A ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE REDONDELA IMPULSA A CAMPAÑA DE SAN VALENTÍN 2026 PARA DINAMIZAR O COMERCIO E A HOSTALARÍA DE REDONDELA
Comercio, hostalaría e servizos únense nunha acción conxunta para dinamizar Redondela durante San Valentín
A Asociación de
Empresas de Redondela presentou hoxe a Campaña de San Valentín 2026,
unha iniciativa que baixo slogan “CELEBRA
SAN VALENTÍN EN REDONDELA” busca promover a participación non só do
comercio, senón tamén da hostalaría e de múltiples actividades do sector
servizos, ofrecendo, polo tanto, non so una oferta comercial atractiva senón tamén
experiencias especiais durante a semana do 14 de febreiro. A acción conta coa
colaboración do Concello de Redondela, que suma una importante
programación festiva e cultural con motivo da celebración do entroido en
Redondela. Esta campaña enmárcase tamén dentro do proxecto de dinamización do
Centro Comercial Aberto de Redondela polo que conta co financiamento da Xunta
de Galicia. A cartelería inclúe por primeira vez a identidade gráfica da
nova marca da Xunta de Galicia, COMERCIO GALEGO.
A campaña presenta
propostas gastronómicas, promocións comerciais e actividades pensadas para
desfrutar en parella, en familia e, en xeral, cos seres amados, co
obxectivo de reforzar a actividade económica do municipio nestas datas tan
sinaladas. Entre as accións previstas destacan:- Ceas e tapeos románticos en establecementos
hostaleiros adheridos.
- Promocións e agasallos no comercio local,
especialmente no Centro Comercial Aberto e en Chapela.
- Aloxamentos con propostas
especiais para escapadas románticas.
- E un programa festivo e
cultural, convertido a Redondela nun
espazo especial para celebrar San Valentín.
Durante a
presentación oficial, representantes do Concello e a Asociación destacaron a
importancia de apostar polo comercio e a hostalaría de proximidade,
subliñando que este tipo de campañas contribúen a fortalecer o tecido
empresarial e a crear un ambiente atractivo para residentes e visitantes.
A Asociación de
Empresarios anima á cidadanía a participar, desfrutar das propostas e celebrar
o amor apoiando aos negocios locais. Toda a información estará dispoñible
na web https://www.empresasredondela.gal/noticias/campana-de-san-valentin-2026 e nas redes sociais da asociación de empresas de
redondela.
