IMG_20240522_115303.jpg

A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA REÚNESE POR PRIMERA VEZ EN SEIS ANOS CO EQUIPO REDACTOR DO PXOM.

O EQUIPO REDACTOR COMPARTE COA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS OS PRINCIPIOS BÁSICOS E RECOÑECE ABERTAMENTE O DESEQUILIBRIO DOS USOS PRODUCTIVOS E RESIDENCIAIS DO SOLO POSTOS DE MANIFESTO POLA ENTIDADE.

Na reunión estiveron presente membros da Xunta directiva da Asociación de Empresarios e técnicos da entidade, o Concelleiro de Urbanismo Antonio Cabaleiro e as persoas responsables do equipo redactor María Ríos Carballeira e Gabriel Jubete Andreu, do estudo de arquitectura JORNETLLOPPASTOR ARQUITECTES.

 As Micro Áreas de Centralidade Económica (MACE), foron un dos eixos básicos da reunión, e sobre as mesmas o equipo redactor abre as portas en acoller no plan necesidades detalladas e concretas. Desde a Asociación valoramos positivamente a proposta e o achegamento de posturas pero a un mes de pecharse os prazos e tras anos solicitando manter esta reunión parece unha tomadura de pelo o ofrecemento de armar unha proposta rigorosa e documentada técnica e economicamente viable.


A Asociación lamenta que a reunión programada para o 15 de marzo de 2022 co equipo redactor se frustrara e fora cancelada o mesmo día da xornada. Ese si houbera sido o momento de por en marcha os mecanismo necesarios para que o tecido empresarial planificar as actuacións que agora xa poderían estar reflectidas neste plan.

  


Os PLANEAMENTOS DE DESENVOLVEMENTO dalgunhas das MACE definidas no propio plan tamén presentan problemas de viabilidade importantes, especialmente dende o punto de vista técnico polo que a Asociación considera importante abordar de forma prioritaria estes aspectos e “salvar” o pouco tecido industrial que nos queda.

  

A contra reloxo a asociación lanzará a partir do luns un proceso de consultas e reunións co tecido produtivo que permita analizar a situación e as propostas dos distintos sectores produtivos pero consideran que requirirían dun maior prazo para acometer un proxecto desta envergadura.

 

Dende a Asociación considera ademáis importante definir certos principios nas áreas de centralidade urbana como ÁREAS DE CENTRALIDADE ECONÓMICA en aras de acadar unha consolidación do modelo de Centro Comercial Aberto de Redondela integrador co resto de eixos comerciais do municipio.