreira.

3. Deberá sinalarse de forma clara a distancia de seguridade interpersoal entre clientes, con marcas no chan ou mediante o uso de balizas, cartelaría e sinalización para aqueles casos en que sexa posible a atención individualizada de máis dun cliente ao mesmo tempo.

4. Recoméndase a posta á disposición de dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade viricida debidamente autorizados e rexistrados nas inmediacións dos mercados ao aire libre ou de venda non sedentaria na vía pública.

5. Realizarase, polo menos unha vez ao día, unha limpeza e desinfección das instalacións con especial atención ás superficies de contacto máis frecuentes, especialmente mostradores e mesas ou outros elementos dos postos, anteparos, de ser o caso, teclados, terminais de pagamento, pantallas táctiles, ferramentas de traballo e outros elementos susceptibles de manipulación, prestando especial atención a aqueles utilizados por máis dun traballador.

6. Procurarase evitar a manipulación directa dos produtos por parte dos clientes.

 

Actividades en academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación.

1. A actividade que se realice en academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación non incluídos no ámbito de aplicación do artigo 9 do Real decreto lei 21/2020, de 9 de xuño, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, inscritos no correspondente rexistro, poderá impartirse dun modo presencial sempre que non se supere unha capacidade do setenta e cinco por cento respecto do máximo permitido e cun máximo de ata vinte e cinco persoas.

2. Deberán establecerse as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal nas súas instalacións ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física con uso de máscara.

3. No caso de utilización de vehículos será obrigatorio o uso de máscara tanto polo persoal docente como polo alumnado ou o resto de ocupantes do vehículo.


Establecementos de hostalaría e restauración.

1. Os establecementos de hostalaría e restauración non poderán superar o setenta e cinco por cento da súa capacidade para consumo no interior do local.

2. O consumo dentro do local poderá realizarse en barra ou sentado en mesa, ou agrupacións de mesas, e deberase asegurar o mantemento da debida distancia de seguridade interpersoal entre clientes ou, de ser o caso, grupos de clientes situados na barra ou entre as mesas ou, de ser o caso, agrupacións de mesas.

3. As terrazas ao aire libre dos establecementos de hostalaría e restauración limitarán a súa capacidade ao oitenta por cento das mesas permitidas no ano inmediatamente anterior con base na correspondente licenza municipal ou do que sexa autorizado para este ano, no caso que a licenza sexa concedida por primeira vez. Consideraranse terrazas ao aire libre todo espazo non cuberto ou todo espazo que, estando cuberto, estea rodeado lateralmente por un máximo de dúas paredes, muros ou paramentos. No caso de que o establecemento de hostalaría e restauración obtivese o permiso do concello para incrementar a superficie destinada á terraza ao aire libre, poderase incrementar o número de mesas previsto no primeiro parágrafo deste número 3, respectando, en todo caso, unha proporción do oitenta por cento entre mesas e superficie dispoñible e sempre que se manteña o espazo necesario para a circulación peonil no tramo da vía pública en que se sitúe a terraza.

4. En todo caso, deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre as mesas ou, de ser o caso, agrupacións de mesas. A ocupación máxima será de vinte e cinco persoas por mesa ou agrupación de mesas.

 

Condicións para ocupación de zonas comúns de hoteis e aloxamentos turísticos.

1. A ocupación das zonas comúns dos hoteis e aloxamentos turísticos non poderá superar o setenta e cinco por cento da súa capacidade. Para iso cada establecemento deberá determinar a capacidade dos distintos espazos comúns, así como aqueles lugares en que se poderán realizar eventos e as condicións máis seguras para a súa realización conforme a capacidade máxima previsto e de acordo coas medidas de hixiene, protección e distancia mínima establecidas.

2. As actividades de animación ou clases grupais deberán deseñarse e planificarse cunha capacidade máxima de vinte e cinco persoas. Deberase respectar a distancia de seguridade interpersoal entre as persoas que asistan á actividade e entre estes e o animador ou adestrador, ou utilizar máscaras na súa falta. As actividades de animación ou clases grupais realizaranse preferentemente ao aire libre e procurarase evitar o intercambio de material.

3. Realizarase a correspondente desinfección de obxectos e material utilizado nas actividades de animación logo de cada uso e disporase de xel hidroalcohólico ou desinfectantes con actividade viricida debidamente autorizados e rexistrados.

4. No caso de instalacións deportivas de hoteis e aloxamentos turísticos, tales como piscinas ou ximnasios, aplicaranse as medidas establecidas especificamente para estas. Determinaranse por cada establecemento as directrices e recomendacións para o seu uso, de acordo coas normas de prevención e hixiene previstas neste acordo, e garantirase o seu coñecemento por parte dos usuarios.

 

Albergues turísticos

1. Na modalidade de aloxamento turístico de albergue, polas súas especiais características, permitirase unha capacidade máxima do cincuenta por cento da súa capacidade total.

2. As persoas titulares do establecemento adoptarán as medidas organizativas oportunas para evitar aglomeracións e para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal no interior dos establecementos ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física dos clientes entre si mesmos e destes con respecto dos traballadores con uso de máscara.

3. Ademais do cumprimento xeral das medidas de hixiene e prevención establecidas, no caso de que no establecemento se preste algún tipo de servizo de hostalaría e restauración, a prestación deste axustaranse ao previsto nas condicións para a prestación do servizo nos establecementos de hostalaría e restauración.


Centros de lecer infantil.

Permanecerán pechados os establecementos que se destinen a ofrecer xogos e atraccións recreativas deseñados especificamente para público de idade igual ou inferior a 12 anos, espazos de xogo e entretemento, así como a celebración de festas infantís. Non obstante, sempre que a evolución da situación epidemiolóxica así o aconselle, a súa actividade poderá restablecerse cando a Administración autonómica así o permita, de conformidade co establecido no punto cuarto do acordo polo que se aproban as medidas contidas neste anexo.

 

Celebración de congresos, encontros, reunións de negocio, conferencias, eventos e actos similares

1. Poderanse celebrar congresos, encontros, reunións de negocio, conferencias e eventos e actos similares promovidos por calquera entidade, de natureza pública ou privada, sempre que non se supere o setenta e cinco por cento da capacidade permitida do lugar de celebración e cun límite máximo de trescentas persoas sentadas para lugares pechados e de mil persoas sentadas tratándose de actividades ao aire libre. O recollido neste número será tamén de aplicación para reunións profesionais, xuntas de comunidades de propietarios e eventos similares.

2. Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal durante a súa celebración ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física con uso de máscara.

3. Ademais do cumprimento xeral das medidas de hixiene e prevención establecidas, no caso de que se preste algún tipo de servizo de hostalaría e restauración, a prestación deste axustarase ao previsto nas condicións para a prestación do servizo nos establecementos de hostalaría e restauración.

 

Discotecas e resto de establecementos de lecer nocturno.

1. Os locais de discotecas e demais establecementos de lecer nocturno poderán manter abertas ao público exclusivamente as terrazas ao aire libre, para consumo sentado en mesa, nas condicións que se indican a continuación. Non obstante, sempre que a evolución da situación epidemiolóxica así o aconselle, o resto da súa actividade poderá restablecerse cando a Administración autonómica así o permita, de conformidade co establecido no punto cuarto do acordo polo que se aproban as medidas contidas neste anexo.

2. As terrazas ao aire libre destes establecementos limitarán a súa capacidade ao setenta e cinco por cento das mesas permitidas no ano inmediatamente anterior con base na correspondente licenza municipal ou do que sexa autorizado para este ano, no caso que a licenza sexa concedida por primeira vez. Consideraranse terrazas ao aire libre todo espazo exterior ao local non cuberto ou todo espazo que, estando cuberto, estea rodeado lateralmente por un máximo de dúas paredes, muros ou paramentos.

En todo caso, deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre as mesas ou, de ser o caso, agrupacións de mesas. A ocupación máxima será de vinte e cinco persoas por mesa ou agrupación de mesas.

3. Ademais do cumprimento xeral das medidas de hixiene e prevención establecidas, deberán aplicarse as condicións previstas especificamente para a prestación do servizo nos establecementos de hostalaría e restauración.

 

 

 



 ACCEDER A TODAS AS PUBLICACIÓN DO SERVICIO DE ASESORAMENTO COVID-19







Fonte: Publicado o: 18/06/2020


Fonte: Publicado o: 12/06/2020


Fonte: Publicado o: 12/06/2020



Fonte: Publicado o: 10/06/2020



Fonte: Publicado o: 10/06/2020


Fonte: Publicado o: 09/06/2020



Fonte: Publicado o: 04/06/2020



Fonte: Publicado o: 04/06/2020



Fonte: Publicado o: 02/06/2020


Fonte: Publicado o: 01/06/2020



Fonte: Publicado o: 29/05/2020



Fonte: Publicado o: 28/05/2020



Fonte: Publicado o: 28/05/2020



Fonte: Publicado o: 28/05/2020



Fonte: Publicado o: 27/05/2020



Fonte: Publicado o: 26/05/2020



Fonte: Publicado o: 26/05/2020



Fonte: Publicado o: 25/05/2020



Fonte: Publicado o: 25/05/2020



Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 22/05/2020

Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 22/05/2020

Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 22/05/2020

Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 22/05/2020

Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 19/05/2020

Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 19/05/2020

Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 19/05/2020

Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 19/05/2020

Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 14/05/2020

Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 14/05/2020

Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 14/05/2020

Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 13/05/2020

Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 11/05/2020

Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 11/05/2020

Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 09/05/2020

Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 08/05/2020

Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 06/05/2020

Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 05/05/2020

Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 05/05/2020

Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 28/04/2020

Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 28/04/2020

Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 27/04/2020

Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 23/04/2020

Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 21/04/2020

Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 15/04/2020

Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 14/04/2020

Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 08/04/2020

Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 08/04/2020

Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 07/04/2020

Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 02/04/2020

Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 02/04/2020

Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 01/04/2020

Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 31/03/2020

Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 30/03/2020

Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 30/03/2020

Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 27/03/2020

Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 27/03/2020

Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 26/03/2020

Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 25/03/2020

Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 24/03/2020

Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 22/03/2020

Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 18/03/2020

Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 16/03/2020

Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 15/03/2020

Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 13/03/2020

Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 12/03/2020

 

 



Fuente: BOEPublicado el: 10/06/2020

Fuente: BOEPublicado el: 10/06/2020

Fuente: BOEPublicado el: 10/06/2020

Fuente: BOEPublicado el: 10/06/2020

Fuente: BOEPublicado el: 06/06/2020

Fuente: BOEPublicado el: 06/06/2020

Fuente: BOEPublicado el: 04/06/2020

Fuente: BOEPublicado el: 02/06/2020

Fuente: BOEPublicado el: 01/06/2020

Fuente: BOEPublicado el: 30/05/2020

Fuente: BOEPublicado el: 27/05/2020

Fuente: BOEPublicado el: 27/05/2020

Fuente: BOEPublicado el: 23/05/2020

Fuente: BOEPublicado el: 23/05/2020

Fuente: BOEPublicado el: 23/05/2020

Fuente: BOEPublicado el: 23/05/2020

Fuente: BOEPublicado el: 22/05/2020

Fuente: BOEPublicado el: 21/05/2020

Fuente: BOEPublicado el: 21/05/2020

Fuente: BOEPublicado el: 21/05/2020

Fuente: BOEPublicado el: 21/05/2020

Fuente: BOEPublicado el: 20/05/2020

Fuente: BOEPublicado el: 20/05/2020

Fuente: BOEPublicado el: 20/05/2020

Fuente: BOEPublicado el: 16/05/2020

Fuente: BOEPublicado el: 16/05/2020

Fuente: BOEPublicado el: 15/05/2020

Fuente: BOEPublicado el: 15/05/2020

Fuente: BOEPublicado el: 13/05/2020

Fuente: BOEPublicado el: 12/05/2020

Fuente: BOEPublicado el: 12/05/2020

Fuente: BOEPublicado el: 12/05/2020

Fuente: BOEPublicado el: 10/05/2020

Fuente: BOEPublicado el: 09/05/2020

Fuente: BOEPublicado el: 09/05/2020

Fuente: BOEPublicado el: 09/05/2020

Fuente: BOEPublicado el: 09/05/2020

Fuente: BOEPublicado el: 06/05/2020

Fuente: BOEPublicado el: 06/05/2020

Fuente: BOEPublicado el: 05/05/2020

Fuente: BOEPublicado el: 05/05/2020

Fuente: BOEPublicado el: 04/05/2020

Fuente: BOEPublicado el: 04/05/2020

Fuente: BOEPublicado el: 03/05/2020

Fuente: BOEPublicado el: 03/05/2020

Fuente: BOEPublicado el: 03/05/2020

Fuente: BOEPublicado el: 02/05/2020

Fuente: BOEPublicado el: 01/05/2020

Fuente: BOEPublicado el: 01/05/2020

Fuente: BOEPublicado el: 01/05/2020

Fuente: BOEPublicado el: 30/04/2020

Fuente: BOEPublicado el: 28/04/2020

Fuente: BOEPublicado el: 28/04/2020

Fuente: BOEPublicado el: 28/04/2020

Fuente: BOEPublicado el: 25/04/2020

Fuente: BOEPublicado el: 25/04/2020

Fuente: BOEPublicado el: 25/04/2020

Fuente: BOEPublicado el: 24/04/2020

Fuente: BOEPublicado el: 24/04/2020

Fuente: BOEPublicado el: 23/04/2020

Fuente: BOEPublicado el: 22/04/2020

Fuente: BOEPublicado el: 16/04/2020

Fuente: BOEPublicado el: 16/04/2020

Fuente: BOEPublicado el: 15/04/2020

Fuente: BOEPublicado el: 15/04/2020

Fuente: BOEPublicado el: 14/04/2020

Fuente: BOEPublicado el: 12/04/2020

Fuente: BOEPublicado el: 11/04/2020

Fuente: BOEPublicado el: 11/04/2020

Fuente: BOEPublicado el: 11/04/2020

Fuente: BOEPublicado el: 11/04/2020

Fuente: BOEPublicado el: 09/04/2020

Fuente: BOEPublicado el: 09/04/2020

Fuente: BOEPublicado el: 08/04/2020

Fuente: BOEPublicado el: 07/04/2020

Fuente: BOEPublicado el: 07/04/2020

Fuente: BOEPublicado el: 07/04/2020

Fuente: BOEPublicado el: 03/04/2020

Fuente: BOEPublicado el: 03/04/2020

Fuente: BOEPublicado el: 03/04/2020

Fuente: BOEPublicado el: 03/04/2020

Fuente: BOEPublicado el: 01/04/2020

Fuente: BOEPublicado el: 01/04/2020

Fuente: BOEPublicado el: 30/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 30/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 30/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 30/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 30/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 28/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 28/03/2020

  • Real Decreto 476/2020, de 27 de marzo, por el que se prorroga el estado de alarma declarado por el Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, por el que se declara el estado de alarma para la gestión de la situación de crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19 (BOE 28 de marzo de 2020).

Fuente: BOEPublicado el: 28/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 28/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 27/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 27/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 27/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 26/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 26/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 26/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 26/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 25/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 25/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 25/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 25/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 25/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 25/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 25/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 24/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 24/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 24/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 24/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 22/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 22/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 22/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 21/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 21/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 21/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 21/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 21/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 21/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 20/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 19/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 18/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 18/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 18/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 17/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 17/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 16/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 16/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 15/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 15/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 15/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 15/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 14/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 13/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 12/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 11/03/2020

Fuente: BOEPublicado el: 10/03/2020

 



VER TODAS AS PUBLICACIÓNS